La Coctelera

Categoría: cousas do mar

Volvemos para o mar

Eu fico ao carón da estrada , pero non é unha estrada calquera é unha que chega dende o Finisterre até América .

Si poderamos estarricar un brazo cara de oeste 2639 millas náuticas,  non sei si ortodrómica ou loxodrómicamente , (alguén o ha poder dicir mellor ca min), o primeiro que apalpariamos coa nosa man seria o "Cape Cod" ... Siii! ese mesmo cabo que pensades, o que sae nas películas, siii onde as tormentas son perfectas e os patróns dos barcos son heroes e galáns de cine.

Nesta veira da estrada tan só lembramos pretéritos "pluscuam-impecfectos" onde os vendavais , "hubieran ou hubiesen" adoitado traer naufraxios nada peliculeiros e onde a xente morría con sangue de verdade e non con sucedáneos de salsa de tomate.

Onde os patróns apelídanse Martínez ou Pérez ou Seoane ou Caamaño e non Clooney nin Lane nin Ford nin Redford, e soen ter medo e toman decisión as veces erradas porque son de carne e oso e non de celuloide.

Eu fico o carón da estrada onde fina o mundo e asolagase o sol facendo ferver entre vapores de xofre o mar aló no poñente mentres danzan invisibles os diaños do océano no horizonte. Ao carón da estrada pola que a veces a redes, en vez de peixes, veñen cheas de bagoas de chapapote e ineptitude mesturadas con pingas impotencia. Unha estrada por onde percorre a miña vida dende que aínda adolescente me fixen a ela , e pola que ei de seguir hasta que a xubilación ou a morte me priven de continuar.

Volvo a retomar a estrada que me levará de novo aos  benqueridos arrecendos de salitre, gas-oil e peixe, delicado perfume para o epitelio olfactivo de un que é mariñeiro;  que me permitirá ollar nas vindeiras noites de verán un ceo coroado de estrelas e onde poderei poñerlles nome a todas,unha por unha .

E todo isto é porque eu fico ao carón da estrada , pero non de unha estrada calquera...

Prohibido pescar frente a Galicia

Este artigo foi extraido da hemeroteca dixital do xornal La Vanguardia do día 25 de Marzo de 1982

La medida se debe al hallazgo de unos bidones con veneno

Ahora, más de un mes después de la aparición frente a Galicia de unos bidones cargados con un producto altamente tóxico, las autoridades de Marina han, prohibido faenar en la zona del nefasto hallazgo

Muros (La Coruña). - La Ayudantía de Marina de Muros, cumpliendo órdenes de la Comandancia de La Coruña, ha prohibido faenar entre las coordenadas de latitud 42 grados 35 minutos y 42 grados 15 minutos norte, y longitud 9 grados 30 minutos y 9 15 minutos oeste.

En este zona, las barcas de Muros y Ribeira han izado barriles de diisocianato de tolueno. El último bidón fue localizado por el «Sidri Rober del armador y patrón Felipe Martínez, el pasado sábado. La orden permanecerá en vigor hasta que se aclare la verdadera naturaleza y peligrosidad del producto.

No utilizado en España

Como se recordará, el día diez de febrero fueron hallados frente a las costas gallegas varios bidones que contenían un producto altamente tóxico no utilizado en España. Dichos bidones, de forma parecida a los utilizados para el aceite lubrificante llevaban la siguiente inscripción: «Desmodur, Toluene diisocianati. T. D-UE-2078. Bayer, AG Polson».La procedencia probable de los bidones se sitúa en algún barco en ruta que navegaba frente a las costas gallegas,del cual se habrían desprendido al estar mal alijados.

El día once del pasado mes de febrero, las autoridades sanitarias autonómicas gallegas se pusieron en contacto con la delegación en España de la compañía "Bayer", fabricante del producto, donde se les indicó que el tóxico a que hacen referencia los bidones no se utiliza en España ni tampoco se comercializa. Dada la peligrosidad del producto es al menos extraño que, por aquellas fechas la Consejería de Sanidad gallega, como toda medida, sólo difundiese una nota de carácter preventivo. Ahora, más de un mes después y ante el hallazgo de otros bidones las autoridades de Marina han prohibido faenar en la zona donde se ha producido el nefasto hallazgo.

Que é o diisocianato de toloneno

O vapor pesqueiro Hércules

Na tarde do 9 de xuño do 1917 chegou a Bouzas o vapor pesqueiro HERCULES Nº1 con 18 náufragos a bordo pertencentes o mercante noruegués TORDENVORE que fora asolagado pola maña por un submarino alemán a altura da illa de Sálvora.
A prensa local da época facíase eco da nova

El vapor pesquero Hércules Nº1 Cuyo patrón es don Jesús Gómez Calló, pescaba en pareja con el Maruxa, Ambos de Bouzas, cuando vio como un bote se dirigía hacia ellos con 8 hombres a bordo.
Cuando estaba a realizar la maniobra de subir a bordo a los náufragos, se presentó por su proa un submarino alemán del cual salieron otros 10 náufragos que habían sido recogidos por su dotación.
El Tordenvore, que procedía de Swansea y se dirigía a Nápoles con cargamento de carbón, era un buque de 1450 toneladas de registro y había sido construido en el año 1884.

Hasta aquí una de tantas historias de náufragos ocasionada polo asolagamento do seu buque por un somerxible alemán durante a I Guerra Mundial.

Pero quero centrar a miña atención no vapor pesqueiro Hércules Nº1, porque case 50 anos despois (na década dos 60) aparece este barco no porto de Muros dedicado a pesca de arraste!

Propiedade do Armador e patrón de pesca Muradano D. Felipe Martinez Bouzas (Felipe de Chuvasco) , pasou varios anos no noso porto hasta ser vendido de novo para o porto de Marín.

Longa vida tiñan daquela os barcos de pau!

Nunha das fotos que acompañan este artigo pódese ver o seu patrón e armador na ponte do Hércules Nº1 xunto co seu fillo .
E na outra a tripulación muradana posa para a posteridade na súa cuberta.

Vellos barcos de pau e vapor , de alta cheminea e regala baixa.!

A expedición Antártica de Shackleton

Sir Ernest Henry Shackleton, o explorador a quen tanto lle gustaban os mares e os xeos do sur fixose famoso pola súa expedición co "Endurance", onde, pese ao sinistro que sufriu e ás duras condicións soportadas durante os dous anos en que permaneceu varado co seu barco entre os xeos antárticos, non perdeu absolutamente a ningún dos seus homes.

Algunhas curiosidades...

O anuncio que publicou Shackleton para buscar xente para a viaxe foi este:

"Búscanse homes para unha viaxe perigosa. Soldo baixo. Moito frío.
Non se asegura retorno con vida. Honor e recoñecemento en caso de éxito"

Para entender un pouco o concepto que tiñan, del dixose:

"Para condutor científico, déanme vostedes a Scott; para viaxar veloz e eficientemente, Amundsen; pero cando un encóntrase nunha situación desesperada, cando parece que non hai salvación, convén axeonllarse e pedir a Deus que lle envíe a Shackleton".

Sir Ernest Henry Shackleton, nado en Kilkea House, Irlanda en febreiro de 1874. O seu pai fora granxeiro e tras fracasar nunha colleita decidiu estudar medicina en Dublín. En 1884 sendo xa médico, trasladouse a Londres. onde intentou que o seu fillo estudase medicina, pero o mozo, con 16 anos de idade, foise a Liverpool e embarcouse nunha fragata, para viaxar ao Perú pola ruta do Cabo de Hornos. Estivo navegando durante cinco anos nas rutas de Oriente e América. En 1896 xa era primeiro oficial e dous anos despois, aos 24 anos de idade, obtivo o título de "Master" (capitán).

Sir Ernst Shackleton pertencía a esa xeración de homes que co nacemento do século pretendían explorar en profundidade o continente branco.

En 1901 participara da expedición de Robert Falcon Scott a bordo do "Discovery "e, en 1909, protagonizou un fracasado intento de ser o primeiro en acadar o Polo Sur: a 97 millas da meta tivo que emprender o regreso, doente e case sen alimentos. O Polo sería conquistado polo noruegués Roald Amundsen a fins de 1911. Case un mes despois, Scott chegou tamén o Polo. Exhausto e sen comida, no camiño de regreso morreu conxelado xunto aos seus tres compañeiros.

Coa Imperial Trans-Antarctic Expedition de 1914-17, Shackleton pretendía cruzar o continente por un territorio descoñecido, desde o Mar de Weddell ao de Ross. O proxecto consistía en que o grupo de expedicionarios fóra deixado polo Endurance nalgún punto da costa, sobre o Mar de Weddell, mentres que outro barco, a Aurora, agardaríalles sobre o Mar de Ross, tras ir deixando provisións en boa parte da ruta que Shackleton e seis homes virían percorrendo con trineos  tirados por cans ao longo de 2.800 quilómetros. Esa empresa xamais se concretaría.

Chegando o mar xeado do Círculo Polar

 

O Endurance atrapado no xeo

 

 

O 18 de xaneiro de 1914, o Endurance queda atrapado entre os xeos do mar de Weddell e quédase nesa posición durante 10 meses, inmobilizado. O barco áchase aferrado por grandes témpanos que o rodean e apertan. Escóitase cruxir os madeiros do casco. Por momentos, é coma se unha man, xigantesca, cargada dun odio inimaxinable, o estivese mallando por os seus costados. Sente coma se fosen os seus propios ósos os que están por estoupar. Sabe que a partir dese momento comeza a verdadeira odisea.

Ás 5 da tarde daquel mércores 27 de outubro, Shackleton ordena abandonar o barco que ata entón os acubillara e decide instalar un campamento que bautizaría "Ocean Camp". Os 28 homes da expedición están agora na maior soidade, distantes unha eternidade da máis remota posibilidade de ser rescatados.

Ata entón, aínda que foran infrutuosos todos os intentos de avanzar, a vida continuaba a bordo con certa tranquilidade. Aínda non era desesperante ver como diminuía a reserva de carbón e de alimentos.

O fotógrafo da expedición, James Hurley, realizaba con frecuencia proxeccións de diapositivas cunha "lanterna máxica", sobre os súas anteriores viaxes (participara da expedición antártica de Sir Douglas Mawson en 1911 e percorreu parte de Tasmania).

As observacións científicas continuaron e había tempo para agradables veladas e xogos de cartas.

Crían que no verán sairían daquela incómoda situación. Pero ao irse rompendo o xeo e producirse o desprazamento de grandes témpanos que chegaban a montarse uns sobre outros, o Endurance empezou a ser apertado por esas grandes tenaces de auga de mar conxelada e, cando xa lle sostiñan con firmeza, en cinco segundos o pulo do xeo fíxoo escorar 20 graos a babor. Tras unha pequena pausa, chegou aos 30 graos.

No interior todas as cousas voaron polos aires e o que era un sólido barco con madeiros de carballo de ata 75 centímetros de grosor, iríase convertendo a partir gradual e inexorablemente en achas, para ser devoradas polo mar.

A mascota da tripulación do Endurance, "Mrs. Chippy"

O proxecto de Shackleton de saír daquel inferno xeado tras a perda do Endurance, só podía ser imaxinado por alguén como el que, ademais de coñecer como poucos a Antártida, tiña unha confianza inquebrantable en si mesmo: ao fracasar nun primeiro intento por avanzar camiñando cara ao Norte, propuxo abordar unha placa de xeo a suficientemente sólida que, ao derivar levada pola corrente e o vento, os deixase a tiro de pedra de illa Paulet, distante 346 millas. Aí seríalles posible acadar o refuxio con alimentos e combustible deixado en 1904 pola corbeta Uruguai.
Desde Paulet, planeaba continuar ata a Terra de Graham coa esperanza de encontrar unha flota de cazadores de baleas que puidesen sacalos dese atranco.
A marcha cara ao norte ía a ser penosa, esgotadora e lenta. Os homes do continxente de exploradores, para sobrevivir, tiveron que seleccionar coidadosamente o que ían a cargar. Shackleton ordenou entón preparar os tres botes de salvamento do Endurance e recoller unicamente alimentos, abrigos, aceite, combustible. "Cada home podía levar, ademais da roupa que tivese posta, dous pares de mitóns, seis pares de medias, dous de botas, un saco para durmir, unha libra de tabaco e dúas libras de efectos persoais". Obxectos suntuosos e ata as fotos familiares, debían ser abandonados. Dirixindose ao meteorólogo Leonard Hussey, dixolle que podía traer o seu banjo, aínda que era bastante pesado, tendo en conta que a música era " un vital tónico mental". A Thomas Crean, segundo oficial do Endurance, fíxolle matar os tres cachorros e a "Mrs. Chippy", a gata que abordara o barco na súa escala en Buenos Aires e que se convertera na mascota, pero non se atreveu a sacrificar a Sirius, o can de Macklin, que aínda non aprendera a tirar do trineo. E para que non quedasen dúbidas do significado daquela orde, Shackleton tomou do peto da súa parca un presa de libras esterlinas e a súa pitilleira de ouro e tirounas sobre a neve. Por último, tomou a Biblia que lle obsequiara a Raíña Nai Alexandra e depositouna no chan logo de arrincarlle as páxinas coa dedicatoria.

 

James Francis Hurley realizara ao longo do ano unhas 500 placas de vidro que revelou no laboratorio instalado ao lado da caldeira do Endurance, de tal maneira que acadase unha temperatura aceptable para os produtos químicos. Para protexelas, gardáraas en latas que logo selou hermeticamente con estaño e que quedaron nun andel cando o barco foi abandonado.

Dous mariñeiros, que foron enviados a buscar alimentos ao Endurance, topáronse con aquelas latas de negativos. A auga xa cubrira a caseta do temón ata un metro de altura, pero igual deciden somerxerse na auga xeada ata a cintura. Querían darlle a Hurley unha sorpresa con aquel prezado obsequio. E por suposto que o lograron. Hurley era certamente un personaxe conflitivo. Excelente fotógrafo e moi habelencioso (chegou a construír unha cociña portátil e unha bomba de achique con restos de chapas e sempre estaba disposto para as tarefas máis arduas e difíciles), tiña tamén dotes de líder. "Respondía mellor ás gabanzas e a miúdo necesitaba que se lle eloxiase e se lle fixese sentir importante. Shackleton intuíu esa necesidade e temeu que se non a alimentaba, Hurley podería sentirse menoscabado e posiblemente fomentaría o descontento entre os demais", así que o incorporou ao reducido grupo dos seus asesores porque "non quería contrarialo". Demostraba ser un gran condutor de homes e profundo coñecedor da alma humana.

A marcha cara ao norte

A tripulación arrastrando un dos botes sobre o xeo

 



A tripulación do Endurance foi gañando camiño cara ao Norte, levados á deriva polos grandes placas de xeo ou por extenuantes camiñadas, arrastrando sobre trineos os tres botes a medida que o xeo se fendía porque, a partir de decembro de 1915, o aumento da temperatura foi facendo que o xeo se debilitase e tivesen que buscar desesperadamente "packs" máis grosos e sólidos.

Os homes avanzaban case pegados aos tres botes. Na Noiteboa cruzaron o círculo polar antártico, sempre derivando en dirección ao Norte. Un ano antes fixeran ese mesmo camiño en sentido inverso, pero a bordo do Endurance. Todo era penoso, ata a dor de ter que sacrificar dun tiro, o 30 de marzo, ao último dos 68 cans canadenses que lles acompañaran. Sería reserva de carne fresca para dúas semanas.
O 12 de abril, Shackleton avistou a escarpada costa da Illa Elefante. O témpano derivara unhas 30 millas náuticas ao Este, afastándoos da costa, de tal xeito que xa lles sería imposible acadar illa Paulet.
De continuar no témpano, agardáballes unha morte segura porque por diante non había outra cousa que a inmensidade do Atlántico. A decisión estaba tomada: largarían os tres botes para acadar aquela illa. Estaban en terra firme por primeira vez en 16 meses, pero o terreo non lles ofrecía outra cousa que soidade.
Shackleton, unha vez máis, erixiuse en alguén capaz de seguir enfrontando as maiores adversidades e como, un moderno Ulises, decidido a salvar as vidas a todos aqueles que confiaran nel e que agora se encontraban inmersos nunha desapiadada realidade.
O 20 de abril informoúlles que nun dos botes de pouco máis de 6 metros de eslora, zarparía en demanda de Xeorgia do Sur, distante 800 millas náuticas, para pedir axuda na estación baleeira de Grytviken.
Digamos que eran algo así como 1.480 quilómetros nun dos mares máis salvaxes do planeta, pola forza dos ventos que imperan.

Catro días despois, acompañado por 5 homes da súa tripulación, fíxose ao mar. O equipo do bote consistía nun compás, sextante, barómetro, algunhas cartas náuticas e dous binoculares, ademais das provisións.

Dúas semanas despois, o 8 de maio e tras soportar dous violentos temporais e ondas xigantescas, avistaron a costa acantilada de Xeorgia do Sur. Pero o destino seguía en contra eles. Un violento temporal afastounos da illa que cesou de debuxarse sobre o horizonte. Ate dous días despois non puideron desembarcar, a 30 quilómetros da estación baleeira de Grytviken.

Emprenderon unha nova e pesada marcha para superar os cumios escarpados e xeados da illa. Basta mencionar que non foi senón ata 1957 que a illa foi atravesada por segunda vez por unha expedición de alpinistas especialmente equipados, non como os náufragos do Endurance, vestidos case con farrapos, esfameados, contando tan só cunha corda e un pico.

O rescate do resto dos seus homes en Illa Elefante non foi menos penoso.

Co baleeiro "Southern Sky", Shackleton chegou a 60 millas da illa, pero o xeo rexeitounos. Un novo intento realizouse co pesqueiro "Instituto de Pesca Nº 1" do Uruguai pero o xeo volveu negarlles o paso.

Shackleton trasladouse a Punta Arenas, onde residentes ingleses e chilenos doaron 1.500 libras esterlinas para alugar a goleta "Emma".
Nas proximidades da illa Elefante, o motor auxiliar quedou fóra de servizo e como era moi perigoso seguir só a vela decidiron abandonar a busca.

Por fin, Shackleton obtivo a asistencia do remolcador de altura de bandeira chilena "Yelcho", que, ao mando do capitán Luís Pardo, levouno ata a Illa Elefante.

Arribaron o 30 de agosto de 1916, 105 días despois de haber zarpado co pequeno bote de 6 metros. Un dos homes, ao ver a silueta do vello vapor, izou a súa chaquetiña a xeito de sinal sobre un mastro, pero a roldana
atascóuselle e quedou a media hasta. Shackleton viua e fíxoselle un nó na gorxa pensando que algún dos seus homes morrera. Pero non, aqueles heroes da Antártida estaban aí esperándoo, cansos, con fame, sucios, pero inmensamente ledos. Non morrera ninguén. Estaban todos a salvo.





Extracto do libro

The Story of Shackleton's Last Expedition 1914 - 1917

Os almacéns de salga

Almacén de salga na praia do  Caldeirón, en Louro





As vivendas dos fomentadores cataláns, ou as dos patrianos acomodados que había, e aínda hai, en case que todos os portos da costa galega non se diferenciaban moito das "casas grandes" urbanas e nelas, dependendo dos gustos, formación, ou riqueza  dos seus moradores, podíanse atopar dende pinturas de afamados artistas, até piano e bibliotecas ben fornecidas . Pero o que as soia diferenciar das casas da burguesía urbana era o almacén de salga que tiñan case todas anexa. Nuns casos ocupaba o baixo completo da casa ou, cando o terreo do que dispoñían era maior, a parte posterior da mesma. Moitas destas edificacións achábanse illadas en lugares estratéxicos das rías e moitas tamén, posuían o seu propio peirao onde as embarcación descargaban directamente as súas capturas, para o almacén de salga.

Os primeiros fomentadores, nome co que se coñece aos comerciantes de orixe catalá, chegaron no século XVIII. Nese intre, a agricultura e a pesca eran a principal fonte de ingresos, a pesar de que estaban gravadas cos tradicionais foros que exercían un peso excesivo sobre as xa pobres economías dos veciños.
Estes comerciantes cataláns foron os creadores das primeiras salgaduras. Todas súas as factorías instalábanse en solares aforados á nobreza e ao clero e situábanse en primeira liña de praia, en enseadas moi abrigadas e de doado acceso para as embarcacións.

Para facerse con estas propiedades, os cataláns recorreron a diferentes modalidades de contrato: alugaban, lograban unha cesión ou conseguían que se lles outorgase un foro.

Unha breve descrición dun almacén de salga tradicional, faina FANCISCO CALO, na súa obra "Xentes do mar" (1996) :

" Constaba este de tres partes: o claro, a chanca e o morto. O claro era o espazo central, sen tellado para permitir o paso da luz a todo o recinto; a chanco ocupaba os laterais, baixo tellado sostido por piares e totalmente aberta ao claro. O seu piso estaba todo cheo de píos, cada un con capacidade para conter 200.000 sardiñas. Finalmente o morto era onde estaba a prensa. Os píos tiñan comunicación entre si e a canle que os unía remataba noutros onde se ían depositando a morca e o saín, resultado residual do proceso de salga e que se empregaban o primeiro para facer unha especie de morteiro e o segundo para tinxir e protexer as portas e fiestras das casas, así como para alumear nos candís."

Varias de estas edificacións aínda se poden achar en Muros: O cabaneiro, Anido, Portals, Vieta, Caldeirón e Goday. Hasta fai ben pouco no extremo norte da vila tamén se achaba o que foi o almacén de salga de Sel, agora convertido nun complexo de edificios de uso público.

Do antigo "esplendor" daquelas casas e dos almacéns de salga, nalgún caso, pouco ou nada queda. Noutras, os espazos antes dedicados a salga foron reconvertidos en locais hostaleiros que conservan con maior ou menor fortuna as antigas instalacións.

Instalacións do antigo almacén de salga da familia Sel

San José y Ánimas (A relixiosidade das xentes do mar)

A relixiosidade mariñeira non deixa de ser semellante nas súas manifestacións, internas e externas, á labrega e tamén, nalgunhas circunstancias, á urbana, froito, en todos os casos, dunha mesturanza de rituais que vén a dar nun fondo sincretismo relixioso.
Son abondosos os casos onde mariñeiros en situacións limites de perigo ou de inminente afundimento, ofrecen dávidas a divindade na forma de exvotos, pregando polas súas salvacións.
No caso de ter conseguido o implorado, os favorecidos grazas á intervención divina estaban obrigados a cumprir a súas promesas.

Un de eses casos esta ben reflectido no santuario da Virxe do Camiño en Muros, onde un exvoto en forma de cadro pintado ao óleo narra as peripecias de cinco mariñeiros da vila aló nos anos finais do século XVIII

Esta cóntanos que José Irjón, con outros tres mariñeiros e un rapaz,
todos veciños de Muros, navegaba o 12 de febreiro de 1766 no barco chamado "San José y Ánimas" cara á Graña, preto de Ferrol, cando na altura da ría de Corme, os sorprendeu un forte temporal do sur e se viron obrigados a recoller todo o velame; aos tres días rompeulles o temón, tiveron que gobernar o barco con dous remos, sen ver nese tempo terra nin embarcación que lle puidese valer; ante tal perigo, ofrecéronse a ir descalzos, "moi de veras", á Virxe do Camiño, e nese intre acalmou o temporal, chegando aos cinco días ao porto de Llanes en Asturias, faltos de pan, viño e auga desde había tres días, pero sans e salvos.

Mentres estes malpocados veciños da vila de Muros salvaban as súas vidas de milagre, no resto de España case o mesmo tempo, o pobo erguíase por mor da fame e do despotismo, contra Carlos III e u seu ministro Esquilache.

Pouco lle había de importar a estes mariñeiros os conflitos coas capas e cos sombreiros de ala ancha. Eles foron quen de salvar as súas vidas e deixaron a súa testemuña e o seu agradecemento co seu exvoto, grazas o cal hoxe en día aínda podemos saber deles e da súa peripecia.

Son as pequenas historias cotiás que nunca soen transcender porque quedan diluídas no tempo e na memoria.

Misa en memoria de los náufragos, el domingo en la Iglesia de Santa María de Puerto (Santoña)

La Asociación de 'Náufragos de la Mar' de Cantabria y la Sociedad para la Recuperación Histórica de Santoña 'Rehisán' celebran el próximo domingo, 4 de julio, a las 12.30 horas, una misa en la Iglesia San María de Puerto dedicada a las memoria de los náufragos que perdieron la vida en la mar.Durante la ceremonia actuará la coral santoñesa 'Portus Victoriae', que interpretará al finalizar la Salve Marinera. Seguidamente se realizará una ofrenda floral en homenaje a los fallecidos, tras la cual tendrá lugar una comida de hermandad en el restaurante Brisas.La Asociación 'Náufragos de la Mar' celebra una eucaristía anualmente en cada uno de los puertos de Cantabria como recuerdo a las víctimas del buque 'Bonifaz'. El 3 de julio de 1964, al este del Cabo Finisterre, este petrolero se hundió envuelto en llamas con el fatídico resultado de cinco muertos y veinte desaparecidos; once eran cántabros, dos de ellos mujeres.

El Diario Montañés

Barco á vista

Unha tarde de verán xa fai uns cantos anos , estabamos a faenar nunha zona chamada "O Barranco" a unhas 20 millas ao Oeste de Monte Louro.
O mar estaba calmo como poucas veces se ve aquí en esta costa. O sol facía rebiricoques de luz na extensa planicie que eran as augas ese día , logrando que as augas fosen douradas en moitas millas ao arredor.
Arrastrabamos a unha velocidade de tres nós cara do Sur , sen mais inquedanza que atender ou G.P.S. para verificar a situación a cada pouco.
A unha distancia como de tres millas vin no radar un branco na liña de proa , que se aloumiñaba a cada varrido da antena . Tratei de verificar visualmente de que se trataba sen conseguilo, pois ou reflexo do sol cegábame. Cos prismáticos e non sen traballos , fun quen de ver o que me pareceu a barriga branca dun veleiro coa súa quilla arriba. Como íamos cara do obxecto, esperei un pouco en dar aviso ao centro de control de tráfico de Fisterra , para asegurarme de que as miñas sospeitas estaban non certo .

Canto máis nos achegabamos , máis claro vía eu que era un iate tombado . Así que non esperei mais , din o aviso do seu avistamento e dá súa situación ao control de tráfico e concertei con eles seguir achegándome ao iate sinistrado, ata que chegase unha lancha de salvamento para facerse cargo da situación.
Cando xa estabamos a unha distancia de unha milla (1852 metros), comecei a dubidar de que aquilo fose o casco branco dun veleiro. Canto mais nos achegabamos máis dúbidas tiña, ata que se me abriron os ollos . As pálpebras abertas de par en par coma se non quixesen dar creto o que os ollos vían.
Collín o radioteléfono nas miñas mans rapidamente , e avisei ao control de tráfico que non era un barco o que eu crera ver , se non que era... unha enorme balea morta e co seu bandullo cara ou sol!
Por unha parte respirei aliviado de que non fose o que eu pensaba nun principio , porque se así fose, o mais seguro fora que houbera vítimas.
Neste caso,  a  única vítima era a pobre e enorme balea que flotaba morta e a deriva, no medio dun mar de ouro.