unha breve reseña historica da moi nobre , moi leal ,e moi humanitaria Vila De Muros.

A vila foi fundada, segundo parece, polo rei Sancho IV o Craso no século X. Desta época é o primeiro documento fidedigno referido a Muros e a seu alfoz, que se estendía a partir da desembocadura do Xallas, no Ézaro, ata a do Tambre no que hoxe é Ponte Nafonso.

·Pero isto non quere dicir que non existise neste emprazamento unha importante poboación, como o demostran os restos prehistóricos descubertos en diversos lugares, especialmente as estacións de arte rupestre da Idade do Bronce ou os restos da calzada romana fronte á illa da Creba.

·A finais do século XIII deixou de ser vila realenga para pasar a depender da sé Compostelá, por unha concesión de Fernando IV que cambiouna pola praza de Tarifa. O escudo do concello conserva os emblemas de Castela e León como lembranza da súa dependencia dos soberanos daqueles reinos; as dúas vieiras, que acompañan a unha carabela, refírense á súa dependencia compostelá.

·A carabela fai alusión á participación dos navíos locais na conquista de Málaga en 1487. O Concello que gobernaba a vila reuníase no atrio da igrexa de San Pedro e alí deliberaban tamén os integrantes do gremio chamado Mar de Muros. No ano 1452, o rei de Castela, Juan II, cítao como un dos máis grandes portos de Galicia, habilitándoo para exportar e importar.

·Nel cabían máis de 50 barcos, segundo o relato do cardeal Foxo, que visitouno no século XVII. Pouco antes, no 1544, a boca da ría foi escenario da batalla de Muros, na que o escuadro francesa foi derrotada pola española, mandada polo almirante Alvaro de Bazán.

·Na guerra da Independencia padeceu un terrible ataque das tropas napoleónicas que estragaron o hotel en pouco máis de doce horas. Aquí naceron os tres famosos bispos do mesmo nome: Diego de Muros. O máis coñecido foi Diego de Muros II, secretario do cardeal Mendoza.

·El foi quen deulles aos Reis Católicos a idea de facer o Hospital Real de Santiago, actual Hostal, e quen fundou, en 1501, o Estudo de Humanidades que daría orixe á Universidade compostelá.