T. Géricault: La balsa de la Medusa
1818-19. 491 x 716 cm. Oleo sobre lienzo.
Musée du Louvre, París.

O naufraxio da Medusa, obsesionou ao artista, e utilizouno como exemplo do tráxico conflito que existe entre o home e a natureza. Consciente, como case toda a sociedade da súa época, de que a traxedia habíase producido por un conxunto de erros cometidos polas autoridades, colabora nas protestas políticas e decídese a pintar un cadro-denuncia. A incompetencia do capitán produciu un escándalo político, pois este debía o nomeamento ao seu apoio á monarquía.

Géricault entrevistou os superviventes, leu os feitos nos periódicos, e incluso pintou os corpos de criminais guillotinados nun intento por lograr maior veracidade. Encarga unha maqueta igual que a balsa utilizada e visita os hospitais para debuxar os xestos dos moribundos.

O resultado final, obtido despois de innumerables bosquexos e composicións preliminares, non foi de ningún modo unha pintura realista. Géricault elixiu o momento en que o bergantín se ve por primeira vez no horizonte. Ademais a composición xorde dunha ondada de figuras agonizantes en forma piramidal, que se elevan por riba do mar ameazador e culmina con dous homes que axitan as súas roupas.