La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

4, dic

SOS COSTA DA MORTE

homesdepedraenbarcosdepau


S.O.S. COSTA DA MORTE

Ramon Bermejo Díaz de Rábago

A todos os que algunha vez visitáchedes Carnota, ós que amades esa terra, ós que na próxima ponte, ou nunha fin de semana , ou este verán vaiades pola nosa costa... avisarvos dunha cousa, triste, máis certa: Facédelle as fotos que podades, filmade en video todo canto poidades, porque o que coñecedes ata o de agora vaise acabar.

Nestes días que estiven de taberneiro ocasional en Carnota puidenme enterar do futuro próximo que se aveciña neste anaco de costa virxe que nos ficaba na nosa terra. Promotoras e Inmobiliarias de Madrid estan a mercar todo canto metro cadrado se poida construir no noso Concello, son coma cen cabalos de Atila, pagan moitisimo máis do que un paisano podería pensar nunca que iba valer un ferrado.

Exemplos:

Lariño: máis de 300 vivendas proxectadas, acaban de mercar todo o terreo que hai dende a estrada xeral ó faro (alí onde estivo a carpa de Nunca Máis).

Lira: perto de mil apartamentos.

Caldebarcos: están a mercar todas as leiras.

O Pindo: xa se está a construir, e mercando o pouco que fica.

Nin os paisanos están moito dacordo con vender, pero ameazanlle con que se non venden acabaránlle por expropiar (axente urbanizador).

Contábame un empregado do Rexistro da Propiedade de Muros que os que mercan as vivendas fanno dende Madrid e por catálogo, nin sequera coñecen o lugar, chéganlle as escrituras dende Notarías de Madrid. Nalgúns casos as promotoras regalan un apartamento na nosa costa ó mercar un de luxo en Madrid...

Temos unha merda de políticos (todos, uns e outros): a nosa costa, o noso mar, a nosa paisaxe, mais desta vez o ataque non ven polo mar en forma de chapapote ou deixando queimar todo o verde que temos; ven por terra en forma de formigon armado e ladrillo. Os responsables de atallar esto son os mesmos, os poderes públicos da Xunta de Galicia. Dos Alcaldiños e os Concellos mellor esquecerse.
Aí vos vai un lema que propoño: MORATORIA DE CONSTRUCCIÓN NA COSTA DA MORTE XA!!!

Pasao!!!!!!!!

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM