La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

26, nov

Homes de pedra en barcos de pau

homesdepedraenbarcosdepau En: primeiras verbas na bitacora



Non fai moito tempo caeu nas miñas mans un libro titulado Homes de ferro en barcos de madeira , editado pola Caixanova e escrito por Esperanza Piñeiro e Andrés Gomez.
Falaba entre outras cousas dos homes de mar que andaban no Gran Sol nos tempos onde Pescar no Gran Sol era algo mais que andar o MAR.
Impactoume o libro e sobre todo o titulo.
Eu como so son mariñeiro das costas da nosa Galicia e endexamais cheguei mais aló de 60 millas mar adentro ou mais o norte que a Estaca de Bares nin mais o sur do río Miño. So me atrevo a titular estas verbas reducindo a categoría dos materiais empregados na construccion dos homes e dos barcos , facendo de pedra o que noutras augas e de ferro , e trocando en pau o que noutros lares era madeira ( aínda que as mais veces fose aceiro).
Aquí nesta malfadada costa aínda unha grande maioría traballamos en barcos de pau.
O sexa que non esperedes que aquí conte historias de “allende los mares” , nin de tremendos temporais aguantados a capa mais aló da latitude 53 N.
Aquí so se falara da vida e obra e das andanzas dos mariñeiros da nosa costa.
Algunha anécdota se me a de escapar , tamén se me escapara algún ripio.
Pero a función principal de estas verbas será contar a condicións de vida e de traballo que disfrutamos os mariñeiros .
Os incomparables amanexos que solo podemos gozar os que estamos antes de que Lourenzo asome a súa dourada testa por encima do Ara Solis .
Ou os inenarrables solpores onde o sol vai facendo que o ceo cambie a cada pouco de tonalidade. Dende o azul ate o vermello pasando pola gama mais ampla de tonos imaxinables entre eses dou cores.
Ou quizais nestas verbas , cólense anacos de maxín.
Moitas horas de garda e de soidade dan para que o maxín sexa a mellor compaña.

2 comentarios

M H

13 nov 2009 | 11:16 PM

Avatar

Hola Homes de Pedra en Barcos de Pau.

Gustoume atopar esta entrada porque a min tamén me impactou a frase, en canto a lin pinchei no enlace e así cheguei a esta páxina, que me parece de moito interese, e por eso si te parece ben vou poñer un enlace ó teu blog dende o meu, ó que estás invitado por suposto (e si se te escapa nel algunha anécdota, benvida sexa)
Por certo noraboa polo premio, oxalá che aumente as ganas de contarnos moitas cousas!
Un saúdo

homesdepedraenbarcosdepau

18 nov 2009 | 10:29 AM

Avatar

Ola MH
Grazas polo teu comentario. xa visitei a tua paxina e pareceme interesantisima. Tamén puxen un enlace a ela e visitareite moi a miudo.
Apertas desde Muros

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM