Artigo obtido da wikipedia no que se relata o naufraxio do Serpent, famoso por estar enterrados os seus tripulantes no Cemiterio dos Ingleses (Reira- Camariñas-A Coruña)

http://é.wikipedia.org/wiki/HMS_Serpent

O comandante da Mariña Real Harry L. Ross zarpa co HMS Serpent do porto de Plymouth o sábado 8 de novembro de 1890. A súa intención era bordear o Cabo de Boa Esperanza e enlazar coa Estación da Costa Oeste Africana nas illas de Madeira en Acra (Sierra Leona). Pero o buque afunde fronte á costa galega o día 10 de novembro de 1890, causando 172 vítimas.

O barco

O Serpent pertence á clase do Archer: oito barcos torpedeiros da Mariña Real Británica en servizo a partir da década de 1880 ata 1910. Trátase dun cruceiro bimotor de terceira clase que desprazaba 1.770 toneladas, medía 68,58 metros de eslora, 10,97 de manga e 4,42 de puntal. Vai armado con canóns de 6 polgadas e oito canóns de tres libras (chamados así polo peso do proxectil que lanzaban), ademais dos tubos lanzatorpedos. O peso do armamento do buque, facía que este se balancease perigosamente coa ondada.

Os oficiais

Comandante Harry Leith Ross: oficial veterano da Mariña Real á que se uniu en 1862. Recibira o mando do Serpent no verán de 1890.
Primeiro Tenente Guy Alnwic John Greville: Tenente desde 1884 con varias accións de guerra no seu historial. Oficial de Derrota, Tenente Peter N. Richards: ascendido a tenente en 1886, sen experiencia de guerra. Sen embargo, coñecía a costa galega ao haber formado parte da escolta de Alfredo, duque de Edimburgo e segundo fillo da Raíña Victoria de Inglaterra.
Torquil John Pollard Ross Macleod: acadou o grao de tenente en 1886, e navegara anteriormente con Greville.

A perda do HMS Serpent.

O domingo 9 de Novembro, o Serpent é zarandeado por unha marusía tan forte cá tripulación pensa que o capitán ordenará o regreso ao porto de partida. Durante varias horas, o barco mantense ao pairo ata que amaina a tormenta. Sen embargo, o tenente Richards non é capaz de avistar o sol para situar con precisión ao buque nas cartas náuticas. Á mañá do día 10, o capitán Ross discutiu longamente co seu Oficial de Derrota acerca da posición e rumbo do barco xa que, malia que o tempo non axudaba, avistarase unha costa polo babor.
Non había néboa, a chuvisca e as nubes reducían a visibilidade, e os barcos que cruzaron o seu rumbo co seu, non advertiron nada estraño no seu modo de navegar. Esa tarde, o mariñeiro Onesipherous Oney Luxton fai a garda de primeiro cuartillo, con ordes expresas do capitán de manter rumbo sudoeste 1/4 sur. Son os mariñeiros Frederick Joseph Gould e Benjamin Burton os encargados das sondas, pero a capitán non lles ordéna medir a profundidade do fondo. Aos oito, Gould e Burton soben a cuberta a facer a garda ata as 12 da noite, cuxo oficial será Richards. Sen embargo, o Comandante permanecerá na ponte, redobrando a vixilancia.

Ás nove da noite, os mandos volven a discutir sobre a posición do buque, ordenando un troco de rumbo ao oeste e pedindo o Comandante que o vixía buscase o van do faro do cabo Vilán pola banda de babor. Pero a noite era pechada e o vixía de babor nin sequera oíu as rompentes. ás dez e media da noite, Gould e Burton descansan en cuberta co chaleco salvavidas posto. Devanditas pezas non eran de uso xeral na Mariña da época, contando o Serpent con nada máis que 25 chalecos para 175 homes. Ao saber a Armada que os únicos superviventes do Serpent levábano, xeneralizouse o seu uso no resto dos buques.
Cando o casco do Serpent cruje encaixándose contra a Punta do Boi a uns nove nós por hora, a maioría da tripulación confúndeo cun simple golpe de mar, ata que alguén berra que embarrancaron. O comandante ordena pechar as portas estancas e librar bótes, orde que transmite o Tenente Richards. Luxon espertouse no seu coy, e o instinto faille coller un dos chalecos cando corre para cuberta. É entón cando o Comandante ordena ás máquinas atrás toda, cousa que resulta imposible. Gould é o patrón do bote de babor e a mar faino achas, tragándose aos oito mariñeiros do bote, agás Gould que queda aferrado ao costado do buque. Un golpe de mar guinda a Luxon ao auga, separándoo do buque. Burton recibiu a orde de soltar todo aquilo que poida flotar para axudar os superviventes, pero o outro bote faise anacos contra as rochas e o Comándate desiste de intentalo de novo, ordenando á mariñeiría subir aos mastros para salvar a vida. Unha onda separa a Burton dos seus compañeiros cando atópase suxeito ás enxarcias. O mar volve a guindarlle sobre a cuberta do barco, momento que o mariñeiro aproveita para desembarazarse de todo o que póidalle impedir nadar. Cando cae novamente ao auga, só viste un xersei e o chaleco.

Dúas horas despois, o esgotado Burton logra acadar a costa. Camiña entre os cadáveres e os corpos agonizantes dos seus compañeiros ata que atopa a Luxon malferido: as rochas estragaron a súa perna dereita. Apoiándose o un no outro, os superviventes camiñan para unha casa que divisan na costa. Tras axudarlles a repoñer forzas, os habitantes acompañan aos mariñeiros á casa do párroco de Xaviña, que os acólle. Gould, o terceiro supervivente, gañou a costa só e só o atopan o alcalde camariñés e mailo axudante de mariña.

A partir do martes 11 comezouse o rescate dos corpos do Serpent. Dada a proximidade á costa do punto do naufraxio, a mar estivo moitos días guindando cadáveres mutilados á costa, que foron enterrados a pé de praia, quedando as 172 vítimas enterradas no Cemiterio dos Ingleses, que foi consagrado o 23 de Novembro. A Corte Marcial, celebrada o 16 de Decembro de 1890 concluíu que a perda do Serpent debeuse a un erro de navegación.
Durante moitos anos cando un buque da armada británica pasaba fronte as costas de Cabo Vilano , rendíanselle honra os náufragos do Serpent cos canonazos de ordenanza.

Cemiterio dos ingleses donde estan soterrados os naufragos do HMS: Serpent