La Coctelera

Categoría: Cronoloxía muradana

Signos lapidarios na igrexa parroquial de Muros.

Colocamos aquí uns gravados que conteñen os signos lapidarios da antiga Colexiata que foi, hoxe Parroquial da vila de Muros. Estes símbolos lapidarios que se atopan gravados nalgunhas das pedras que conforman as paredes da igrexa, soen datar a época en que foron postos no seu lugar pois créese que eran exclusivos de determinados períodos e costumes dos mestres canteiros que asinaban así as súas obras.

Descoñezo o que representan e non vou a emitir hipóteses que por pouco documentadas leven a enlear máis a súa comprensión. Iso deixámolo para os especialistas nestes temas, nós soamente os amosamos.

Presuposto da igrexa colexial de Muros para o ano 1843

No arquivo particular de D. Ramón Artaza e Malvárez figuraba este documento municipal do ano 1843.

"Presupuesto de los gastos que se contemplan necesarios para el culto parroquial de esta Villa y Santuario de N. S. del Camino que le está anecso para el año corriente de 1843:

Por el sueldo de Sacristán y Fabriquero, 1000 Reales de Vellón -/- Para hostias, incienso, carbón, plancha de corporales y limpieza de purificadores a cargo de dicho Fabriquero. 330 R. V. -/- Para los monancillos, 270 R.V. -/- Para labar la ropa, jabón y reparla (repararla), 320 R.V. -/- Para armar y desarmar el monumento, 290 R. V. -/- Por setenta y cinco libras de cera, 930 R. V. -/- Por vino para las misas, 350 R. V. -/- Por reparos de la iglesia y utensilios, 300 R. V. -/- Por casullas, albas, misales, vinagreras y más necesario, 600 R. V. -/- Para la función del Patrono, 800 R. V. -/- Total 5.190 Reales de Vellón."

"Data.   Por derechos de sepulturas privilegiadas que se perciben por la fábrica, 240 R. V. -/- Por reparto vecinal, 4950 R. V. -/- Igual, 5.190 Reales de Vellón.

Muros 12 de Enero de 1843.  Manuel Costoya y Valladares, Ignacio Pérez Bazarra, Felipe Lago (Siguen las firmas) Joaquín Duque, secretario."

Temporal na ría de Muros (ano 1533)

1533.- O día 23 de novembro deste ano desatouse na ría de Muros un temporal  collendo a moitos barcos de Muros  do Cerco Real a altura da illa da Creba.

Varios deles non foron quen de chegar a porto, perecendo afogados moitos dos seus tripulantes.

Así no lo conta este documento que se encontra no arquivo do Hospital do Cardenal Tavera na cidade de Toledo.

"La semana antes del domingo que cayó el Rayo, ovo por aca mucha tempestad de agua y granizos y gran viento de vendabal: en la Ría de entre Muros e  Noya tenian çercada cave la hermita de la Creva, questa metida ala voca dela mar antes de Muros, que se avia recogido con la tempestad, que ya andava en el mar, e çercaronla la gente de anvos pueblos, y el viernes antes de que amanesçiese, cargó tanto el viento y la chuvia, que no se pudiero valer, y quatro barcos y el trincado de Muros cargaron de sardinas, mediados los barcos, y tomaron la via de Muros, y en descubriendo de la Creva, cargó tanto el tiempo, que anegó todos quatro barcos, en que irian hasta doze honbres, que murieron. El trincado quiso thomar tierra en el alfoz de Muros, que es ala mano derecha dela Ría, y el viento dio con ellos en una vaxas y rocas que hizo pedaços el trincado, que podia valer ccc ducados; la gente salvó a nado della, y en remos y en tablas del trincado. Todos estos XIII o XII que morieron heran de Muros, heçepto Vno que era de Noya. Los varcos e trincados de Noya acogieronse a la otra plana de man dizquierda, que es tierra de Postomarcos, y la gente saltó en tierra. Haciendose pedaços otros quatro varcos y otro trincado de Noya; otros quatro o çinco varcos fueron cargados de sardina a Noya y aportaron alla seguros con cobra de quarenta millares della, pero fué tanta el agua e tempestad que entró en los varcos, y dañó la sardina, que no valio nada, y se hechó al campo para engrasas las heredades. Rompio el viento e hizo pedaços las dos redes de los trincados, con que estava pechada la sardina en la Ría, que valian mas estas dos redes de quinientos ducados, porque son muy grandes; fuese mas de CC millares de sardina, que estava ya pechada enellas."

Cronoloxía Muradana (Final)

2002.- Ás 15.15 do 13 de novembro saltan as alarmas. O 'Prestige', un petroleiro máis longo que dous campos de fútbol e con 76.972,95 toneladas de fuel, encóntrase en apuros a escasas millas de Fisterra. A tormenta é endiañada. Catro días despois, o chapapote inunda a costa de Galicia e desencadéase a peor catástrofe ecolóxica da historia contemporánea española.

Para rematar esta cronoloxía un feito triste, un episodio onde se mesturou a desgraza e a incompetencia, unha traxedia que emporcallou as nosas costas e as nosas vidas, a marea negra provocada polo accidente e posterior afundimento do "Prestige"

Pero ás ondadas de fuel que chegaban a terra contrapúxose a unha enorme marea de solidariedade. Primeiro a nosa xente do mar, que con mais valor que medios, con mais arroxo que fortuna, votáronse o mar para coas súas propias mans tratar de salvar o que se puidese. Todos lembramos aquelas imaxes repetidas hasta a extenuación en tódolos medios de comunicación; A  imaxe da desesperación, a da impotencia, a da ira.  Mariñeiros a bordo das súas embarcacións ,  con trueles, con caldeiros, coas súas mans espidas, con mais vontade que fortuna, tratando de que o fuel non chegase a costa.

Logo outra marea, a dos voluntarios, os que nunca serán ben agradecidos por moitos homenaxes e recoñecementos que se lle fagan.

Eu lembro aqueles días como se a memoria estivese fundida, mesturada no medio de unha espesa  néboa. Primeiro o estupor, logo a carraxe e mais tarde a solidariedade. Homes e mulleres traballando cóbado con cóbado, armando barreiras, tecendo redes, repartindo os poucos medios dos que se dispoñían para tratar de conter as ondadas de fuel. Embarcándonos en calquera barco para tratar de evitar o inevitable. Logo a desolación. Saímos o mar para tratar de parar as balas a peito descuberto pero esas balas feríronnos para sempre mortalmente ó corazón.

Que mais da agora quen fose o responsable daquela traxedia... Pero si somos responsables de tratar que unha desgraza como aquela non volva a acontecer NUNCA MAIS.

Todos a unha no peirao de Muros

O Prestige foi construido no ano 1976,  tiña  243,50 metros de eslora e 34,40 metros de manga. O día 13 de Novembro atopábase aproximadamente a 28 millas de Fisterra ó mando do capitán grego Apostolus Magouras e con vinte e sete tripulantes en total, na súa mayoría mariñeiros filipinos. A pesar de ser un buque monocasco de 26 anos de idade, levaba unha carga de 77.000 toneladas de fuel. O seu destino era para case todos Xibraltar, para os ingleses era Singapur e alguén , nun intento de conciliar versións dixo que ía rumbo Singapur con escala en Xibraltar. Ninguén acertou o seu destino, porque por desgraza, por azar ou por incompetencia veu ficar as nosa costa!

Armando unha barreira de rede

As primeiras informacións dos medios de comunicación apuntaban a que o noso protagonista tiña armadores gregos, estaba rexistrado por unha compañía de Liberia e a carga que transportaba era dunha empesa con base en Suiza. A todo este barullo de nacionalidades hay que sumarlle que o barco levaba o que se chama bandeira de conveniencia, neste caso das Illas Bahamas.O beneficio do que gozan este tipo de barcos abandeirados de conveniencia é básicamente que as normas que aplican son as do país do que levan a bandeira, polo que se soen escoller países que non teñen suscritos convenios internacionais en mateira naval, o que fai que as medidas de seguridade esixidas sexan mínimas. Outras ventaxas deste tipo de bandeiras son que esconden paraísos fiscais moi ventaxosos para a empresa propietaria do buque.
O Prestige, envolto nun forte temporal, lanzou un SOS a 28 millas de Fisterra. O buque tiña unha vía de auga   por onde comezaba a ter unha pérdida de carga. Esta vía de auga foi a que provocou que se dese a voz de alarma. Esa mesma tarde foron rescatados tódolos tripulantes excepto o capitán, o primeiro oficial e o xefe de máquinas. No primeiro día, o barco soltou unhas 3.000 toneladas de fuel nas nosas augas. As autoridades competentes na materia dispuxeron que non era conveniente que o barco se achegase a unha ría ou a un porto para vaciarlle a carga, polo risco medioambiental que isto supuña. Así que decidiron, dende logo non parece que guiados pola lóxica, envian barco, que cuspía xa inferno pola fenda do seu costado,  para según decian, tratar de evitar unha catástrofe. Logo de moitas horas de dúbidas e indecisiós,  e tras evacuar os últimos tripulantes que aínda quedaban a bordo, o Prestige , remolcado polo "Ria de Vigo" pon rumbo ó suroeste. Mentres autoridades marítimas e políticos nosos e alleos xogaban a "afundi-la flota" dende os sillóns dos seus despachos, ó fuel vertido chegaba ás nosas  costas emporrudo polos ventos do terceiro e cuarto cuadrante que reinaban eses días.

A bordo do Tamara e Yaiza


Para pescar chapapote


A bordo do Sidri Rober recollendo "galletas" de fuel


Pódese ver o chapapote no mar


Así todo o mar


Soedade e desesperación



Castor coas suas mans moi limpas, eran outros os que a tiñan manchadas


Pescamos fuel en vez de peixes



O Tamara e o Meira da Costa remolcando unha barreira para tratar de conter a entrada de fuel na ría


O Tamara e mailo Meira saindo da ría


Saimos a bordo dun bateeiro a recoller chapapote


As proas manchadas


É noite e sen visibilidade temos que volver para terra


 

NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS

 

Para saber mais: Consecuencias medioambientales derivadas del hundimiento del "Prestige"

Análisis de las consecuencias

Cronoloxía Muradana (14)

1966.- 25 de febreiro. Afundimento da fragata de guerra "Ariete" nos baixos da "Arquiña", moi preto da capela dos  Remedios de Lira.

O "Ariete" embarrancado

A carencia de medios na España da ditadura franquista na posguerra , acadaba a case que todos os sectores sociais e institucións do estado. A armada non ía ser menos. A falta de recursos materiais e medios era suplida por unha inxente cantidade de "recursos humanos".A case totalidade dos mozos pasaban dous dos mellores anos das súas vidas, nun servizo militar obrigatorio no que as mais das veces as tarefas militares eran secundarias ou case inexistente. Camareiros, choferes , empregados de fogar e de limpeza, xardineiros, carpinteiros ou mecánicos o servizo dos oficiais e das súas familias eran as tarefas mais comúns entre a tropa de reemprazo. O servizo de armas era secundario "sobraba xente".

Os que tiñan a sorte de estar embarcados, tampouco se mancaban co esforzo de grandes navegacións nin de exercicios tediosos, pois a maioría das unidades navais eran vellos cascallos obsoletos que case nunca podían saír o mar.

A elite franquista sabedora de estas carencias intentou de algún modo palialas ca construción de novas unidades que remoceasen a nosa Armada.

E entre outros proxectos naceu a clase Audaz , concibidos para ser torpedeiros, pero que logo se lles cambiou a categoría nomeándoos co pomposo nome de "fragatas lixeiras" .

Cóntanse que o deseño destas unidades obtívose duns planos que os alemáns roubaran os franceses durante a ocupación na segunda guerra mundial do pais galo; E que grazas a "amizade" entre Franco e Hitler, púidose facer o goberno español con eles.

Nove unidades de esta clase serian construídas e as nove darían grandes quebradeiros de cabeza a Armada Española.

Aqueixados de graves problemas de fiabilidade nas súas plantas motrices e faltos de una correcta estabilidade , a serie dos Audaz foron una das mais desafortunadas que tivo a Armada. E no medio deles naceu o Ariete, digno representante de esta pésima serie , no transcurrir do tempo sería un dos mais prexudicados .

O 24 de febreiro de 1955 foi botada en augas do Ferrol a fragata lixeira Ariete; Exerceu de madriña do buque a Sra. María Moro , dona do que era gobernador militar da praza.

Foi entregado definitivamente a Armada en decembro do ano 1961, dezaseis anos despois da súa posta en quilla.

Posuía unha eslora de 94 metros e desprazaba 1552 Tons. Que eran movidas por dúas turbinas de vapor con unha potencia de 30.800 Hp. A unha velocidade máxima de 32 nos.

Xa dende un principio foron evidentes os seus defectos e a súa mala condición mariñeira , tendo que entrar en repetidas ocasións en dique para diversas reparacións e modificacións.

No mes de febreiro de 1966 estando no Ferrol, recibe a orde de dirixirse a Cartaxena , e sae de porto as 12 da maña do día 24 de ese mesmo mes co rumbo de sur, na procura de recalar no cabo Finisterre.

Pero o tempo era fresco de SW. e a Costa da Morte agardaba cas fauces abertas para engulir a outro navío mais .

O tempo ia empeorando por momentos e o chegar a altura de cabo Touriñán xa tiñan ventos de forza 9 con refachos de vento de ate 120 Km/hora.

O comandante do Ariete , o capitán de corveta D. Francisco Carrasco Ruiz ordea tomar as medidas de pecaucion regramentarias en caso de temporal e a primeira delas e reducir a velocidade de marcha.

E preciso subliñar que toda a súa tripulación gardou en todo momento una gran serenidade, e comportouse con una gran profesionalidade e disciplina baixo todos eles da "batuta"do seu comandante.

Continuan navegando con dificultade e o chegar a altura de Finisterre o mar xa arbolaba , tendo que reducir a súa velocidade case o mínimo . A partir de ese momento comezan a xurdir unha serie de circunstancias e avirías que levarían ate o embarrancamento na praia do Ardeleiro en Lira do navío.

O primeiro contratempo sucedeu o avariarse a xiroscópica, logo as bombas que subministraban auga as caldeiras comezaron a fallar,

Son arredor das cinco da tarde e no medio dun forte temporal e case sen goberno o seu comandante toma a determinación de dirixirse a porto seguro.

Primeiro acordan de entrar en Muros pero logo deciden ir para Marín onde poderían arranxar mais doadamente os seus desperfeutos nos peiraos da escola naval militar.

Vaise facendo de noite e os problemas continúan. Un golpe de mar abre un burato na proa do barco a altura dun sollado da mariñeiría.

Pasan toda a noite loitando contra as embravecidas ondas da costa de Muros, e cando comezaba a despuntar o día, arredor das oito da mañá estando a altura de Corrubedo, teñen que parar as súas maquinas a causa da auga que había entrado nos tanques de fuel-oil.

O Ariete xa seriamente danado queda o garete no medio de xigantescas ondas .O seu comandante trata de pedir auxilio , pero as avirías eléctricas impídeno hasta arredor das 10 da mañá.

O mensaxe de socorro e recollido pola radio costeira de Finisterre , e polo petroleiro da CAMPSA Camporraso que facía viaxe de Bilbao a Alxeciras.

O Capitán do Camporraso pon proa inmediatamente o navío.

No Ariete intentan por todos os medios poñer de novo en marcha a maquina , mentres se achegan perigosamente os baixíos da Praguiña en Corrubedo.

Son as doce e media da mañá cando o petroleiro chega o seu costado, pero non pode facer nada mais que escoltalo pois non ten medios materiais para proporcionar un remolque.

O Ariete sigue derivando cara o nordeste, e a una do mediodía chega o seu costado o destrutor Legazpi . Neses momentos o Ariete atopase na altura de Monte Louro.

Con moita dificultade conseguen darlle un remolque, pero o pouco tempo as estachas parten como se fosen fíos.

Despois de moitos intentos de remolque nos que incluso chegan a tocarse entre eles, achéganse a perigosa restinga de Meixide, e os barcos que o escoltan teñen que afastarse del, pois correr perigo de embarrancar.

O Ariete sortea sen goberno os terribles baixíos entre ondas e escuma, hasta embarrancar xa con noite pechada preto das dez na praia do Ardeleiro en Lira.

A Sangue fría dos seus mandos e tripulantes, xunguida a inestimable axuda dos veciños de Lira, conseguiron que despois de dar un cabo a terra e armar un andarivel, fosen postos a salvo todos e cada un dos mariños.

Cumpríronse xa 41 años dende aquela odisea, pero aínda moita xente se lembra do naufraxio do Ariete.

Como testemuña do agradecemento da Armada a vila de Muros e os seus veciños pola acollida dos náufragos , unha das ancoras da fragata foi regalada a esta vila . Os que vos acerquedes por aquí poderedes vela no final do paseo que percorre a vila uns metros antes de entrar no porto.

Eu era moi neno cando aconteceu todo iso , pero aínda me lembro do almirante e Ministro de Marina Nieto Antunez dando unhas verbas de agradecemento os veciños dende o balcón da casa do concello.

Aínda non ben seco do seu baño radiactivo en Palomares , don Manuel Fraga a sazón Ministro de Información e Turismo , entre inauguración de parador e parador, achegouse a Muros xunto co Ministro de Marina Almirante Nieto Antunez , para dende o balcón da nosa flamante casa do concello, dar as grazas os valentes que axudaron o salvamento dos náufragos da fragata da Armada española "ARIETE" que embarrancou nas augas de Lira o día 25 de febreiro de 1966

Novas na prensa de eses días (La Hoja del Lunes)

El heroico comportamiento de los vecinos de los pueblos de Carnota, Lira y Muros que, desde los primeros momentos acudieron sin regatear esfuerzos a prestar todo el auxilio posible en las tareas de rescate de la tripulación de la fragata "Ariete" ha merecido los elogios de las autoridades de Marina.

- En efecto, es muy de destacar la actuación de estas gentes que han puesto de su parte todo lo posible para llevar a término el salvamento de la dotación del buque varado en las proximidades de la ría de Muros

LOS NÁUFRAGOS DEL ARIETE" ASISTEN A UNA MISA

Marín, 27. (Cifra).-El ministro de Marina, almirante Nieto Antunez llegó a la Escuela Naval Militar, donde le rindió honores el batallón de la Escuela y la Compañía de Marinería que revisó y desfilaron ante el Ministro y -Director de la Escuela.-

Después asistió a una misa en la capilla de la enfermería de la Escuela a la que asistieron los náufragos del "Ariete". Terminado el oficio religioso pronunció unas palabras a la dotación del "Ariete" haciendo grandes elogios de su disciplina que permitió el salvamento de toda la tripulación y poniendo de manifiesto la unión de las Marinas de Guerra y Mercante y de Pesca. Elogió a la tripulación del "Legazpi" que contribuyó al salvamento de la dotación del "Ariete", y posteriormente salió para Muros para visitar el lugar donde se produjo el accidente del "Ariete".

O Taxista "Juan de Lariño" Condecorado pola sua axuda os Náufragos do "Ariete"

 

 

1970.- O casco da Vila de Muros foi declarado Conxunto Histórico Artístico. Sendo alcalde da vila D. Fernando Rey Hermida.

Vinte e cinco quilómetros de costa para gozar, unha ría que agocha os segredos dunha vila con encanto. Muros sorprende pola súa singularidade, mantén o aspecto de vila antiga, intacta. Non estráñanos que sexa declarado conxunto histórico artístico no 1970.

Está formada por rúas estreitas, casas mariñeiras e nomes de soño, rúa da esperanza, da paciencia, da amargura, da Misericordia.. Foi definida como "Villa mariñeira que conserva os seus valores ambientais típicos e pintorescos" e mantén a súa estrutura histórica medieval.

E así como mantén as casas e o ambiente mariñeiro de antano, os seus costumes tampouco cambiaron moito. 400 familias viven da pesca.

O porto pesqueiro non perde actividade, pero agora comparte espazo con embarcacións de recreo.

Damos un paseo pola vila. Trece dos seus edificios son de gran interese, doce relixiosos, como a colexiata de Santa María, do século XII, hoxe xa cunha mestura de estilos. No noso paseo facemos parada no Hospital de pobres, do século XIV ou na igrexa de San Pedro, do século X.

Cronoloxía Muradana (13)

O "Violando N. Goulandris"

1940.- Aquí volvemos a atoparnos co "Joaquín Pérez" a antiga balandra dos "Ultreia" Pero nesta ocasión é no contexto da II Guerra Mundial. O día 11 de xuño chega o porto de Muros remolcando  dous botes ateigados de náufragos.  Eran os tripulantes do buque Grego Violando N. Goulandris que uns dias antes foran atacados polo somerxible alemán U-48.

O balandro Joaquín Pérez o dobrar a punta do Cabo Rebordiño e ter a vista a  o porto de Muros fixo soar a súa potente buguina de néboa, iso non era nada excepcional, todas as bacas o enfiar o peirao facíano para avisar da súa chegada, o raro era a hora en que o facía. Non debía de chegar a porto ate a tardiña e eran as dez da maña cando fixo soar a súa buguina. Ademais traia o seu remolque dúas grandes lanchas de salvamento ateigadas de xente no seu bordo.

Era a mañanciña do día 11 de xuño do 1940 e a xente da Vila comezouse a amontoar en "Porto Piollo" na espera da chegada do Joaquín Pérez. O pequeno vapor antes de atracar , acoderou as dúas lanchas o seu costado de estribor e logo amarrou o peirao. O momento o axudante de mariña foi informado de que os 20 tripulantes dos botes eran náufragos superviventes do buque heleno Violando N. Goulandris que fora asolagado tres días antes polo somerxible alemán U-48 a unas 200 millas da costa galega.

Pronto os náufragos foron acollidos nas casas da veciñanza onde foron atendidos hasta que foron trasladados para A Coruña polo cónsul heleno da cidade herculina.

Os pobres Gregos levaran un susto de morte o veren emerxer na súa proa a torreta do submarino alemán que con dous canonazos da súa artillería cominaba o Violando N. Goulandris a deterse.

O comandante alemán doulles cinco minutos para abandonar o buque ates de seren botados a pique. Os tripulantes do buque grego apresuráronse a embarcar nos dous botes salvavidas e afastáronse para ver como dende o submarino embarcaban un oficial e dos mariñeiros para colocar nas adegas do Violando N. Goulandris explosivos que pouco tempo despois estouraban botando a pique o navío.

O U-48 mergullouse logo outra vez desaparecendo e quedando os náufragos a súa sorte.

E así pasaron tres días os náufragos a son de mar e vento hasta que foron achados polo Joaquín Pérez nas proximidades da ría de Muros .

Violando N. Goulandris posuía 3.598 toneladas de desprazamento, e foi uns dos primeiros buques en ser atacado por somerxibles alemáns nas nosas costas durante a II Guerra Mundial.

Hans Rudolf Rösing, Comandante do U-48 en xuño de 1940

 

1955.- publícase o libro de viaxes da escritora británica Nina Epton "Uvas de Granito", onde relata cunha mestura de realidade, "mala uva" e un chisco de fantasía o seu paso por Muros.

"Desde Corcubión a Cee, na ría de Muros e Noia, hai palabras gregas, así como tamén  celtas e romanas, que lle dan nome a lugares, tales como Pindo, Ézaro, Lira, Arcadia e Laurisa. É esta unha parte da costa agradable e acolledora, con invitadoras e anchas praias cun caldelo luminoso que non se atopa en Fisterra. Non resulta sorprendente que os mariños gregos da antigüidade gustasen de se establecer aquí.

Non obstante, a lenda foi un algo lonxe cando nos quere facer crer que o tipo de beleza grego pode aínda distinguirse nas faccións das beldades de Muros. Rosalía de Castro escribiu líricos versos sobre o seu porte clásico e beleza de estatua, referíndose a elas como descendentes das mulleres de formas perfectas que serviron de modelos para o Partenón. ¡Ai!, ningunha "muradana" do século XX poderá aspirar, certamente, ao friso do Partenón; e no tocante ao seu paso (unha non pode chamarlle "porte"), dexenerou agora no escanaveirado contoneo adoitado polas aldeás de toda Galicia, que camiñan cos pés moi afastados, as puntas dos mesmos cara a fóra, e os seus brazos sostéñense afastados do corpo tan tesamente como as aletas dun paxaro bobo. Se pensan que é este o mellor xeito de acaneo para levar sobre as súas cabezas a carga das súas mercas, roupa de lavar e calquera outra cousa que acostuman, entón deberán saber o graciosamente que as mulleres da Indonesia camiñan con cargas semellantes.

Houbo un tempo no que as "muradanas" se distinguían polo seu atraente traxe local, que era un dos vistosos de Galicia. Hai vinte anos, cando foi feito un pedido do Museo costumista de Madrid, atopáronse en dificultades para reunir as varias das que se compón o traxe. Hoxe sería case imposible. Galicia, que conservou tantos dos seus costumes, perdeu case todo interese polo traxe rexional así como tamén polos seus instrumentos. Os tan nomeados "traxes galegos" empregados polos Coros de hoxe, son sinxelamente vertolás creacións das sociedades folclóricas actuais. As mulleres galegas adoitaban levar altas cofias de encaixe, mantelas con franxas de veludo e panos de lá de cores cruzadas sobre o seu abondoso seo. Os homes levaban chaquetas axustadas de tea vermella, verde ou acastañada, chalecos brancos ou de cor, calzóns cinguidos e grandes panos sedáns pendurados dos petos dos mesmos; pero había variacións locais en case cada val e cada cidade. Santiago, Lugo, Pontevedra..., cada unha tiña o seu propio traxe típico.

Pese ao fracaso das mulleres de se igualaren á reputación grega, eu quedei de cheo enfeitizada de Muros na primeira ollada, e do seu milleiro de casiñas brancas e grisallas agrupadas como pombas ao fondo dunha badía fonda debaixo da Costiña. Muros é un antigo porto pesqueiro, e a gracia dunha antigüidade próspera rolla nas pintorescas rúas con soportais.

En Santiago atopárame cun poeta de Noia, Xosé Faveira, que ten un irmán, Xesús, que vive en Muros, e está no concello como rexistrador da propiedade. Se ten ao seu cargo o rexistro de toda a propiedade de Muros, ten que coñecer entón moito sobre o lugar, pensei; e fun visítalo tan axiña como tomei café e deixei a miña maleta na "fonda".

A casa do concello ten a fachada principal no extremo norte da Rúa do Mar, e está por fronte dunha casa que ten o impacto dun canonazo no seu piso superior. Trátase dun vello michazo que os "muradanos" non esqueceron. En efecto, diso fíxose unha das exhibicións da vila; lonxe de tapar o burato, deixárono tal como quedou despois do canonazo recibido desde o mar durante unha batalla naval entre unidades inglesas e franco-españolas. Colocaron de contado unha placa conmemorativa debaixo, que di con amarguexo: "Un agasallo dos ingleses: 22 de xullo de 1805". Sentíame moi importante cada vez que pasaba a carón desta casa.

Don Xesús Faveira foi doado de atopar. Non só resultou ser a primeira persoa que ollei, senón que case batín con el ao entrar nas pequenas dependencias, pois estaba sentado diante dunha mesa preto da porta principal, copiando longas entradas no seu libro maior. Era mozo, delgado e de cor aceitunada, e cando ergueu os ollos recoñecino de seguida: eran os ollos que unha ve nos xarróns cretenses e etruscos.

Don Xesús, moi cortés, pousou a pluma a unha beira deixando o traballo da mañá para me conducir a través das retortas calexas de Muros, e á Colexiata, xunto aos poucos cachenos que quedan das grosas paredes das que Muros tomou o seu nome. Estas murallas, e as dezaoito torres construídas sobre elas, desapareceron durante o século XVIII. O pórtico da Colexiata, do século XII, dise que o encetou un canteiro anónimo da escola do Mestre Mateo, o inspirado xenio do "Pórtico da Gloria" de Santiago; pero as figuras do pequeno pórtico de Muros son moito máis petrificadas, e de estilo bizantino. Non poden compararse, nin remotamente, coa obra mestra compostelá, inda que teñen encanto e irradian xenialidade dunha rara calidade para a igrexa dun pequeno porto pesqueiro. É certo, xa que logo, que Muros é só unha feble sombra da súa apoteose do século XV, cando os seus mariños visitaban con frecuencia as costas de Portugal, Francia, Inglaterra, Flandres e Italia. No XVIII chegaron deica as Indias, mentres a vila prosperaba, pois daquela non dependían só do mar como hoxe. Había fábricas de curtimes e de tecidos na vila, e varios gremios importantes.

A dramática e polícroma imaxe do Cristo Crucificado da Colexiata pertence á familia das misteriosas imaxes bizantinas ás que xa me referín (os dous Cristos, de Fisterra e Ourense); pero este Cristo agoniante de Muros é o máis realista de todos eles. Unha case sente a dor e o sangue que cae pola faciana, e ouve o gorleo de morte na arreguizante gorxa. Don Xesús díxome que durante os sermóns da Semana Santa, a xente séntese tan conmovida polo relato da Paixón epitomada nesta face de sufrimento, que todos se botan a chorar na igrexa. Créoo sinceramente.

Tres campas baleiras adoitaban estar a un lado da Colexiata para recibir os corpos de náufragos descoñecidos que o mar puidese traer á costa, pois Muros tivo sempre profunda compaixón polas víctimas do mar. Para lle engadir ao título de "La más Noble y Leal Ciudad", que compartía con outras ao longo da costa, o rei Afonso XIII concedeulle un terceiro no 1906, despois da grande xenerosidade amosada pola poboación con cincocentos corenta e catro náufragos. Así que agora o título do pequeño porto é o de "La más Noble, Leal y Humanitaria Ciudad de Muros".

O cimo do escudo de Muros é igualmente interesante. Consiste nunha carabela a flote cun castelo na popa, un león na proa, e dúas cunchas de peregrino entre os mastros. Quizais esta carabela tenciona representar a unha das dúas de Muros, que, segundo se conta, tomaron parte na conquista de Málaga aos mouros.

En Muros, as singulares Casas de caridade do século XVI proban que esta cidade era xa humanitaria moito antes de que se lle concedese o título oficial; pero aínda que eran probablemente axeitadas, quizais resultasen comparativamente suntuosas nos tempos nos que se construíron (en 1506), cousa que está lonxe de selo hoxe.

Pasei baixo a entrada abovedada, coa súa fermosa e pequena imaxe da Virxe do século XVI enriba no nicho, para mirar a fileira de quince vivendas formadas por unha habitación escura no piso baixo e outra enriba, cada unha habitada por unha familia distinta. Estaban todas ocupadas por persoas vellas e pobres, agrupadas ao pé dunha fogueira nun esquinal, onde cociñaban a súa ola de "caldo". As paredes estaban negras polo fume de séculos, pois non había cheminea. Non obstante, eran grosas, a leña abondosa, e a municipalidade invertira parte dos seus ingresos para asegurar que pudiesen comer o "caldo" tódolos días; e non como noutros lugares da costa que eu vira, onde o lume non se acendía tan regularmente. Algúns dos ocupantes máis novos seguían a exercer os seus oficios. Unha habitación situada enriba dun chanzo de escaleira a beira da entrada, que probablemente fora usada antigamente como posto do sereno, estaba ocupada agora por un zapateiro, un home de ollos claros que parecía non ter máis de cincuenta anos. "¡Suba a ver o meu pazo!", berroume, facendo un aceno coa man na que tiña unha bota vella que andaba a arranxar. Subín os empinados chanzos e mirei o un interior. Había unha cama de ferro crebada nun recanto, cuberta con anacos de cobertores e outras teas, ningún abondo longo ou ancho para o tamaño da cama. O remendafoles seguiu os meus ollos segundo estes percorrían o cubil, e despois botouse a rir dun xeito histérico, bambeándose cara a adiante e atrás sobre a vella bota. "Ben, ¿Qué pensa vostede do meu pazo? ¿Non é luxoso?, berrou. "Algunhas persoas non teñen nin un tellado sobre as súas cabezas", respondinlle solermiñamente, coa dúbida de que o home fose sarcástico ou sufrise alucinacións. "O meu tellado está feito de tellas de ouro, pero pinguea cando chove, e, ¡ai!, chove a miudo en Galicia. ¿Vén vostede de Madrid, señorita? Se é así, entón saberá vostede o que di alí a xente sobre nós: din que Galicia é a despensa de España. ¡Ja, ja, ja!", e o remendafoles estourou noutro paroxismo de risa desenfreada. Don Xesús abalou a cabeza atristuradamente cando nos iamos. "Temo que estea descontento", observou, dirixindo unha flebe ollada de zafrañada sobre o ombreiro, cara o zapateiro remendón. "Quizais teña razón para o estar", suxerinlle, pero Don Xesús non parecía estar de acordo. Inclinábase a crer que é inmoral sentirse descontento coa sorte que un ten trazada na vida, como se iso significase rebelarse contra o Todopoderoso que o ordenase. Unha caste de ricos que ten obriga de dar esmolas como parte das "boas obras" que facilitarán a súa eventual entrada no Paraíso, e unha caste de pobres para recibir as esmolas e bicar as migallas que lles botan...; este anticuado xeito de pensar váilles ben aos satisfeitos da vida, e descorazona aos pobres na súa aspiración de cousas mellores.

Unha vez un estudiante erudito da Universidade de Salamanca argüíume accidentalmente nunha tese, que o Paraíso se atopaba no cume do Monte Pindo, preto de Muros. Este monte está situado na parroquia de San Mamede. (Varias localidades de Galicia levan este curioso nome. Pregúntome se non será unha corrupción de "Mohamed" e un vestixio da invasión árabe). Poida ser que o monte se usase como santuario nos tempos pagáns. Hai un pendo chamado "D'a Moa" no cume, que está cuberto de caracteres indescifrables.

Nos seus arrampadoiros e nos dun "castro" atopáronse interesantes reliquias da Idade do Bronce. Os montes de Galicia están case todos coroados con penedos de pedra gra luídos polo tempo (se non con dolmens), de tan impresionantes formas e grandores que non sorprende ouvir da veneración relixiosa coa que os consideraban as xentes. San Martirio de Braga, en Portugal, condenou estas prácticas idolátricas nun tratado do século VI titulado "De correctione rusticorum"; pero os antigos petroglifos con copas, aros e espirais (e aínda rudimentarias formas humanas e de cervos) seguiron atraendo, polo moito misterio do seu indescifrable simbolismo."

Uvas de Granito

Cronoloxía Muradana (12)

1936-1939.- A represión fascista cobrouse varias vítimas durante os anos da guerra civil na bisbarra de Muros.

Xosé Veloso Maio, Alcalde de Muros en xullo do 1936. Foto no penal de Santoña (Cantabria)

(Imaxe obtida do Blog "Cartafol de Patriano")

 

 

En todas as guerras cométense actos contrarios ao "dereito de xentes" e a guerra civil española non foi unha excepción.

Nas zonas proclives á rebelión e rapidamente dominadas polos sublevados, instaurouse un réxime de terror indiscriminado para evitar que o inimigo puidese organizar a resistencia . Este é un asunto, que aínda hoxe ergue polémicas.

Nestas zonas, a Falanxe asume, co beneplácito militar, a responsabilidade de levar á práctica as consignas fascistas. Prodúcense sacas co consentimento do mando militar, e houbo fusilamentos nas cunetas, nas tapias dos cemiterios e no arrabalde dos centros urbanos.

Conforme a sublevación derivaba nunha guerra e as zonas ocupadas constituíanse nun novo Estado, a represión foi institucionalizándose. A depuración política e a censura acadaron todos os niveis e estendéronse a todas as actividades, tanto públicas coma privadas. Pretendeuse enmascarar esta situación coa emisión de diversos decretos e disposicións legais, que culminaron coa publicación o 9 de febreiro de 1939 da lei de "Responsabilidades Políticas". Lei, que xa no seu artigo primeiro violaba un dos principios irrenunciables do Dereito ao sancionar "retroactivamente": «Declárase a responsabilidade política das persoas, tanto xurídicas coma físicas, que desde o 1 de outubro de 1934 e antes de xullo de 1936 contribuíron a crear ou agravar a subversión ...» Amparados nestas disposicións, os consellos de guerra ditaron, en ausencia de calquera garantía procesual, numerosas sentenzas de morte tomando o relevo aos falanxistas e os fusilamentos por rebelión militar aconteceríanse ao longo de toda a guerra. Isto non impediu que continuasen os paseos ata moito despois de acabar a guerra, aínda que a unha escala moitísimo menor que durante os primeiros meses do conflito. O máximo apoxeo acadouse co nomeamento en outubro de 1937 de Severiano Martínez Anido como xefe de Seguridade Interior para a retagarda.

Unha vez finalizada a guerra, o proceso de "normalización" continuou desenvolvéndose. A partir das denuncias efectuadas por calquera veciño ou das pescudas realizadas polos servizos de investigación da Falanxe, a Garda Civil ou a propia Falanxe procedían á detención do sospeitoso. O detido, se sobrevivía ao interrogatorio, comezaba un rosario de instrucións sumariales para finalizar diante dun consello de guerra, normalmente masivo, onde o defensor - militar - pouco ou nada podía facer agás pedir clemencia. Se lle declaraban culpable e era condenada a morte, o reo era trasladada ao cárcere onde, de madrugada, efectuábanse os sacas. Igual sorte correron moitos dos que, confiados pola propaganda fascista, volveron de Francia tras a finalización da guerra. Militares leais á República e dirixentes dos partidos políticos e sindicais foron os principais obxectivos durante a posguerra.

Na bisbarra muradana, xa nos primeiros días da sublevación militar comezáronse a realizar paseos, varios veciños foron sacados das súas casas e asasinados impunemente. Outros despois da celebración xuízos sumarísimos sen garantía legal ningunha, foron condenados a penas de prisión ou fusilados.

Estes son os nomes dos veciños desta vila e a súa bisbarra que sufriron as consecuencias da represión fascista durante os anos da Guerra Civil.

Andrés Aneiros Sardiña

Proceso

Home de 25 anos

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Esteiro-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída pola fuxida dos vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" ) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía


Ángel Fernández Rama

Prisión

Home de 29 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Abelleira-Muros, Muros (A Coruña)

Tripulante do vapor "Galdames"

Xulgado en Ferrol por auxilio á rebelión (causa instruída contra os tripulantes do vapor "Galdames") co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutada por 2 anos en marzo do 1940


Antonio Caamaño Uhía (Antonio do Ricardón)

Outras tipoloxías represivas

Home de 29 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Deserción. Fixo a guerra na zona republicana. Estivo en Francia nun campo de prisioneiros 14 meses.


Antonio Riomao Lago

Prisión

Home de 24 anos, Militar

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Tal-Muros, Muros (A Coruña)

Mariño do Almirante Valdés

Xulgado en Ferrol por rebelión militar (contra tripulantes do destrutor "Almirante Valdés") co resultado prisión 12 anos e 1 día


Antonio Santiago Lago

Proceso

Home de 22 anos, Xornaleiro/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Corcubión, Corcubión

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado sobresemento


Antonio Penela Fenández

Detención

Home de 32 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Badernado, Muros (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol sendo posto en liberdade


Benedicto Segundo Siaba Malvarez

Prisión

Home de 24 anos

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Erandio-Biskaia, Biskaia

Declarado desertor. Servizo no exército republicano. Prisioneiro de guerra. Xulgado co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación. Pasa polos Campos de concentración de Santoña, Soria, Deusto e Traballo forzado na SCN de Sestao.

Benito Figueiras Ramas

Proceso

Home de 31 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Causa instruída en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de ser declarado en rebeldía.


Carlos Iglesias Castro

Prisión

Home de 25 anos, Estudante

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

PCE, Membro da FUE.

Prisioneiro de guerra cumprindo condea no Campo de Concentración de Camposancos-A Guarda.


Casiano Domingo Tobío Creo

Proceso

Home de 20 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Esteiro-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía


César Formoso Figueroa

Prisión

Home de 41 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Xulgado na Coruña co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Claro José Sendón

Exilio

Home

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: A Coruña, A Coruña

CNT, Comité da CRG e Comité Nacional da CNT

Fuxiu á zona republicana. Morre de tise en EEUU nunha xira de propaganda


Concepción Figueiras Lago

Detención

Muller de 46 anos, Xornaleiro/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Espiñeredo-Serres, Muros (A Coruña)

Inculpada en causa militar en Compostela co resultado de sobresemento provisional e posteriormente posta en liberdade. O seu irmán José Luis tamén detido. Un fillo no servizo militar no exército sublevado


Eduardo Romaní Abeijón

Campo de Exterminio

Home de 26 anos

Natural de Muros (A Coruña)

Morto o 08 de xullo de 1941

Fuxido e loita no exército republicano. Deportado a Mauthausen en xaneiro do 1941, trasladado a Gusen en febreiro onde morre


Eduardo Sestayo Lago

Prisión

Home de 22 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros (A Coruña)

Cumprindo servizo militar na Mariña. Tripulante do "Miguel de Cervantes"

Combateu no exército republicano. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua (1940)


Eliseo Fernández Freire

Proceso

Home de 23 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Solleiros-Muros, Muros (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía


Eliseo Martínez Tajes

Outras tipoloxías represivas

Home de 25 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Serres, Muros (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado, pasou por diversos campos de concentración e batallón de traballadores 16 (licenciado en 1939)


Felipe Paz Fernández

Proceso

Home, Enxeñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Noia, Noia

Xulgado en Ceuta por rebelión co resultado de absolución. Causa aberta por deserción en Ferrol co resultado sobresemento definitivo e queda en liberdade


Felix García Lado

Outras tipoloxías represivas

Home de 19 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Baños-Muros, Muros (A Coruña)

Deserción. Campo de concentración de Cedeira e batallón de traballadores 132


Francisco Rodríguez Rodríguez

Proceso

Home de 40 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Esteiro-Muros, Muros (A Coruña)

Tripulación do vapor de carga "Itxas-Alde"

Xulgado por adhesión á rebelión (causa instruída contra a tripulación do vapor de carga "Itxas-Alde") co resultado de sentencia absolución


Francisco Lago Rodríguez

Prisión

Home de 36 anos

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por rebelión militar (fuxida a Francia do bou "Tiburón" e capturado cando intentaba entrar en España) co resultado sentencia prisión 12 anos e 1 día. Conmutación por 6 anos e 1 día


Francisco Horacio Rodríguez Suárez "Paquito"

Prisión

Home de 38 anos, Mestre/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Serres, Muros (A Coruña)

PSOE, Concelleiro

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.


Francisco M. Abeijón Brea

Proceso

Home de 26 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Esteiro-Muros, Muros (A Coruña)

Causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía


Inocencio Belarmino Núñez Figueiras

Proceso

Home de 20 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Tras da Costa-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser fuxido e en rebeldía


Jesús Fernández Lestón

Paseo

Home de 26 anos, Xornaleiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Serres, Muros (A Coruña)

Morto o 30 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Arteixo a causa de destrución do cerebro. Aparición do cadáver en Balcobo-Barrañán-Arteixo.


Joaquín Caamaño García

Proceso

Home de 23 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción co resultado de sobresemento ser declarado en rebeldía e fuxido. Preséntase en 1945 e sobresemento provisional


José Luces Iglesias

Proceso

Home de 41 anos, Mestre/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Vilasobroso, Mondariz

PSOE, Da Sociedade de Oficios Varios. Membro da Casa do Pobo

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de absolución. Separación do servizo e baixa no escalafón o 11-05-1940.


José Fernández Santiago

Execución

Home de 42 anos

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros (A Coruña)

CNT, Pasaxeiro do "Udondo"

Morto o 25 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.


José Fernández Lestón

Proceso

Home de 21 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Baño-Muros, Muros (A Coruña)

Tripulante do buque da CAMPSA "Campeche"

Tiña causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas) en Ferrol, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía


José Romero Fernández

Outras tipoloxías represivas

Home, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Tal, Muros (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Prisioneiro de guerra e castigado nun batallón de traballadores. Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sobresemento.


José Formoso Louro

Proceso

Home de 28 anos, Labrego/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sobresemento definitivo e indultado. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas). Semella que fuxiu a Cuba


José Beiro Vázquez

Outras tipoloxías represivas

Home de 29 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Serres-Muros, Muros (A Coruña)

Deserción. Prisioneiro e Campo de Miranda e batallón de traballadores 130 até 1940. Aplicado indulto en 1945.


José Veloso Mallo "Trotsky"

Prisión

Home de 45 anos, Carpinteiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Esteiro, Muros (A Coruña)

Alcalde

Fuxido. Combate no exército republicano. Prisioneiro de guerra, enviado a un batallón de traballadores. Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.


José Beloso Tobío

Proceso

Home de 48 anos, Carpinteiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Santiago por rebelión


José Botana Gallardo

Detención

Home de 47 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento.

José Lestón Moledo "Coneta"

Proceso

Home de 33 anos, Mariño

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Abelleira, Muros (A Coruña)

Mariño mercante

Xulgado en Ferrol co resultado de sobresemento e posta en liberdade.


José Antonio María Mouriño Arias

Proceso

Home de 29 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Fixo a guerra na zona republicana. Campo de concentración e batallón de traballadores. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sobresemento


José Luis Figueiras Lago

Detención

Home de 29 anos, Canteiro/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Espiñeredo-Serres, Muros (A Coruña)

UGT, Concelleiro

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión co resultado de sobresemento e sanción de 100 pesetas.


José María Veloso Brea

Proceso

Home de 30 anos

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: A Coruña, A Coruña

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión (causa instruída contra a tripulación vapores "Rita Esperanza" e "Lourdes" que fuxiron) co resultado de sentencia absolución e queda en liberdade


José Ventura Tobío Olveira

Prisión

Home de 28 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Esteiro-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado sentencia prisión 1 ano. Conmutación pola prisión xa vivida no proceso


Juan Camaño Rama

Proceso

Home de 42 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Maio-Esteiro, Muros (A Coruña)

Tripulación do vapor de carga "Itxas-Alde"

Xulgado en San Sebastián por adhesión á rebelión co resultado de absolución


Juan Martínez Obelleira.

Proceso

Home de 27 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Serres-Muros, Muros (A Coruña)

Causa instruída en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía


Juan Saborido Riveiro

Proceso

Home de 23 anos, Follalateiro/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Creo-Esteiro-Muros, Muros (A Coruña)

Tripulante do vapor "Arriluze"

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de absolución


Juan Martínez Vidal "Rola"

Prisión

Home de 24 anos, Albanel

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Serres, Muros (A Coruña)

Fuxido até 1945, data na que se presenta. Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentenza a 6 anos de prisión.


Juan Malvarez Pérez "Oiga"

Proceso

Home de 23 anos, Zapateiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de declaración en rebeldía.


Lino Tieles Blanco "Boxeador"

Prisión

Home de 22 anos, Boxeador

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Serres, Muros (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Conmutación a cadea perpetua.Ao sair da cadea marcha a Francia onde refai a súa vida


Manuel Romero Piñeiro

Proceso

Home de 56 anos, Empregado/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Vigo

Xulgado en Vigo por reunión clandestina co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado de Orde Pública.


Manuel Torea García

Proceso

Home de 23 anos

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Valencia, Valencia

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía


Manuel Luces Tubío

Prisión

Home de 25 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Campos de Concentración e Batallóns de traballadores 14 meses. Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) sentencia prisión 1 ano (1942)


.

Manuel Caamaño Búa "Manuel de Magallanes"

Proceso

Home de 52 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Serres-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de declaración en rebeldía.


Manuel Varela Gudín

Prisión

Home de 30 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado prisión 1 ano e 1 día (1942). Aplicado o indulto de 1939


Manuel García Lestón

Prisión

Home de 28 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Baño-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de sentencia prisión 2 anos (1945). Foille aplicado o indulto


Manuel Mayo Fernández "Carballeira"

Proceso

Home de 44 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Carpinteiro nun barco. Concelleiro

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sobresemento.


Manuel Tobío Romaní "Maranqueiro"

Proceso

Home de 37 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado na Coruña por rebelión co resultado de declaración en rebeldía.


Manuel Sestayo Barreiros

Prisión

Home, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.


Manuel Ramón Fernández Martínez

Prisión

Home de 38 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol co resultado de sentenza a cadea perpetua


Marcelino Quintela Noya

Prisión

Home de 22 anos, Militar

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros, Muros (A Coruña)

Mariño

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de sentencia prisión 6 anos. Indultado en outubro do 1939


Maximino Rodríguez Lago

Outras tipoloxías represivas

Home de 27 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Abelleira, Muros (A Coruña)

Combateu no exército republicano. Capturado, preso en Camposancos dende abril do 1938 e logo batallón de traballadores 122.


Nicasio Saura Salgado

Proceso

Home de 21 anos, Militar

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Baño-Muros, Muros (A Coruña)

Mariño. Fogoneiro Preferente do "Cervera"

Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída polos sucesos do "Cervera") co resultado de sobresemento provisional en abril do 1937


Pedro Priegue Priegue

Paseo

Home de 68 anos, Labrego/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Torea, Muros (A Coruña)

Morto o 22 de agosto de 1936

Morte rexistrada na Estibada de Lapido-Ortoño-Ames a causa de desintegración da masa cerebral.Inscrito inicialmente coma un cadáver descoñecido e identificado o 31-7-1939.


Pedro Filgueiras Lezón

Detención

Home de 30 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento.


Pedro García Fernández

Prisión

Home de 23 anos, Estudante

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros (A Coruña)

UGT, Directivo da Unión de Traballadores de Mar e Terra

Fuxido. Combate no exército republicano. Prisioneiro de guerra. Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.


Peregrino Lestón González

Prisión

Home de 25 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Baño, Muros (A Coruña)

Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión militar co resultado sentenza a cadea perpetua.


Rafael León Figueroa

Outras tipoloxías represivas

Home de 24 anos, Xornaleiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: A Coruña, A Coruña

Fixo a guerra na zona republicana. Capturado en Santander e enviado a un batallón de traballadores en Guadalajara.


Ramón Fernández Fernández

Execución

Home de 29 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Muros (A Coruña)

Do Udondo

Morto o 25 de setembro de 1936

Morte rexistrada en Ferrol a causa de feridas de arma de fogo.


Ramón Piñeiro Mayo "Cabea"

Prisión

Home de 36 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

CNT, Delegado da "Unión Petrolífera"

Xulgado en Vigo por coacción co resultado de sentencia prisión 3 meses e multa 250 ptas. Excarcelación en marzo do 1937, multa pagada en prazos e suspensión do seu cargo


Ramón París Sande

Outras tipoloxías represivas

Home de 19 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Bornalle-Abelleira-Muros, Muros (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por deserción. Fuxe e combate no exército republicano. Capturado e ingresado nos campos de Santander e Miranda e castigado no Batallón de Traballadores 122, sendo licenciado en 1939. Retómase a súa causa sendo sobreseido.


Ramón Lestón Mayo

Proceso

Home de 28 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Abelleira-Muros, Muros (A Coruña)

Estivo embarcado no Arola-Mendi durante a guerra que fixo na zona republicana. Causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de sentencia absolución e queda en liberdade


Ramón Antonio Lago Cantariño

Outras tipoloxías represivas

Home de 24 anos, Labrego/a

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Obelleiro, Muros (A Coruña)

Combateu no exército republicano. Enviado a un Batallón de traballadores.


Ramón Bernardo Formoso Caamaño

Prisión

Home de 30 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Vigo, Vigo

Fuxiu á zona republicana. Estivo na prisión provincial de Tarragona até 02/40. Causa aberta en Ferrol por deserción co resutlado de sentenz a prisión 6 anos


Rita López Gallego

Proceso

Muller de 69 anos, Pensionista

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: A Coruña, A Coruña

Xulgada en A Coruña por rebelión co resultado de sobresemento e multa


Serafín E. Saborido Núñez

Proceso

Home de 24 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Bilbao, Bilbao

Tiña causa aberta por deserción (non se ter presentado a filas) en Ferrol, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía


Victorio Lage Fernández

Proceso

Home de 23 anos, Mariñeiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Tal-Muros, Muros (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía


Victorio Lago Fernández

Exilio

Home de 22 anos, Fogoneiro

Natural de Muros (A Coruña)

Veciñanza: Tal, Muros (A Coruña)

CNT

Fixo a guerra no exército republicano. Ao remate no campo de refuxiados de Argeles-Franza.


Os Campos de Concentración en Muros

Cronoloxia Muradana (11)

Acto falanxista na praza do mercado (Do arquivo de Xosé Manuel Otero)

 

 

1936.- 21 de agosto, venres. Foi asasinado no lugar da "Coviña", parroquia de O Freixo, o deputado a Cortes por Melilla, Don Luis Barrena e Alonso de Ojeda, a quen foron a buscar ao seu domicilio de Muros onde, do mesmo xeito que noutros anos, achábase de vacacións.

Don Luis Barrena non tivo nin seis meses para facer valer a súa certificación de deputado porque caía abatido, á idade de 41 anos, precisamente por ser deputado de esquerdas por Melilla. Franco matouno e o Rexistro Civil de Outes (A Coruña) non tivo inconveniente en certificar, na súa acta de defunción, que morreu en Sabardes como consecuencia dunha "hemorragia" e, ademais, di o certificado do rexistro que "se ignora se outorga testamento".

Debeu ser a hemorraxia producida polos disparos da ditadura de Franco Bahamonde porque a este mozo avogado non se lle coñecía enfermidade algunha. Os seus restos están no cemiterio de Sabardes.

O 17 de xullo Barrena encontrábase en Madrid. O 14 dese mes houbo unha reunión do grupo parlamentario de Unión Republicana na que se produciron graves discrepancias entre os seus membros xa que algúns propuxeron, incluso, romper co Goberno.

Porén e ante a sublevación militar, os deputados de Unión Republicana pecharon filas xunto ao poder lexítimo e moitos marcharon ás súas provincias para colaborar coas autoridades no mantemento da orde constitucional. Xa que Melilla foi a primeira cidade española en caer en mans franquistas, Barrena decidiu ir a Coruña, provincia que coñecía xa que a familia da súa muller era de alí e tiñan unha casa en Muros onde adoitaban veranear.

Colleu o tren a Coruña o 18 pola noite coincidindo co deputado pola devandita provincia José Miñones, tamén de Unión Republicana. Na estación esperábaos o compañeiro de partido e deputado García Ramos, dirixíndose os tres a entrevistarse co xeneral Salcedo que mandaba a oitava división. Non o conséguen xa que o axudante do xeral llo impídeo coa escusa de que este estaba descansando e márchanse. Posteriormente, cando Salcedo se entera da visita dos deputados envía a buscalos pero soamente encontran a Miñones.

Barrena trasladouse a Muros ante o presumible fracaso das súas xestións e alí é detido e asasinado. Segundo conversación entre José Marqués e María Soledad, filla de Luís Barrena, na noite do 21 de agosto de 1936, uns falanxistas chegaron á súa casa e obrigaron a Barrena a acompañalos para "prestar declaración", á mañá seguinte o seu cadáver apareceu tirado nunha cuneta ás aforas de Muros con dous impactos de bala no cabeza.

Luis Barrena, el diputado por Melilla olvidado

O "Xardín da memoria" en Outes

1936.- 22 de agosto, Foi asasinado por unha partida de fascistas que o conducían detido para Santiago, na costa de "San Xusto" Don Pedro Priegue Priegue, veciño de "Riomao" na parroquia de San Xián de "Torea".

Pedro Priegue Priegue

 

 

O señor Pedro marchou na segunda metade do século XIX sendo case un neno para a emigración como ultimo recurso para fuxir da miseria e da fame. Sen haber ido un so día da súa vida a escola e sen saber ler nin escribir, estaba destinado a ser aló en ultramar un pobre "gallego" mais de tantos que se gañaría os cartos traballando de sol a sol nalgunha facenda .

Pero o señor Pedro tiña ansias de saber e polas noites na barraca onde malvivía xunto con outros desarraigados da terra como el, aprendeu a ler e a escribir axudado por un ourensán que tiña unhas poucas "letras".

E un mundo novo abriuse diante del ! Comezou a devorar libros e a facerse unha idea de como era en realidade o mundo, e claro...quedóuselle pequeno o seu.

Abandonou a cabana e a facenda e abriu en compaña de outro veciño da súa vila e cos poucos aforros que posuía unha tenda de coloniais aló en Usuhaia , no cabo do mundo.

Nunca se fixo rico en cartos nin en bens , pero adquiriu unha firme conciencia social lendo a Marx e a Engels e unha mais que aceptable cultura lendo a Proust , Zola, Nietzsche ou Kant.

Sendo xa maior e habendo xuntado uns cartiños decidiu volver para a súa aldea a disfrutar dos anos que lle quedasen de vida.

E o señor Pedro deixou a emigración e retornou xunto ca súa xa moi extensa biblioteca para a aldea que o vira nacer, o lugar de Riomao na parroquia de San Xián de Torea do concello de Muros; Na segunda década do século XX .

A maioría dos seus antigos veciños mirábano con admiración e tratábano con gran respeto , pero outros criticábano por expoñer en público as súas ideas liberais, e un dos seus mais enconados inimigos era o cura da parroquia.

Pasaron os anos e o tempo pasaba maino para o señor Pedro que vivía case que sempre encerrado na súa casa entre os seus libros, hasta que estalou a guerra.

O señor pedro foi un dos primeiros veciños do noso concello en ser preso polas "cuadrillas" de militantes falanxistas. Unha noite daquel verán do 1936 presentáronse na súa casa unha partida de falanxistas muradáns abordo do Peugeot , propiedade do "Cabaneiro" para prendelo. Os motivos que esgrimiron os esbirros para retelo foron o de posuír libros "revolucionarios" e dar cobixo o garda municipal republicano Manuel Lago Ramos , mais coñecido por "Outeiro".

O día 22 de Agosto de 1936 o señor Pedro embarcárono abordo dun camión cara a Santiago para ser posto a disposición do comandante militar da praza; Nunca chegou o seu destino. Na costa de San Xusto no concello de Lousame , preto do mosteiro de Toxosoutos foi asasinado .

A noticia da súa morte correu como a pólvora por entre os veciños de Muros e as mulleres (sempre as mulleres) mentres enchían as súas caldeiras de auga arredor da fonte dos picholos na porta do concello, empezaron a berrar contra os alí reunidos. Os gritos de ASASINOS! xurdiron con forza dos peitos daquelas valentes mulleres e retumbaron nas paredes do vello concello, mentres os homes ca boina tombada sobre os ollos para ocultar o seu medo, ou a súa vergoña, mantíñanse afastados da praza.

O xefe local das milicias falanxistas berraba para tratar de facerse oír ante a corporación municipal de que non foran eles quen o mataran , que foran os falanxistas de Ribeira os que "pasearan" o señor Pedro e exculpaba de calquera responsabilidade no suceso os seus compañeiros Goday, Ferro Vello e outros. Xa tanto daba quen fora!...

Os restos mortais do Señor Pedro Priegue Priegue veciño do lugar de Riomao da parroquia de San Xián de Torea foron soterrados o carón dunha curva do camiño onde lle foi quitada a vida.

Foi morto por saber, e xunto a el quixeron matar as súas ideas.

A Morte do Señor Pedro

1936.- O día 1 de setembro foi asasinado por unha partida de falangistas coa axuda dalgún garda civil o mestre de Louro, D. José Álvarez López, natural de Santa Comba. O seu cadáver foi abandonado no camiño que leva de Louro a Taxes. Aínda hoxe a ese camiño se lle lembra co nome de "Corredoira do Mestre".