O segredo de la felicidade e ter gustos sinxelos e unha mente complexa, o problema e que a miúdo a mente e sinxela e os gustos son complexos." Fernando Savater

Unha balea varada.

Así e como me sinto estes días , como unha balea varada polo bandullo nunha praia deserta.
Fai pouco mais de unha semana que o barco onde traballo esta en reparacións no asteleiro , son os primeiros días de descanso despois de un ano esgotador.
Todo un ano esperando a que chegue a reparación para descansar o corpo e mais a cachola , e so despois de unha semana,¡xa teño soidades do mar! .
Síntome en terra , inactivo , fora de lugar , pouco participativo da vida social da miña vila.
¿Será que despois de trinta anos de mar , un torna en unha especie nova de anfibio que non sabe estar no mar nin estar en terra?
A verdade que as veces teño dubidas de si a miña respiración se fai a través de
Pulmóns ou de galadas.

O certo e que arelar o mar en tan pouco tempo de estar en terra , teño medo se sexa patolóxico. Porque sei que sen xénero de dubida a semana de volver a estar embarcado, xa estarei a contar os meses que faltan para a próxima varada.

Hai unha expresión moi certeira no ámbito mariñeiro para definir este estado de ánimo.
“ ¡ NON HAI CARALLO QUE CHE FAGA¡”.
Pois debe ser iso o que me esta acontecer a min que nin para o remo nin para a vela , senón todo o contrario.

Ate outra cocedura dende o noso mar.
DEICA