La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

A represión franquista na xente do mar de Galicia

A intensa conflitividade no Golfo Ártabro e as Rías
Baixas a partir da Iª Guerra Mundial, foi un reflexo
do auxe do sindicalismo de clase nos vapores
e nas motoras sardiñeiras que ateigaban aqueles
portos; a resposta das capas máis conservadoras,
foi a creación dos Pósitos Pescadores co obxecto
de conciliar os intereses de pequenos armadores
e tripulantes. Na IIª República, os conflitos
laborais nas embarcacións de propulsión mecánica
serán os máis intensos de todos os sectores
económicos do país, alentados en boa medida
pola Federación Regional de Industria
Pesquera (CNT), que tiña presenza en 46
portos do noso litoral e integraba máis de
17.000 traballadores e traballadoras dos oficios
relacionados ca pesca, tanto de mar como
de terra.
A represión franquista iniciada tras o golpe militar,
tivo na beiramar un certo carácter de clase,
pois algúns armadores e donos das fábricas de
conserva e salgazón aproveitaron para axustar
contas cos sindicalistas mariñeiros e coas pescantinas
significados nas loitas obreiras do período republicano.
Cando menos 120 líderes mariñeiros
de diversos portos (Baiona, Vigo, Cangas, Moaña,
Aldán, Marín, O Grove, Cambados, O Son, Coruña,
Mugardos, Sada, Cariño, Celeiro, O Barqueiro.....),
foron asasinados, e algúns deles, caso de
varios militantes da Alianza Marinera de Cangas
ou da Solidaridad Marinera de Moaña, fondeados
na Ría sen que os seus corpos apareceran
máis. Outros moitos sufriron longos anos de cadea,
ou se lles esixiu para embarcar un certificado
de boa conduta expedido pola Garda Civil, polo
que un bo número de mariñeiros con antecedentes
esquerdistas ficaron sen traballo.

A importancia do asociacionismo mariñeiro no
devalar contemporáneo do noso país, é pouco
coñecida. Non obstante, a magnitude do movemento
iniciado a cabalo entre os séculos XIX e XX, tras a
«guerra das traíñas» e as primeiras folgas de carácter
laboral acontecidas nos vapores palangreiros do
Berbés, é dunha envergadura descoñecida no resto
da beiramar do Estado español.
Logo dos primeiros intres de barbarie desatada,
ficou ás claras a desconfianza das novas autoridades
respecto da xente de mar, ben representada
nos sindicatos de clase durante a República.
Por iso, dende moi cedo os franquistas adoptaron
medidas extremas de vixilancia nos peiraos, nos
barcos e na boca das rías, que influíron notabelmente
no acontecer dos pescadores. Ademais, en
Xuño de 1937 mobilizáronse sete quintas de mar,
incrementando o descontento existente nas poboacións
ribeiráns.
Como resistencia a este contexto de represión
e control abafante, vanse producir máis de medio
centenar de fugas por mar dende a beiramar galega,

La represión franquista en la gente del mar de Galicia

La intensa conflictividad en el Golfo Ártabro y las Rías
Bajas a partir de la Iª Guerra Mundial, fue un reflejo
del auge del sindicalismo de clase en los vapores
y en las motoras “sardiñeiras” que abarrotaban aquellos
puertos; la respuesta de las capas más conservadoras,
fue la creación de los Pósitos Pescadores con el objeto
de conciliar los intereses de pequeños armadores
y tripulantes. En la IIª República, los conflictos
laborales en las embarcaciones de impulso mecánico
serán los más intensos de todos los sectores
económicos del país, alentados en buena medida
por la Federación Regional de Industria
Pesquera (CNT), que tenía presencia en 46
puertos de nuestro litoral e integraba más de
17.000 trabajadores y trabajadoras de los oficios
relacionados que pesca, tanto de mar como
de tierra.
La represión franquista iniciada tras el golpe militar,
tuvo en la costa un cierto carácter de clase,
pues algunos armadores y dueños de las fábricas de
conserva y salazón aprovecharon para ajustar
cuentas con los sindicalistas marineros y con las pescantinas
significados en las luchas obreras del período republicano.
Cuando menos 120 líderes marineros
de diversos puertos (Baiona, Vigo, Cangas, Moaña,
Aldán, Marín, O Grove, Cambados, Lo Son, Coruña,
Mugardos, Sada, Cariño, Celeiro, O Barqueiro.....),
fueron asesinados, y algunos de ellos, caso de
varios militantes de la Alianza Marinera de Cangas
o de la Solidaridad Marinera de Moaña, fondeados
en la Ría sin que sus cuerpos apareciesen
jamás. Otros muchos sufrieron largos años de condena,
o se les exigió para embarcar un certificado
de buena conducta expedido por la Guardia Civil, por lo
que un buen número de marineros con antecedentes
izquierdistas quedaron sin trabajo.

La importancia del asociacionismo marinero en el
transcurrir del tiempo en nuestro país, es poco
conocida. No obstante, la magnitud del movimiento
iniciado a caballo entre los siglos XIX y XX, tras la
«guerra de las traineras» y las primeras huelgas de carácter laboral ocurridas en los vapores palangreros del
Berbés, es de una envergadura desconocida en el resto
de la costa del Estado español.
Luego de los primeros instantes de barbarie desatada,
quedó a las claras la desconfianza de las nuevas autoridades respeto de la gente de mar, bien representada en los sindicatos de clase durante la República.
Por eso, desde muy temprano los franquistas adoptaron
medidas extremas de vigilancia en los muelles, en los
barcos y en la boca de las rías, que influyeron notablemente en normal discurrir de los pescadores. Además, enJunio de 1937 se movilizaron siete quintas de mar,incrementando el descontento existente en las poblaciones ribereñas.
Como resistencia a este contexto de represión
y control agobiante, se van a producir más de medio
centenar de fugas por mar desde la costa gallega,

O barco da memoria

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM