La Coctelera

Categoría: A Caixa da Memoria

As lembranzas de Jorge

Jorge Lago aporta á CAIXA DA MEMORIA  os seus recordos dos anos nenos en Miraflores e cóntanos, entre outras cousas, da "festa laica" que era a matanza do porco . Guauuu!!!! aquelas matanzas si que eran unha verdadeira festa. Os rinchóns, a morcilla, as carnes mortas, o fígado encebolado... O conto do famoso porco que sempre fuxia co coitelo espetado no peirto.
Pero lede, lede vós e disfrutade como eu o fixen co seu relato.

.........................................

Uns ven o vaso medio cheo ou medio valdeiro e así debe ser. As memorias son como se recordan ainda que a veces sin querer dáselles licencia poética.
Eu cando vou a caixa da miña memoria, casi sempre vexo o vaso medio valdeiro e non quixera adulterar eses recordos co bálsamo da nostalxia.
En aquel Miraflores dos anos 50, a realidade era en xeral un pouco mais áspera qué a que a veces a memoria selectiva me quer facer ver.
Sempre se tende a decir que os tempos pasados foron mellores, pero non deixa de ser o resultado de ir indo para vellos e ver as cousas con ollos miópicos que se queren aferrar a calquer ilusión que lles devolva un pasado idealizado. Para re-enforzar esa miopía basta recordar que sempre nos decían que había moita mais xente en peores condicións. E si que as había, pois a procesión de probes pidindo polas portas non se pode atribuir a unha fantasía da infancia, pois si o pesamos así, é que non temos memoria.
Tanpouco era a pobreza de hoxe, non se daban euros que che sobraban no bolsillo. En aquel entón a calderilla era tan escasa que dar algo a un probe era compartir un anaco de broa ou unha taza de caldo e a veces unhas espigas de millo con alguén que non tiña nin millo para moer, nin cartos para compralo.
No ámbito que eu me criei, non había moitas diferencias entre uns e outros, a todos se nos podía medir polo mismo raseiro. Todos éramos esbeltos, non por que era moda, si non por que as calorías que inxerías eran casi sempre menos que as que queimabas. Cando vias a algún gordo, era por que era rico (os menos) ou por que padecía de algunha infermedade glandular.
Claro que as precariedades pasadas solo as vemos cos lentes da actualidade en que vivimos. Daquela, a pesar da falta de moitas cousas, non me acordo de pasar fame, pero tan pouco me acordo de que sobrara nada.
Había festas polas que esperabas todo un ano con mais ilusión famélica que festeira. San Pedro, o Carmen, o Espíritu Santo, a Magdalena e a matanza do porco. Eso si que un quere recordar. Festas nas que se expoñían as mellores cualidades culinarias das nosas nais, tias e aboas, glotonería ainda que fora por un día. Roscos, bizcochóns e os mais privilexiados, incluso brazos de gitana. Guisos de polo que arrecendían a gloria ainda que os polos tuveran cincuenta anos, o caso era ter dentes. Viño de barril para os maiores e con suerte para os pequenos, laranxada ou como mal menor, gaseosa de Dubert ou do Cabaneiro. Carnes mortas o día da matanza.
Para min, o día da matanza era a nai de tódalas festas, nin era relixiosa nin laica, non tiñas obligatoriamente que bañarse nunha bañeira do río en agua sempre mais fría que quente, nin terlle medo o rodo co que che lijaban como si foses un tablón de carpintería, nin poñer zapatos de charol que non sei porque, sempre che quedaban apretados. A matanza era a festa perfecta, a festa donde os instintos ancestrales de matar a presa salían a relucir, donde te enfrentabas por primeira vez a unha morte por premeditación. Un acto de crueldade de cara a un animal que hasta ese momento considerabas como unha mascota sin seres capaz de percatarte de que o chourizo que comeras un pouco antes, era parte de unha mascota anterior da que estaba destinada a ser asesinada en frente dos teus ollos.
Digo que era unha festa perfecta, por que ademais participaba casi todo o vecindario, un non podía facelo solo. Envolvía o matachín; un artesano sabedor da anatomía do animal, un home que en ese momento mostraba a seguridade e pulso de un ciruxano, o noso era tio Antonio de alárriba , unha persoa que acometía o seu ritual coa precisión e seriedade de un sacerdote inca.
Despois estaban os veciños que tiñan que aguantar do porco. Todo un alarde de virilidá regado cos comentarios críticos do que pasara en tal sitio cando o porco se lles escapara co coitelo colgando. 
Logo estaban as mulleres da casa e as veciñas recollendo o sangre para as morcillas, revolvendo e revolvendo para que non se coallara. Todo tiña unha secuencia precisa, unha orquestación sin posibilidade de imporvisar. Esquimexar, lavar, sacarlle as uñas, colgar e abrir, calcular o peso por arrobas, (non confundir con arroba.com), medir o espesor do touciño, levar as tripas a lavar o río, tomar a parva consistente en mezclado; viño dulce e caña da casa de Jesús da Meca e como acompañamento o fígado do porco fresco encebolado que arrecendía e sabía a manxar dos deuses, para moitos esa era a primeira carne fresca en moito tempo. Despois as carnes mortas, o único guiso do mundo que tiña mais carne que patacas. Logo as morcillas con eses aromas exóticos de cominos, canela e pasas. Os rinchóns; outra mini festa donde se reunian todos o rededor dunha lareira vendo como se enchía unha xigantesca pota con carnes que che facían fantasear cos contos de bruxas ou de caníbales. 
Pero sobre todo era a certeza de estar facendo unha póliza de seguros frente a incertidumbre dun ano que nunca se podía predecir.

O Caixón da Memoria (San Xoan en Portugalete)

Imos abrir  a CAIXA DA MEMORIA. Unha caixa onde gardar os recordos da nosa nenez e da nosa xuventude en Muros. E cando me refiro a Muros. quero dicir a todo o concello.

Dende a páxina dos Queredores de Muros no Facebook (I LOVE MUROS) iremos pegando aquí as historias que nos gusten e entre todas as publicadas aquí elixiremos unha que será premiada.

A primeira historia que publicamos é de Ía Lago Uhía que nos fala das súas lembranzas de nena nos San Xoans de Purtugalete.

...........................................................

O Muros que eu recordo na miña infancia non era moi distinto ao que agora podemos ver, as rúas non cambiaron moito dende fai 20 anos e os edificios tampouco son moi distintos, pero Serres si que poida que cambiase moito máis. 
Lembro os San Xoans en Portufalete, e a disputa que mantiñamos cos da Virxe e os da Acea por ver quen facía a "farsa" máis grande. Eu era unha nena cando as rúas de Portugalete estaban cheas de rapaces e entre nós a diferencia de idade era bastante grande, lembro como comezabamos ao mellor dúas semás antes e subiamos a Agriña en busca de xestas e loureiros, e como as veces aparecía algún dos carneiros de miña tia Juanita do Pardelo que nos facía correr como se non houbese mañá. Tiñamos un sistema de organización ben marcado, os rapaces maiores cortaban, e nos acarrexabamos ata o parque do Furón, eu non contaba máis de sete ou oito anos, e a forza nunca foi o meu don, máis aínda así alí baixabamos miña prima e eu con cadansúa pola de xesta, todas cheas e orgullosas de axudarlle aos "grandes", aínda que a maioria das veces algún dos que tiñan máis forza ca nos acababan por levar a súa, a nosa, e aínda por riba tamén a nos sentadas riba das xestiñas. Os dous días antes de San Xoan deixabámolos pra ir porta por porta preguntandolle a xente se querían votar algo a lareira e acababamos por xuntar tamén mobles vellos, bolsas de roupa que quedaran pequenas e incluso máis de unha vez algún que outro bote de remos que quedara tristemente abandonado porque o seu dono xa non podía ir ao mar, ¡Quei chorei o día que queimamos o bote de señor Xan da Acea! 
O día 23 chegaba a festa, e todos os veciños nos axudaban a baixar todo o que xuntaramos ata a praia, nos eramos uns rapaces e tiñamos que cruza-la estrada, e sempre había algún conductor con gañas de amargarno-la festa, pero pra eso estaban os maiores, que impoñían máis respeto, e non reparaban en cortar o tráfico se era preciso e cantarlle as cuarenta se facía falta a algún dos municipais que chegaban ata alí con gañas de poñer inconvintes no que pra moitos era o día máis esperado do ano. Cando o Sol se ía agachando, comezaba a impaciencia por prenderlle lume, algunha nai dicía que había que ir prendendoa xa, que os máis pequenos tiñan que ir pra cama, os rapaces máis vellos querían agardar ata as 12 como dicía a tradición, ao final soíamos chegar a un "nin pra ti nin pra min" e a iso das 11:30 os privilexiados prendían as súas antorchas feitas con trapos e ramas e plantabanlle lume a aquela montaña de polas e recordos, os "grandes", como nos lles chamabamos, acababan por bañarse no mar, e os máis pequenos protestabamoslle a nosas nais que non nos deixaban ir canda eles. 
Logo viña a nosa festiña, cada un de nos puxera unhas cen pesetas e facíamos unha churrascadiña, unhas cantas cocacolas e montabámos a mellor das festas que unha rapaza coma min se podía imaxinar, e xa pra rematar, unha vez todos estabamos comidiños, non sei se por tradición ou por costume propia, enchiamos as botellas dos refrescos e caldeiros de auga e comezabamos unha guerra que chegaba dende espiñaredo ata ao cruce da tremenda collandonos uns aos outros, daquela, eu e miña prima, por ser as máis pequenas, case sempre rematabamos máis sequiñas que os demais, nós pensabamos que eramos unhas expertas nisto da guerra de San Xoan, pero agora, con unas cantos aniños máis, penso que por moito que nos correramos ou nos agacharamos, máis ben era porque "os grandes" de Portugalete, aínda que nos deixasen participar en todo como se fosemos un máis, tampouco querían que pasasemos a humillación que supoñía papar un caldeirazo e chegar molladiñas coma pitos.