La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

11, sep

Ouro, Prata, Ceo e Mar

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas

O meu mar riela cheo de prata . O meu mar tínxese de ouro para despedir o día. No meu mar  a lúa chea acariña as ondas e deitase sobre elas , arrólase .

.......................

No meu mar xúntanse aló,

na liña do horizonte,

o ceo e as ondas,

o vento e o sal.

Escintileos de estrelas,

quen vos puídera atrapar!

................

Os ollos dun mariñeiro

que privilexio terán?

Poden ollar a cotío

ouro, prata, ceo e mar.

 

15, ago

Uns ollos de cor esmeralda

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas

O vello capitán apoiado no peitoril do alerón do enorme petroleiro que mandaba  observaba absorto aquelas augas dos mares do sur dunha cor verde intenso. Aquelas mesmas augas que sucara por primeira vez cando era tan só un mozo e inexperto alumno de ponte, facía case medio século antes.

Procedía o vello capitán dunha familia de rancia tradición mariñeira, e o optou por non romper esa tradición á hora de elixir a súa profesión.

Sendo aínda case un neno ingresou na escola de náutica, e non sendo aínda de todo un home, embarcouse por primeira vez de alumno de ponte.

Un vello "Liberty" supervivente da Segunda Guerra Mundial foi o seu primeiro destino como piloto, e a súa primeira ruta levouno aos países afastados e exóticos dos mares do sur, onde o ceo era dun intenso azul, as augas eran cristalinas e dun ton verde esmeralda e cada porto unha nova experiencia para o mozo .

Foi no bar dun porto dun deses exóticos lugares  onde viu por primeira vez aqueles ollos verdes. E onde por primeira vez o mozo e inexperto piloto coñeceu o amor.

Cantas promesas , cantas caricias, cantos bicos , cantas namoradas miradas entre susurros!

Os días no mar sen aqueles ollos verdes facíanse interminables; contaba as horas e minutos que restaban para volver a recalar na cidade da súa amada de ollos esmeralda.

A cada volta de viaxe o mozo ansioso, afanábase por ver no porto aqueles ollos verdes que o agardaban.

Eran tan feliz o mozo mariño! Vivía nunha eterna historia de paixón e desexo. Pero como todas as historias teñen o seu final , esta non podía ser menos.

Un día ao arribar ao porto da súa amada, naquel afastado e exótico país, os ollos verdes non estaban no peirao esperándoo como sempre. Preguntou no bar do porto onde vira por primeira vez aqueles ollos, pero ninguén lle soubo dar respostas. Buscou errático pola cidade durante varios días, pero nada atopou.

Chegou o día de zarpar e o mozo, abatido de dor e amargura, embarcouse para volver o mar.

Cantas bagoas na soidade do súa garda derramou o mozo namorado, cantos suspiros levaron as brisas cara o ceo!

Regresou varias viaxes máis a aquel afastado porto , pero a aqueles fermosos ollos nunca mais volveu a ver, e xamais soubo o porque daquela ausencia.

Hoxe o vello capitán volve a navegar por aquelas augas da mesma cor que aqueles ollos e apoiado na varanda do alerón, lembrando outros tempos, ao mariño esváralle unha bagoa pola súa meixela ata caer nas augas do océano da cor dos ollos dunha muller á que unha vez amou.

Manuel M. Caamaño

29, jul

MAÑANA DOCE NOCHE TREMENDA.

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas

 

 






 

 

O meu sogro foi “navegante “ toda a súa vida . Home de físico xeneroso e de carácter afable, tivo que gañarse a vida embarcado en barcos mercantes dende moi mozo.  Daquela as campañas sen vir a casa podían durar até dous anos  dependendo de se no barco que estivese embarcado nese momento fose do seu agrado e os emolumentos axeitados, podía incluso botar máis tempo sen vir .

Unha vez,  aproveitando que o seu barco tocaba un porto español no Mediterráneo, logo de pasar unha desas largas ausencias  , xa canso de estar fora e morto de gañas por ver a súa familia, decidiu regresar. Arranchou a súa maleta, pediu a conta e colleu un tren que o levaría até Madrid onde tería que facer transbordo para coller outro convoi que o traería a Santiago.

En Madrid, mentres agardaba que saíse o tren que o traería para Galicia, achegouse a unha oficina de Telégrafos para enviar un cable a súa dona anunciando da súa chegada; e ante a ventaíña que nese intre estaba atendida por unha señora xa de certa idade , redactou o texto do telegrama que dicía… ” MAÑANA  DOCE NOCHE TREMENDA.”

A mulleriña da ventaíña ao ler o texto da mensaxe devolveullo alporizada dicíndolle que se negaba a enviar ese texto por indecente.

O bo do meu sogro que tiña moita retranca e máis mundo aínda , decatouse ao momento do porque da confusión e do alporizamento de pobre mulleriña e tívolle que explicar que “A Tremenda” era o nome do lugar , na Parroquia de Serres, onde ao día seguinte o tiñan que agardar ás doce da noite para axudarlle a levar a equipaxe até Ventín, pois dende a Tremenda a Ventín non había daquela mais que un miserable camiño de pé por onde non podía transitar ningún vehículo.

Así e todo a teimuda mulleriña da ventaíña negouse a enviar ese texto tendo que o meu sogro reformalo da seguinte maneira… “ MAÑANA/ DOCE NOCHE/ TREMENDA” Desa maneira a funcionaría aceptou a enviar o texto.

Á hora acordada chegou o meu sogro A Tremenda e estou seguro de que pouco despois , xa na casa xunto coa miña sogra, pasaron unha “NOCHE TREMENDA”

26, jul

Volvemos para o mar

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar

Eu fico ao carón da estrada , pero non é unha estrada calquera é unha que chega dende o Finisterre até América .

Si poderamos estarricar un brazo cara de oeste 2639 millas náuticas,  non sei si ortodrómica ou loxodrómicamente , (alguén o ha poder dicir mellor ca min), o primeiro que apalpariamos coa nosa man seria o "Cape Cod" ... Siii! ese mesmo cabo que pensades, o que sae nas películas, siii onde as tormentas son perfectas e os patróns dos barcos son heroes e galáns de cine.

Nesta veira da estrada tan só lembramos pretéritos "pluscuam-impecfectos" onde os vendavais , "hubieran ou hubiesen" adoitado traer naufraxios nada peliculeiros e onde a xente morría con sangue de verdade e non con sucedáneos de salsa de tomate.

Onde os patróns apelídanse Martínez ou Pérez ou Seoane ou Caamaño e non Clooney nin Lane nin Ford nin Redford, e soen ter medo e toman decisión as veces erradas porque son de carne e oso e non de celuloide.

Eu fico o carón da estrada onde fina o mundo e asolagase o sol facendo ferver entre vapores de xofre o mar aló no poñente mentres danzan invisibles os diaños do océano no horizonte. Ao carón da estrada pola que a veces a redes, en vez de peixes, veñen cheas de bagoas de chapapote e ineptitude mesturadas con pingas impotencia. Unha estrada por onde percorre a miña vida dende que aínda adolescente me fixen a ela , e pola que ei de seguir hasta que a xubilación ou a morte me priven de continuar.

Volvo a retomar a estrada que me levará de novo aos  benqueridos arrecendos de salitre, gas-oil e peixe, delicado perfume para o epitelio olfactivo de un que é mariñeiro;  que me permitirá ollar nas vindeiras noites de verán un ceo coroado de estrelas e onde poderei poñerlles nome a todas,unha por unha .

E todo isto é porque eu fico ao carón da estrada , pero non de unha estrada calquera...

Colocamos aquí uns gravados que conteñen os signos lapidarios da antiga Colexiata que foi, hoxe Parroquial da vila de Muros. Estes símbolos lapidarios que se atopan gravados nalgunhas das pedras que conforman as paredes da igrexa, soen datar a época en que foron postos no seu lugar pois créese que eran exclusivos de determinados períodos e costumes dos mestres canteiros que asinaban así as súas obras.

Descoñezo o que representan e non vou a emitir hipóteses que por pouco documentadas leven a enlear máis a súa comprensión. Iso deixámolo para os especialistas nestes temas, nós soamente os amosamos.

No arquivo particular de D. Ramón Artaza e Malvárez figuraba este documento municipal do ano 1843.

"Presupuesto de los gastos que se contemplan necesarios para el culto parroquial de esta Villa y Santuario de N. S. del Camino que le está anecso para el año corriente de 1843:

Por el sueldo de Sacristán y Fabriquero, 1000 Reales de Vellón -/- Para hostias, incienso, carbón, plancha de corporales y limpieza de purificadores a cargo de dicho Fabriquero. 330 R. V. -/- Para los monancillos, 270 R.V. -/- Para labar la ropa, jabón y reparla (repararla), 320 R.V. -/- Para armar y desarmar el monumento, 290 R. V. -/- Por setenta y cinco libras de cera, 930 R. V. -/- Por vino para las misas, 350 R. V. -/- Por reparos de la iglesia y utensilios, 300 R. V. -/- Por casullas, albas, misales, vinagreras y más necesario, 600 R. V. -/- Para la función del Patrono, 800 R. V. -/- Total 5.190 Reales de Vellón."

"Data.   Por derechos de sepulturas privilegiadas que se perciben por la fábrica, 240 R. V. -/- Por reparto vecinal, 4950 R. V. -/- Igual, 5.190 Reales de Vellón.

Muros 12 de Enero de 1843.  Manuel Costoya y Valladares, Ignacio Pérez Bazarra, Felipe Lago (Siguen las firmas) Joaquín Duque, secretario."

15, jul

Temporal na ría de Muros (ano 1533)

homesdepedraenbarcosdepau En: Cronoloxía muradana

1533.- O día 23 de novembro deste ano desatouse na ría de Muros un temporal  collendo a moitos barcos de Muros  do Cerco Real a altura da illa da Creba.

Varios deles non foron quen de chegar a porto, perecendo afogados moitos dos seus tripulantes.

Así no lo conta este documento que se encontra no arquivo do Hospital do Cardenal Tavera na cidade de Toledo.

"La semana antes del domingo que cayó el Rayo, ovo por aca mucha tempestad de agua y granizos y gran viento de vendabal: en la Ría de entre Muros e  Noya tenian çercada cave la hermita de la Creva, questa metida ala voca dela mar antes de Muros, que se avia recogido con la tempestad, que ya andava en el mar, e çercaronla la gente de anvos pueblos, y el viernes antes de que amanesçiese, cargó tanto el viento y la chuvia, que no se pudiero valer, y quatro barcos y el trincado de Muros cargaron de sardinas, mediados los barcos, y tomaron la via de Muros, y en descubriendo de la Creva, cargó tanto el tiempo, que anegó todos quatro barcos, en que irian hasta doze honbres, que murieron. El trincado quiso thomar tierra en el alfoz de Muros, que es ala mano derecha dela Ría, y el viento dio con ellos en una vaxas y rocas que hizo pedaços el trincado, que podia valer ccc ducados; la gente salvó a nado della, y en remos y en tablas del trincado. Todos estos XIII o XII que morieron heran de Muros, heçepto Vno que era de Noya. Los varcos e trincados de Noya acogieronse a la otra plana de man dizquierda, que es tierra de Postomarcos, y la gente saltó en tierra. Haciendose pedaços otros quatro varcos y otro trincado de Noya; otros quatro o çinco varcos fueron cargados de sardina a Noya y aportaron alla seguros con cobra de quarenta millares della, pero fué tanta el agua e tempestad que entró en los varcos, y dañó la sardina, que no valio nada, y se hechó al campo para engrasas las heredades. Rompio el viento e hizo pedaços las dos redes de los trincados, con que estava pechada la sardina en la Ría, que valian mas estas dos redes de quinientos ducados, porque son muy grandes; fuese mas de CC millares de sardina, que estava ya pechada enellas."

27, may

As lembranzas de Jorge

homesdepedraenbarcosdepau En: A Caixa da Memoria

Jorge Lago aporta á CAIXA DA MEMORIA  os seus recordos dos anos nenos en Miraflores e cóntanos, entre outras cousas, da "festa laica" que era a matanza do porco . Guauuu!!!! aquelas matanzas si que eran unha verdadeira festa. Os rinchóns, a morcilla, as carnes mortas, o fígado encebolado... O conto do famoso porco que sempre fuxia co coitelo espetado no peirto.
Pero lede, lede vós e disfrutade como eu o fixen co seu relato.

.........................................

Uns ven o vaso medio cheo ou medio valdeiro e así debe ser. As memorias son como se recordan ainda que a veces sin querer dáselles licencia poética.
Eu cando vou a caixa da miña memoria, casi sempre vexo o vaso medio valdeiro e non quixera adulterar eses recordos co bálsamo da nostalxia.
En aquel Miraflores dos anos 50, a realidade era en xeral un pouco mais áspera qué a que a veces a memoria selectiva me quer facer ver.
Sempre se tende a decir que os tempos pasados foron mellores, pero non deixa de ser o resultado de ir indo para vellos e ver as cousas con ollos miópicos que se queren aferrar a calquer ilusión que lles devolva un pasado idealizado. Para re-enforzar esa miopía basta recordar que sempre nos decían que había moita mais xente en peores condicións. E si que as había, pois a procesión de probes pidindo polas portas non se pode atribuir a unha fantasía da infancia, pois si o pesamos así, é que non temos memoria.
Tanpouco era a pobreza de hoxe, non se daban euros que che sobraban no bolsillo. En aquel entón a calderilla era tan escasa que dar algo a un probe era compartir un anaco de broa ou unha taza de caldo e a veces unhas espigas de millo con alguén que non tiña nin millo para moer, nin cartos para compralo.
No ámbito que eu me criei, non había moitas diferencias entre uns e outros, a todos se nos podía medir polo mismo raseiro. Todos éramos esbeltos, non por que era moda, si non por que as calorías que inxerías eran casi sempre menos que as que queimabas. Cando vias a algún gordo, era por que era rico (os menos) ou por que padecía de algunha infermedade glandular.
Claro que as precariedades pasadas solo as vemos cos lentes da actualidade en que vivimos. Daquela, a pesar da falta de moitas cousas, non me acordo de pasar fame, pero tan pouco me acordo de que sobrara nada.
Había festas polas que esperabas todo un ano con mais ilusión famélica que festeira. San Pedro, o Carmen, o Espíritu Santo, a Magdalena e a matanza do porco. Eso si que un quere recordar. Festas nas que se expoñían as mellores cualidades culinarias das nosas nais, tias e aboas, glotonería ainda que fora por un día. Roscos, bizcochóns e os mais privilexiados, incluso brazos de gitana. Guisos de polo que arrecendían a gloria ainda que os polos tuveran cincuenta anos, o caso era ter dentes. Viño de barril para os maiores e con suerte para os pequenos, laranxada ou como mal menor, gaseosa de Dubert ou do Cabaneiro. Carnes mortas o día da matanza.
Para min, o día da matanza era a nai de tódalas festas, nin era relixiosa nin laica, non tiñas obligatoriamente que bañarse nunha bañeira do río en agua sempre mais fría que quente, nin terlle medo o rodo co que che lijaban como si foses un tablón de carpintería, nin poñer zapatos de charol que non sei porque, sempre che quedaban apretados. A matanza era a festa perfecta, a festa donde os instintos ancestrales de matar a presa salían a relucir, donde te enfrentabas por primeira vez a unha morte por premeditación. Un acto de crueldade de cara a un animal que hasta ese momento considerabas como unha mascota sin seres capaz de percatarte de que o chourizo que comeras un pouco antes, era parte de unha mascota anterior da que estaba destinada a ser asesinada en frente dos teus ollos.
Digo que era unha festa perfecta, por que ademais participaba casi todo o vecindario, un non podía facelo solo. Envolvía o matachín; un artesano sabedor da anatomía do animal, un home que en ese momento mostraba a seguridade e pulso de un ciruxano, o noso era tio Antonio de alárriba , unha persoa que acometía o seu ritual coa precisión e seriedade de un sacerdote inca.
Despois estaban os veciños que tiñan que aguantar do porco. Todo un alarde de virilidá regado cos comentarios críticos do que pasara en tal sitio cando o porco se lles escapara co coitelo colgando. 
Logo estaban as mulleres da casa e as veciñas recollendo o sangre para as morcillas, revolvendo e revolvendo para que non se coallara. Todo tiña unha secuencia precisa, unha orquestación sin posibilidade de imporvisar. Esquimexar, lavar, sacarlle as uñas, colgar e abrir, calcular o peso por arrobas, (non confundir con arroba.com), medir o espesor do touciño, levar as tripas a lavar o río, tomar a parva consistente en mezclado; viño dulce e caña da casa de Jesús da Meca e como acompañamento o fígado do porco fresco encebolado que arrecendía e sabía a manxar dos deuses, para moitos esa era a primeira carne fresca en moito tempo. Despois as carnes mortas, o único guiso do mundo que tiña mais carne que patacas. Logo as morcillas con eses aromas exóticos de cominos, canela e pasas. Os rinchóns; outra mini festa donde se reunian todos o rededor dunha lareira vendo como se enchía unha xigantesca pota con carnes que che facían fantasear cos contos de bruxas ou de caníbales. 
Pero sobre todo era a certeza de estar facendo unha póliza de seguros frente a incertidumbre dun ano que nunca se podía predecir.

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM