La Coctelera

Categoría: Xente de Muros

A Asociación Faltriqueira na festa da Muiñeira.

O pasado sábado , día primeiro de Maio, celebrouse na localidade de Cee a "Festa da Muiñeira", unha concentración de grupos folclóricos coa asistencia de numerosas formacións de toda a contorna.

A representación de grupos do concello muradán estivo composta por tres grupos das diferentes parroquias do municipio: a agrupación folclórica Ximiela, de louro;  Xeitura, de esteiro e pola asociación cultural Faltriqueira de Muros.

Esta última asociación xa de longa andaina na vila e despois de varias remodelacións e cambios de directiva, renace agora das súas cinzas e está presidida por don Vicente Brea Soto;  a súa finalidade é divulgar a cultura galega, mais concretamente o seu folclore.

Dita asociación que na actualidade esta composta por trinta e dúas persoas, as que a maioría son maiores de corenta anos, aínda que tamén participan mozos e nenos,  abrangue as actividades de baile , gaita e pandeireta.

No pasado ten actuado en varias localidades, acadando varios premios, e logo de estar inactiva durante dous anos, fíxose cargo dela esta nova directiva, dando así comezo unha nova andaina para esta xa veterana formación.

Desexamos que Faltriqueira poda seguir avanzando na súa labor cultural, e poña en valor a nosa música, as nosas tradicións e a nosa cultura.

Aquí vos deixo unha escolla de imaxes do pasado sábado en Cee.

A.C.D.E.O. FALTRIQUEIRA

 


Juan Ramón, Toña, Pepa e Cholo

 


Cira, Maruxa e Gala

 


 

 


Pasa rúas por Cee

 


 


A Mocidade de Faltriqueira

 


Maruxa

 


 

 


Pepa Maruxa e Manuel

 


Pepa e Alberto

 


Iria e Alberto

 


 

 

 

 

 

 

"Habemus Boda!"

Aquela cousiña pequena, aquel anaquiño de min, de nós, que naceu un dia de outubro de fai xa 27 anos, casásenos.

Que sensación tan marabillosa poder coller nas miñas torpes mans de mariñeiro ó meu FILLO por primeira vez. Son momentos que un nunca poderá esquecer mentres viva. Parece unha "cursileria" dicilo, pero ese neno foi ó primeiro froito moi desexado do Amor dun novo matrimonio que comezaba a súa andaina pola vida en parella.

Non puiden gozar dos primeiros anos da túa nenez como eu quixese. Daquela pasaba embarcado todo o mes e solo podía pasar tres días na casa de descanso. Pero ó chegar aqueles días e poder volver a coller aquel neno chorón que eras, no meu colo... a recompensa era tan grande e o estimulo tan poderoso, que me daban azos para poder soportar volver a pasar outro mes fora da casa.

Pasaba as horas mortas no mar escribindo e botando de menos a miña familia. Aínda nalgún caixón da casa teñen que andar algún daqueles inocentes poemas que escribía para lerche cando foses maior e que logo nunca me atrevín a facelo, porque co paso dos anos parecíanme "ridículos"

Pola porta de Manuel

Pasa un regato pequeno

que ven cargado de axóuxeres

pra arrolar o noso neno.

Os anos foron esvarando serenamente , mainos, sen grandes sobresaltos. E salvo algún oso escachado e algunha nariz esnafrada (gajes do oficio), sempre fostes o fillo que calquera pai desexaría ter.

A parte fundamental de que todo fose como tiña que ser, como ti e todos ben sabemos, foi a túa nai. O agarimo, a tenrura, a paciencia, os coidados, os desvelos; A veces tamén as bagoas agochadas para que ninguén as vise... Pero que che vou a dicir eu de Mamá, se me educou a min tamén! Eu ollaba e deixaba facer, porque sabia que todo estaba en boas... nas mellores mans que poden coidar e educar a un fillo, que son as da súa nai.

Pasaron xa 27 anos e agora comezas una nova etapa na túa vida xunto a Iria. Unha filla da Vila e tamén do mar. Lémbrome perfectamente do seu avó, o señor Manuel, mariñeiro pescador dos bos, daqueles que tiñan o mar nos ollos, no peito, nas mans e nas costas. Un home bo é xeneroso ó que sempre recordo cun sorriso e unha verba agarimosa nos seus beizos.

Non seguirá en vos a tradición do mar. Iria técnico de laboratorio e Manolo enxeñeiro. Pero pídovos os dous que nunca esquezades de onde sodes e de onde vindes, porque o mar foi o voso berce e o murmurio das ondas e do vento o voso mellor axóuxere. Ese mesmo mar que tamén foi berce de Felipe de Chuvasco e de Manuel da Chinita,  e que hoxe aló no mar da eternidade onde se atope a súa memoria...estarán moi orgullosos de vos, tanto ou mais, como nós todos o estamos.

Querédevos, amádevos e respetadevos sempre e por riba de todo . E ídenos facendo avós, que xa van sendo horas!

A coleccion de "Porrua"

José Manuel con unha peza de 48 centímetros de Sirix Araunus  procedente de Australia

 


Don José Manuel Formoso Luces (Porrua) está dedicado a unha singular afección, a malacoloxía. Está composta a súa colección por arredor de 3.000 pezas, algunhas delas moi raras e outras de gran valor económico, como unha "Cypraem Guttata" pola que tivo que pagar no seu tempo 45.000 das antigas pesetas, ou unha "Conus Gloriamaris" 30.000. Ptas. 
Na década dos 80 e grazas ás achegas realizadas por algúns mariñeiros locais, José Manuel comezou a atesourar cunchas. Mais tarde visitando e facendo compras en exposicións especializadas e intercambiando pezas con outros afeccionados á malacoloxía, logrou atesourar unha mostra extensa de cunchas de tódolos océanos do planeta. Unha colección que xa expuxo con gran éxito en moitos lugares e que hoxe en día é un referente en toda Galicia.
Fai uns días puidemos visitar o taller onde pasa moitas horas do día dedicado á súa afección.
Estas son algunhas das imaxes que puidemos tomar.


Numeradas e clasificadas cada unha das pezas

 


Unha das cunchas mais prezadas da colección procedente de Filipinas

 


Un fermoso exemplar de coral abundante nas augas de Galicia

 


Diversidade de formas e cores

 


Porrua cunha das "Biblias" da malacoloxía

 

 


 

 

Veleiros feitos por José Manuel con vidros atopados nas praias

 


Ducias de caixas gardan o seu particular tesouro

 


 

 

Estrelas de mar de variadas formas e tamaños

 


 

Distintas variedades de caramuxas

 


Lingueiróns e navallas das praias de Muros

 


Nautilus

 

 


 

Cantos tesouros garda o mar!