Un relato a modo de caderno de bitácora dun de tantos temporais pasados na costa da morte.
O temporal
Atopámonos largando a rede o mar as tres da tarde a unhas 15 millas o Oeste de cabo Vilano. Na zona coñecida como a quiniela.
O tempo e fresquiño do suroeste mais ou menos forza 4-5 . Os partes xa fai horas que están a dar aviso de temporal con ventos do suroeste forza 9-10.
Apuramos as faenas de pesca e decidimos largar o lance cara o sur, para ir gañando millas mais preto do noso porto.
Si chegamos a altura do cabo da Nave as sete da tarde , miraremos en ese intre como están as condicións do mar e do vento .
HRB.16.00: unha hora despois de largar o vento comeza a afrescar con rachas xa de 6 a 7 , obrigándonos a apurar as revolucións do motor para poder manter a velocidade constante de 3.3 nudos cada hora. Os salseiros comezan a salpicar os cristais das fiestras da ponte de goberno e os balanceo do barco no medio das ondas empezase a facer incomodo.
O mar de fondo do NW. Ten unha altura de onda de 4 metros e co mar de vento do SW. Fai un contraste singular no que as veces non sabes ben de onde vai a vir o embate.
Non chove , pero o ceo ten un color de chumbo que ennegrece canta mais para fora oeste mires.
HRB. 17.00 : O vento e a marexada afrescan cada vez mais . Xa nos costa traballo seguir mantendo a velocidade de arrastre . O GPS. Indica as veces que a velocidade e menor de tres nudos e xa non queda mais maquina para darlle porque as temperaturas de escape do motor xa sobrepasan os 400 graos . comezo a ter preocupación de que a rede se clave no fondo fangoso o non poder desarrollar mais velocidade. Aínda faltan seis millas para chegar o pozo da nave.
HRB. 17.45 o vento cada vez afresca mais . Calculo que xa estará en forza 8 .
Decido chamar a tripulación para recoller as artes e poñer proa de porto para buscar abrigo .
Comeza a chover e chega a noite de repente temos que acender o aluminado do barco para a manobra de virado do cable.
HRB. 18.30 temos xa todo abordo (non sen traballos) e poñemos rumbo de sueste en demanda de Monte Louro. Doulle instrucións patrón de costa que navegue con unha marcha moderada mentres os mariñeiros escolles o peixe e arranxan a cuberta , e que logo de acabaren e de estibar todo me avise para decidir a maquina que se lle pode dar.
HRB. 19.50 rematadas as faenas na cuberta , espértame o patrón de costa e comprobo que o tempo arreciou considerablemente . Ademais en case que hora e media no avanzamos 5 millas . Sopeso a posibilidade de poñer en popa o vento para un porto da ría de Camariñas , pero os partes continúan a ser moi malos e tanto en Muxía como en Camariñas non son portos bos para abrigarse con temporal de SW. E mar de fondo de NW.
Quédanos por diante unha noite moi longa.
HRB 21.00 atopámonos a unhas tres millas o Oeste de cabo Fisterra avanzamos moi pouco a unha media de 4 millas por hora.
O temporal xa esta encima de nos.
A marexada e xa e moi forte e a cada embate da proa cas ondas encapillamos , anegándose a cuberta por completo.
Mando o contramestre que retire os cuarteis e panas de división da cuberta para que a auga que embarca poida correr libre e que revise os embornais que non estean atrancados con lixo.
A visibilidade e nula, os cristais da ponte están anegados de auga de mar que se mestura ca auga doce da chuvia facendo unha case que impenetrable cortina que impide ver....¡ a escuridade da noite!.
¡Que contrasentido ..ollar a escuridade!.
De vez en cando sube un tripulante a ponte con cara de preocupación para preguntar a que altura estamos e canto falta para porto . O costa dálle os detalles pertinentes e o mariñeiro perdese pola trapela para dar a novidade os compañeiros.
Continuara...
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados