La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

8, dic

Naufragio do NIL

homesdepedraenbarcosdepau En: Naufraxios

Durante a primeira decena do mes de outubro de 1927, a costa NW viuse afectada por unha forte cerrazón de neboeira. Ás sete da tarde do día 1O dese mes, como consecuencia de esa néboa e dunha avaría no temón, varaba en Xan Ferreiro, na praia de Arou, o vapor francés Nil, de 4.000 Tm., matriculado en Bordeos e mandado polo capitán Mr. Huarsch, un señor duns 35-40 anos que, mentres estivo en Camelle (uns seis meses) non abandonou os servizos do seu camareiro, o negriño senegalés Vavá, que a todo dicía «ouí monsieur».
O Nil levaba rica carga xeral de Bordeos para Bathrust (Gambia inglesa). Realmente levaba de todo: uns 20 coches, maquinaria, ricas telas, sedaría de Damasco, produtos químicos, farmacéuticos, fariñas... e champán, moito champán. Ao chocar nas rochas de Xan Ferreiro fíxose boquetes que xa lle imposibilitaron a súa saída.
Súas 19 tripulantes e algúns viaxeiros (entre eles, un famoso aviador distinguido na primeira Guerra Mundial chamado Mr. J ullien; o cónsul de Francia en Arieja, Mr. Derts; o de Bathrust, Mr. Orcel, e afamados comerciantes de Gambia, como Mr . Musley, Mrs. D'Enarus e J uquet) foron levados a Camelle, en onde os colmaron de atencións na pensión dunha dona alsaciana e logo trasladados a Corcubión no remolcador «Wilheim Berenderz» con toda a súa equipaxe e demais efectos recuperados. O capitán quedou no barco ata a súa entrega á Compañía de Seguros e máis tarde, en Camelle.
En principio a capitán pensou na posibilidade de sacalo de alí; de aí a presenza do remolcador e de que permanecesen todos tantas horas a bordo, pero, aos dous días xa o barco había feito cama na restinga de Xan Ferreiro e desistiron do empeño.
Como dixemos en principio, o mar foi abrindo boquetes no seu casco, polos que ía saíndo mercancía que se ía espallando pola costa... e as xentes practicaron o rateo playero. O subdesenvolvemento existente, xeral en case toda a Galicia de entón (naquela época, é triste dicilo, preséntasenos a moitos homes tanto do campo como do mar nalgunhas comarcas con pantalóns de tanto remendo que non se sabe cal é a tela de orixe), si se quer xustificar esta acción, porque esta desperdigada mercancía ía ser panacea de moitas economías. Por outra parte, as xentes vían como podrecíanse moitas delas nos improvisados depósitos aduaneiros en espera dun tardío trámite burocrático. A este «pillaxe» acudiron incluso xentes do interior e das rías do norte... e as anécdotas sucedíanse diariamente:
Un, nunha fría noite de defuntos, cargou moi satisfeito un fardo repleto. Observou que o seu contido se revolvía e, cal sería o seu asombro, cando ao miralo viu que cargara nada menos que con “un carabineiro” que se había metido dentro dun saco para resgardarse do frío durante a garda e durmírase.
Outros, ignorando que era leite condensada (de seguro que xamais a viran), pintaron as portas e fiestras de súas casas de tal fluída pintura... e as moscas acudiron a contemplar o cadro.
Despois do naufraxio, como xa apuntamos, e durante uns días, permaneceu Mr. Huarsch a bordo en constante vixilancia para evitar a acción dos demasiado aproveitados que pretendesen saltar ao barco. Pois ben, cando un rapaz de 16 anos intentou facelo para se apoderar dun tentador fardo que xa estaba a piques de caer ao auga, recibiu un tiro de escopeta na cara que disparoulle a capitán. A este custoulle, disque, un proceso e ao rapaz, hoxe mariñeiro xubilado, bastantes días de curas.
A Compañía de Seguros empregou logo a varios homes de Camelle como gardiáns no Nil. Á hora de facer o café, por carecer de auga a bordo, usaron champán... “había de estar bo” Claro que, antes de ferver o da pota xa había feito efecto o que se habían bebido co xantar.
Tanto o barco como a carga foron adquiridos polos coruñeses don Rafael Mosquera Gumiel e a señor Lombardero, os cales, unha vez vendida a carga, cederon o desguace a don José González Lago, Pepe Cereijo, de Corcubión.
Non sabemos se polos recunchos dalgunha bufarda destes pobos -Camelle, Arou, Santa Mariña, etc.- non haberá aínda desperdigadas algunha que outra botella de «Alcohol de menta» ou «Famel» como mostra dos produtos farmacéuticos que portaba. Asegúrannos haber visto non fai moitos anos telas estampadas procedentes deste barco cun colorido case perfecto e a existencia dalgunha máquina de coser de man que xubilaron aínda fai pouco tempo.
Duas das manifestacións folklóricas daquela época en Carnavales, eran as «comparsas» ou «parrandas» e «0 Galo». Aquelas consistían en cantar historietas- resumo dos feitos máis destacados do ano; en ton burlesco, claro. Todos os «ferretazos» iban acompañados de conchorradas, gaitas... e o atavío propio do Antroido. As do ano 1928, referíanse case que todas ao Nil.
José Baña Heim

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM