
Non fai moito tempo caeu nas miñas mans un libro titulado Homes de ferro en barcos de madeira , editado pola Caixanova e escrito por Esperanza Piñeiro e Andrés Gomez.
Falaba entre outras cousas dos homes de mar que andaban no Gran Sol nos tempos onde Pescar no Gran Sol era algo mais que andar o MAR.
Impactoume o libro e sobre todo o titulo.
Eu como so son mariñeiro das costas da nosa Galicia e endexamais cheguei mais aló de 60 millas mar adentro ou mais o norte que a Estaca de Bares nin mais o sur do río Miño. So me atrevo a titular estas verbas reducindo a categoría dos materiais empregados na construccion dos homes e dos barcos , facendo de pedra o que noutras augas e de ferro , e trocando en pau o que noutros lares era madeira ( aínda que as mais veces fose aceiro).
Aquí nesta malfadada costa aínda unha grande maioría traballamos en barcos de pau.
O sexa que non esperedes que aquí conte historias de “allende los mares” , nin de tremendos temporais aguantados a capa mais aló da latitude 53 N.
Aquí so se falara da vida e obra e das andanzas dos mariñeiros da nosa costa.
Algunha anécdota se me a de escapar , tamén se me escapara algún ripio.
Pero a función principal de estas verbas será contar a condicións de vida e de traballo que disfrutamos os mariñeiros .
Os incomparables amanexos que solo podemos gozar os que estamos antes de que Lourenzo asome a súa dourada testa por encima do Ara Solis .
Ou os inenarrables solpores onde o sol vai facendo que o ceo cambie a cada pouco de tonalidade. Dende o azul ate o vermello pasando pola gama mais ampla de tonos imaxinables entre eses dou cores.
Ou quizais nestas verbas , cólense anacos de maxín.
Moitas horas de garda e de soidade dan para que o maxín sexa a mellor compaña.



