Se no amencer deste día puidésemos voar por riba da nosa terra e percorrera en todas direccións, asistiriamos a marabilla dunha mañá única. Desde as planicies de Lugo, infestadas de bidueiros, ata as rías de Pontevedra, orladas de piñeirales; desde as serras nutricias do Miño ou a gorxa montañosa do Sil, ata a ponte de Ourense, onde lle peitean as augas de ambos os dous ríos; ou desde os cabos da costa brava da Coruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, ata a cima do monte de Santa Tecla, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xorde unha alborada de gloria. O día de festa comeza en Sant-Iago. A torre do reloxo repenica o seu grave destino de bronce para anunciar un novo día, e axiña comeza unha muiñeira de campás, repicada nas torres do Obradoiro, que se comunica a todos os campanarios da cidade. Pero hoxe as campás de Compostela anuncian algo máis que unha festa litúrxica no interior da Catedral, con dignidades mitradas e ornamentos marabillosos, de brocados e ouros, con chirimías e botafumeiro, capaz de dar envexa á mesma Basílica de Roma. Hoxe as campás de Compostela anuncian unha festa étnica, filla, tal vez, dun culto panteísta, anterior ao cristianismo, que ten por altar a terra nai, alzada simbolicamente no Pico Sagrado; por cobertura o fanal inmenso do universo; e por lámpada votiva, o sol ardente de xullo, o sol que madura o pan e o viño eucarístico. Por iso a muiñeira das campás, iniciada en Compostela, vai rodando por toda Galicia, de val en val e de cima en cima, desde os campanarios orgullosos da beira do mar ata as humildes espadanas da montaña. E o badaleo rítmico das campás - de todas as campás de Galicia en alegre algarabía - semella o galopar dos cabalos astrais, que veñen pola bóveda celeste, topeteando co carro de Apolo, que trae luz e calor ao mundo en sombras. Hoxe é o Día de Galicia, e así comeza.
Categoría: caixon desastre
Gústame a Ópera! Non é que eu sexa un entendido, nin moito menos neste arte, pero goréntame escoitala. Cantas veces, no mar, estando só na miña garda de ponte, aliviaba a soidade escoitando a Rossini, a Verdi, a Mozart ou a Wagner. A música destes grandes compositores interpretada polas mellores voces do panorama operístico deste e do pasado século, adobiábanme as longas horas de traballo coas súas alfaias musicais.
Pero como en todos os xéneros da vida hai esperpentos, na Ópera non podía faltar o seu particular. E esta é, mellor dito foi, a "interprete" estadounidense, Florence Foster.
Din con ela grazas ao azar. Remexendo polo Internet na procura de distintas interpretacións para un mesmo tema, atopeime con esta nova "alfaia" pero que non brilla precisamente polas súas virtudes, se non por todo o contrario.
Todo un exemplo de ineptitude e de falta de vergoña mesturado. Se algúns que andan pola vida de "Marters" do universo se viran reflectidos na patética imaxe da Foster, a cantidade de esperpentos que hai, reduciríase considerablemente.
Esta é unha pequena descrición da vida desta "diva"
Filla dun millonario industrial de Pensilvania, Foster sempre tivo o capricho de dedicarse ao mundo da música. Tomou clases de canto sendo nena, pero rapidamente aconselláronlle que non se dedicase a iso debido ao seu nulo talento para a lírica. Florence Foster non quixo desistir do seu sono e sendo aínda case unha nena márchase da súa casa destino a Filadèlfia, alí casouse co Dr. Frank Thornton Jenkins de quen se divorciou pouco despois. En 1909 e tras o falecemento do seu pai, Florence recibiu unha cuantiosa herdanza que lle permitiu acomodarse luxosamente en Nova York e alí dedicarse ao que máis desexaba: formar parte da vida musical da cidade. Converteuse en asidua a todo tipo de evento musical e comezouse a ver acompañada polo pianista Cosmé McMoon. Florence Foster, gastou parte da súa fortuna en intentar cumprir o seu sono e financiarse pequenos recitais aos que tan só acudía xente de seu circulo máis intimo. Incluso chegou a gravar tres discos que regalaba ás súas amizades. En 1944, con 76 anos e tras un accidente en taxi, en que descubriu que podía cantar un Fa máis alto, decidiuse a dar un concerto multitudinario no Carnegie Hall de Nova York. Non se sabe ben por que, pero en cuestión de poucos días as entradas para o devandito recital esgotáronse... Florence Foster convertérase en todo un símbolo dentro dos círculos musicais da cidade. Pero Florence Foster pasará á historia por ser a peor cantante de opera da historia e a pesar do seu innato sentido arrítmico e atonal non desfaleceu no seu empeño de dedicarse á súa gran paixón que era a música. Incluso nunha ocasión chegou a dicir a un xornalista: "A xente pode dicir que non sei cantar, pero ninguén poderá dicir nunca que non cantei". No ano 2005 estreouse en Broadway un musical sobre a vida de Florence Foster chamado "Recordo: A Fantasia on the Life of Florence Foster Jenkins", que actualmente está de xira polos Esta
dos Unidos.
Manuel Ríos, envioume unha ligazón, onde se pode obter en formato PDF ou mercar o libro en papel, a súa obra "Desde la Costa de la Muerte". Un caderno de viaxe onde plasma coa súa particular visión o percorrido por varias das vilas e os lugares máis sobranceiros da Costa da Morte e entre eles, como non, Muros.
Aínda non tiven tempo material para ler o libro, tan só ollei uns pequenos fragmentos e entre eles o que fai referencia á nosa vila do cal pego aquí un anaquiño. Pero intúese neses fragmentos unha boa lectura e por descontado sempre é bo poder comprobar como nos ven os que de fora aquí se achegan.
Eu, por suposto que vou a mercar un exemplar do libro, opción que tamén vos recomendo a vós. Pero mentres podedes facervos unha idea coa versión en PDF.
Muros me enamora. Sería necesario carecer de sensibilidad para no sentirse cautivado por Muros. ¡Muros! Una de las villas con más historia de la provincia. Conserva restos prehistóricos abundantes y no falta quien sitúe su origen en un castro. Es un hecho, sin embargo, que Sancho IV, hacia el siglo X, repuebla el lugar fundando Muros mediante un real privilegio o carta puebla, confirmado por los Reyes Católicos y por Felipe II. De igual modo, se concede a Muros el fuero de Benavente, en virtud del cual menestrables, jueces, alcaldes y notarios debían vivir en la puebla y no en el alfoz; el pescado debía ser vendido igualmente en la puebla, y se le concedía un día de mercado, el domingo. A finales del siglo XIII, por donación de Fernando IV a la mitra compostelana, causa baja como villa realenga y gana para su escudo dos vieiras que representan la Iglesia de Santiago, y poco más de un siglo después, el arzobispo Lope de Mendoza le concede ordenanzas...
Cacharela de San Xoan (Debuxo de Castelao)
Lume, lume, alumea o pan;
Deus che dea moito grao,
cada grao coma un bugallo,
cada pe coma un carballo.
...................................................
Salto por riba
do lume de San Xoán
para que non me trabe
nin cóbrega, nin can
..................................................
Madrugada de San Xoán,
madrugada máis garrida,
que baila o sol cando nace
e ri cando morre.
......................................................
Por ser noite de San Xoán,
noite de encantos e bruxas.
por ser noite de San Xoán,
téñoche amor Maruxa.
...........................................................
Día de San Xoán, meniña vaite lavar;
pillarás auga de paxaro antes que o sol raiar.
En san Xoán, as bruxas fuxirán.
Sálvame lume de san Xoán, para que non me trabe, nin cadela nin can.
Na fogueira de San Xoán, todos caen ó chan.
A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.
Na noite de san Xoán, non te deites ata a mañá.
No san Xoán, na palangana cagarán.
Se queres roubar un portal polo san Xoán, come moito e sobre todo pan.
Na noite de san Xoán rapaz, rouba portais si es capaz.
En san Xoán, cardos dan.
No san Xoán, peras na man.
No san Xoán, as peras caen ó chan.
A auga de san Xoán, tolle o viño e non da pan.
No san Xoán, fouciña na man.
Os allos postos no san Xoán, son dentes de can.
Cebolas en san Xoán, cagallas de can.
Na noite de san Xoán, bebe viño e come pan.
Polo san Xoán, a sardiña pinga no pan.
O coello polo san Xoán, e o pavo polo Nadal.
Quen fai xaxún polo san Xoán, é tolo ou non ten pan.
Mañás de san Xoán unhas corren e outras van.
En maio, déitome e caio. En san Xoán, déitome no chan.
Na noite de san Xoán, fai o que todos fan.
Polo san Xoán, as nove co día darán.
Polo san Xoán, a vella preguntará, cando virá o verán.
O dia de san Xoán, ó o día máis longo do verán.
Polo san Xoán, calquera burro gaña o pan.
Hoxe as verbas ibéricas están de loito. Descanse en paz don Xosé
José Saramago
(EL PAIS. 18/Septiembre/2001)
EL FACTOR DIOS
En algún lugar de la India. Una fila de piezas de artillería en posición. Atado a la boca de cada una de ellas hay un hombre. En primer plano de la fotografía, un oficial británico levanta la espada y va a dar orden de disparar. No disponemos de imágenes del efecto de los disparos, pero hasta la más obtusa de las imaginaciones podrá 'ver' cabezas y troncos dispersos por el campo de tiro, restos sanguinolentos, vísceras, miembros amputados. Los hombres eran rebeldes. En algún lugar de Angola. Dos soldados portugueses levantan por los brazos a un negro que quizá no esté muerto, otro soldado empuña un machete y se prepara para separar la cabeza del cuerpo. Esta es la primera fotografía. En la segunda, esta vez hay una segunda fotografía, la cabeza ya ha sido cortada, está clavada en un palo, y los soldados se ríen. El negro era un guerrillero. En algún lugar de Israel. Mientras algunos soldados israelíes inmovilizan a un palestino, otro militar le parte a martillazos los huesos de la mano derecha. El palestino había tirado piedras. Estados Unidos de América del Norte, ciudad de Nueva York. Dos aviones comerciales norteamericanos, secuestrados por terroristas relacionados con el integrismo islámico, se lanzan contra las torres del World Trade Center y las derriban. Por el mismo procedimiento un tercer avión causa daños enormes en el edificio del Pentágono, sede del poder bélico de Estados Unidos. Los muertos, enterrados entre los escombros, reducidos a migajas, volatilizados, se cuentan por millares.
Resultado de la asamblea anual de la asociacion " NAUFRAGOS DE LA MAR" celebrada el dia 13 de marzo del 2010, en el Centro Cultural de Caja Cantabria.
Comenzó la asamblea a las 17,30 en segunda convocatoria, asistió la Junta y 30 socios, a continuación se leyó el acta del pasado año, el cual fue aprobado .
El tesorero dió el informe de cuentas, aprobado satisfactoriamente, remarcando los ingresos que obtuvo la asociación con la venta de la lotería que fueron 1.700€.
La presidenta informó del segundo aniversario que tendrá lugar este año en Santoña.
Piedad Pereda, vicepresidenta de la asociación, nos contó como fue el encuentro casual que tuvo con Manuel Adolfo Muela ,presidente de la asociación REHISAN, (recuperacion histórica de Santoña), Manuel mostró gran interés en conocernos, ya que actuálmente está realizando un estudio sobre los naufragios de los pesqueros con matrícula de Santoña. Se le propuso la idea de homenajear conjuntamente a nuestros náufragos, accediendo con mucha ilusión. Esta asociación se ha hecho cargo de todos los gastos ( cartelería , invitaciones, etc.).
Se informó que el restaurante " Brisas" de Santoña es el elegido para la comida de hermandad, (con un menú económico).
La Coral de Santoña PORTU VICTORAE, cantará en la misa.
Se acordó entregar un obsequio a esta coral y a la asociación REHISAN, por la colaboración y el interés que se han tomado con nosotros para que este 2º aniversario sea otro éxito.
Acordamos también volver a tentar a la suerte este año, con la loteria de Navidad.
Jesús Gómez, vocal de esta asociación y colaborador del blog "Náufragos de la Mar", nos comunicó que las visitas a dicho blog, superan las diez mil, seguidores en facebook, 174 y el video del Bonifaz colgado en youtube anda por las mil visitas. Nos sigue gente repartida por toda la geografia nacional y paises tan variados como Chile, Noruega, Portugal etc..
Terminamos la asamblea en espera de reunirnos a finales de Mayo y concretar vuestra asistencia a Santoña.
Esta semana estivemos pescando na altura da Coruña. A escaseza de xurelo nas augas próximas a Muros obrigounos a desprazarnos hasta aló.
O martes logo de pasar dous días no mar entramos no peirao herculino para descargar a pesca. Os barcos de Muros temos por costume pasar unhas horas en porto logo da descarga, entramos o redor das nove ou dez da noite e logo de efectuada a descarga na lonxa buscamos un atraque para pasar esas catro ou cinco horas que nos permiten aprovisionarnos, dar un paseo polo porto e descansar un pouco antes de comezar de novo a faena.
Pero o atracar nun lugar baleiro da mesma dársena da palloza, chegou o noso carón un coche patrulla da policía portuaria con dous axentes a bordo que nos advertiron que non podiamos quedar atracados alí, so arriscarnos a ser sancionados e comináronnos a que saísemos para o mar o no seu defecto nos fosemos para a dársena de Oza; Dársena que esta situada nas aforas da Coruña e que non dispón a esas horas de ningunha clase de servizo. A única cantina que hai, pecha as dez da noite pois naquela afastada dársena tan so se atopan os barcos do Gran Sol que logo da súa marea pasan o seu período de varios dia de descanso, os pesqueiros que teñen aviría, ou os vellos cascallos que agardan ser despezados.
Os dous axentes da autoridade portuaria expliqueilles que tan so iamos pasar en terra catro ou cinco horas e que no atraque onde nos atopabamos nese momento nos molestabamos a ninguén, pero eles erre que erre volvéronme a repetir que se quedabamos alí iamos ser sancionados. E de subliñar que nos peiraos que se atopan na fachada da cidade e que están dedicados para o trafico mercante, (Aduanas, Baterias, Calvo Sotelo norte e sur, e muelle do Centenario) sempre posúen infinidade de atraques baleiros nos que tampouco nos permiten atracar. Hasta aí chego, pois entendo que eses peiraos se dediquen os fins para o que están destinados, atraque de mercantes se os houbese. Pero a dársena da Palloza é o porto pesqueiro onde por obriga temos que efectuar a descarga e logo de facelo na lonxa que temos que deixar libre, hai outros atraques na mesma dársena, sempre dentro da zona pesqueira, onde poder pasar unhas horas sen molestar a ninguén.
Pregúntome, a quen molestamos por pasar unhas horas atracados alí, acaso teñen medo de que saiamos do recinto portuario vertidos cas nosas roupas de augas a pedir esmola polas rúas da cidade ou asaltemos armados con unha agulla de atar os pacíficos transeúntes.?
Acaso é que molestamos a vista de outros armadores que obrigan a saír os seus barcos para o mar sen permitir que as súas tripulacións poñan sequera un pe en terra?
Ou quizá a Autoridade Portuaria estea achandando o camiño para cando o porto exterior estea rematado e queden libres de mercantes os peiraos da cidade, incluírnos a nós no mesmo paquete e poder así dispoñer tamén da dársena da Palloza para como xa fixeron antes na dársena da Marina , Centro comercial El Puerto e Palexco, facer as súas especulacións inmobiliarias .
Non quero pensar que os axentes da autoridade portuaria, herdeiros que son daqueles antigos celadores que xa fai mais de 25 anos acosábannos da mesma maneira hasta que conseguían unhas poucas pescadas ou un rape que eran a chave máxica que nos permitía atracar onde queriamos, muelles mercantes incluídos. Xa digo, non quero pensar que esa sexa a motivación que os move a acosarnos, pero a experiencia dime que...
Quizás os que leades isto vos parecera un problema menor, pero para os que chegamos do mar e queremos pasar unhas horas de descanso antes de volver para a faena; Para os que dispoñemos de un tempo moi limitado e queremos ir o bar do porto a tomar un café e charlar cun compañeiro fora dos agoniantes mamparos do noso barco, ou simplemente estirar as pernas vendo a alguén de xente no noso paseo, parécenos un despropósito gastar ese tempo cambiando o barco de dársena.
Facía xa tempo que se sospeitaba, pero fai uns días confirmouse totalmente "A Laxe dás Rodas" un dos petroglifos que se consideraban máis representativos da arte rupestre de toda Galicia; Ten tan só 60 anos de antigüidade!
Despois das declaracións do ancián veciño da aldea muradana de Ventín, Felix Fernández Vidal (Ó Monacho), foi a profesora decana de historia da UAB. Pepa Reina quen confirmou que esta estación rupestre é datada agora a mediados do século pasado.
O mencionado ancián declarou que na súa mocidade era o encargado de levar as vacas da familia a pacer ao monte e que aburrido e para non ter que utilizar as súas mans noutros mesteres, dedicábase a tallar na pedra cun cicel os motivos que levaron á confusión aos arqueólogos e historiadores durante décadas.
Preguntado o porqué da súa acción e do seu silencio de tantos anos, respondeu. -Eu ía tódolos días coas bestas ao monte, aburríame moito pasando tantas horas sen facer nada máis que vixiar aos animais e aproveitando que eu era canteiro de profesión, día tras día tallaba na pedra as figuras. Non contei nada a ninguén durante todos estes anos porque temía ás consecuencias que me puidese carrexar tal acto. Pero agora que xa vexo próximo a fin dos meus días, non quería morrer levandome este segredo á tumba -
Un estupor percorre os mintídeiros muradanos despois de coñecerse a noticia. O señor alcalde en declaracións á prensa dixo que hai que ser cautos ante a noticia, pois poderíase facer un dano irreparable ao prestixio da vila e un grande prexuízo económico para moitos sectores , pois son moitos os visitantes que chegan de todas as partes do mundo para ver a estación rupestre.
Eu pola miña parte púxenme en contacto co señor Felix e confirmoume todo o declarado por el anteriormente. Incluso chegou a insinuar que dubida de que outras estacións rupestres da bisbarra, sexan obras de xentes prehistóricas.
Pepa Reina en declaracións á "Vos de Ghalisia" di. -Facía xa tempo que sospeitabamos que "A Laxe dás Rodas" podía ser obra moi posterior á inicialmente datada e despois de coñecer as declaracións do ancián realizáronse varias probas para tratar de dilucidar a súa data exacta. O carbono 14 ao final confirmou as nosas sospeitas e agora podemos dicir, sen medo a volver equivocarnos, que "A Laxe dás Rodas" ten tan só 60 anos de antigüidade e polo tanto carece de ningún valor histórico.
Para saber máis: artigo con tódalas declaracións e un video "A Vos de Ghalisia"