La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Dende neno, e xa nos seus xogos, o home que nace nunha vila do litoral galego vaise ir preparando para a vida que lle agarda: saltando dende as gamelas, iniciándose na pesca nos peiraos, xogando con barquiños de madeira ou familiarizándose co mundo dos barcos, as artes e resto dos aparellos mariñeiros.

O rapaz do barco:
dende os 7-8 anos comeza a enrolarse e pasa a formar parte da tripulación do barco. O seu traballo era variado e, dende logo, moi duro: limpalo, levar leña para a cociña, aprovisionalo de patacas. Era o criado do resto da tripulación. Como pagamento o único que recibía era a aprendizaxe do oficio e o dereito de pescar para si. Segundo ía mellorando no seu coñecemento pasaría a pescar para a comunidade, participando entón no reparto de ganancias. Dáselle subindo conforme progresaba ata que xa, por decisión colectiva, pasaba á categoría de mariñeiro.

O patrón:
para selo non só facía falla ser un bo mariñeiro, senón tamén había que te-los medios económicos suficientes para mercar un barco. Tamén era imprescindible que tivera coñecementos sobre a superficie dos fondos mariños, indispensable para coñecer onde pescar cada tipo de peixe ou saber dos mellores sitios para a pesca. Para isto necesitaban unha moi boa memoria ou recorrer ós derroteiros. Ademais, valorábase moito ter dotes de mando, saber levar con seguridade a tripulación, os aparellos e o propio buque, ou ser xusto cos mariñeiros ó seu cargo.

O mariñeiro:
Ser mariñeiro implica un coñecemento total do traballo no barco. O seu traballo no mar varía segundo o tipo de peixe ó que se estivera indo. Pero, ademais da actividade abordo, debería colaborar en traballos que se teñen que facer en terra: limpeza dos aparellos, arranxo das redes (semellante ó feito polas atadeiras) ou transporte destas do barco ás tendedeiras e viceversa. A súa máxima aspiración dentro da escala social era chegar a ser dono do seu propio buque, ou o que é o mesmo: ser patrón.

Cando o barco chegaba a porto o primeiro que se facía era apartar unha certa cantidade de peixe ó que se chamaba "o peixe de comer". O reparto era responsabilidade do patrón e cada tripulante podería vendelo ou levalo para a súa casa. O resto vendíase polas canles normais de comercialización.

Reparto das ganancias:
o día do reparto das ganancias era o sábado ou o domingo. Facíanse nunha taberna, ou ben na casa do patrón. Na pesca traballábase "á parte", é dicir, cóbrase unha parte da pesca recollida. Para iso, fanse dúas partes: unha chamada "monte maior", que é para os gastos do barco, e outra chamada "monte menor", que é para os tripulantes. Este monte menor repartíase en partes denominadas "quiñóns", segundo o número de mariñeiros e as partes que cobraba cada un variaban segundo cada porto.
Hoxe en día aínda se sigue co sistema de cobro a parte sobre todo nas embarcacións de baixura da nosa costa.
Reminiscencias de un tempo pasado que deberían de cambiar xa.

Picasso - Viejo Pescador

El papel del hombre dentro de la pesca en los primeros años del siglo pasado

Desde niño, y ya en sus juegos, el hombre que nace en una villa del litoral gallego se va a ir preparando para la vida que le espera: saltando desde las gamelas, iniciándose en la pesca en los muelles, jugando con barquichuelos de madera o familiarizándose con el mundo de los barcos, las artes y resto de los aparatos marineros.

El chico del barco:
desde los 7-8 años comienza a navegar y pasa a formar parte de la tripulación del barco. Su trabajo era variado y, desde luego, muy duro: limpiarlo, llevar carbón para la cocina, aprovisionarlo de patatas etc. Era el criado del resto de la tripulación. Como pago lo único que recibía era el aprendizaje del oficio y el derecho de pescar para sí. Según iba mejorando en su conocimientos, pasaría a pescar para la comunidad, participando entonces en el reparto de ganancias. Conforme va el chico progresado en las tareas de pesca y en el oficio, por decisión colectiva, ascendía a la categoría de marinero.

El patrón:
para serlo no sólo hacía falta ser un buen marinero, sino también había que tener los medios económicos suficientes para comprar un barco. También era imprescindible que tuviese conocimientos sobre la superficie de los fondos marinos, indispensable para conocer donde pescar cada tipo de especie o saber de los mejores sitios para la pesca. Para esto necesitaban una muy buena memoria o recurrir a los derroteros. Además, se valoraba mucho tener dotes de mando, saber llevar con seguridad la tripulación, los aparatos y el propio buque, y ser justo con los marineros a su cargo.

El marinero:
Ser marinero implica un conocimiento total del trabajo en el barco. Su trabajo en el mar varía según el tipo de especie al que se había estado faenando. Pero, además de la actividad abordo, debia colaborar en trabajos a realizar en puerto : limpieza de los aparejos, arreglo de las redes (semejante al hecho por las rederas) o transporte de estos del barco a las tenedurías y viceversa. Su máxima aspiración dentro de la escala social era llegar a ser dueño del su propio buque, o lo que es el mismo: ser patrón.

Cuando el barco llegaba la puerto lo primero que se hacía era apartar una cierta cantidad de pescado al que se llamaba "el pescado de comer". El reparto era responsabilidad del patrón y cada tripulante podría venderlo o llevarlo para su casa. El resto se vendía por los canales normales de comercialización.

Reparto de las ganancias:
el día del reparto de las ganancias era el sábado o el domingo. Se hacía en una taberna, o bien en la casa del patrón. En la pesca se trabajaba "a la parte", es decir, se cobra una parte de la pesca recogida. Para eso, se hacen dos partes: una llamada "monte mayor", que es para los gastos del barco, y otra llamada "monte menor", que es para los tripulantes. Este monte menor se repartía en partes denominadas "Quiñons", según el número de marineros y las partes que cobraba cada uno variaban según cada puerto.
Hoy en día aún se sigue con el sistema de cobro la parte sobre todo en las embarcaciones de bajura de nuestra costa. Reminiscencias de un tiempo pasado que debería ya hace tiempo haber cambiado .


Mónica B. Suárez Groba

3 comentarios

Serafin Alonso

18 dic 2006 | 02:35 PM

Avatar

Boas,
Acabo de descubrir o teu recuncho. Formidable! Sintome moi identificado coas tuas verbas. O meu pai tamen è marinheiro. Andache agora polas Seichelles, India, Pakistan: na busqueda do principe azul (atun). Da gusto toparse con paxinas como esta na rede.
Un saudo e noraboa!

juan de basoñas

25 oct 2009 | 02:11 AM

Avatar

sin querer atopei esta paxina e namais empezar a leela sa se me puxo a pel de galiña pois benme a memoria toda a miña vida de mariñeiro quen ainda que dura foi o que mellor me poido pasar grazas amigo por fcer que me lembre de aqueles anos pois ainda que por culpa dos traballos que abia que facer ao bruto acabei barado como un barco cando e abandonado porque ten unha averia e sa non ten amaño, ainda hoxe me sinto mariñeiro e vendo estas cousa orgullesome ainda mais de pertenecer a esta clase tan especial como somos a sente do mar

homesdepedraenbarcosdepau

25 oct 2009 | 11:13 AM

Avatar

Juan de Basoñas

Ola Juan, grazas polas túas amables palabras.
Desde esta humilde atalaia que me brinda internet sempre tentei (non sei se con éxito ou non) que os lectores desta bitácora nos coñecesen un pouco mellor a xente do mar. Porque non teñas dubida Juan que neste pais no que nos tocou vivir e traballar, a xente vive de costas o mar. Non saben do orgullo que posuímos os homes de mar, non saben das penurias que moitas veces tivemos que pasar e dos vendavais que tivemos que capear, porque había que pescar para gañar un quiñón ou vir para terra de volta coas man e cos petos baleiros e co lombo roto . Non saben da anguria que pasan as nosas mulleres cada vez que arrepía o vento, nin da súa soidade o térense que enfrontar soas a case tódalas cousas da vida.
Por desgraza Juan, a xente do mar non tivemos oportunidade de formarnos adecuadamente porque comezamos de moi nenos a traballar, pero formación non implica nobreza i eu non coñezo a ningún mariñeiro que non dese a camisa que ten no lombo se fixese falta para socorrer a alguén, nin coñezo a ningún que dubidase en arriscar a súa vida para salvar a un compañeiro en apuros E cultura non implica sabedoría e moi poucos mariñeiros non son “listos como o allo”. Ti sabes coma min infinidade de anécdotas e de casos onde grazas ao bo sentido dos homes de mar e a súa destreza puideron escapar de non poucas calamidades. Do bo sentido dos vellos patróns, que non sabían case nada de letras pero sabían todo sobre o mar. Como con tan so cun reloxo e un compás eran capaces de ir para o mar cerrado de borraxeira, e volver para terra como se tal cousa! Hoxe se a moitos lles, ou nos quitan os aparatos de axuda a navegación , cantos saberían andar o mar?
Ben te podes sentir mariñeiro e orgulloso Juan, porque pertencemos a unha estirpe de xente nobre e boa, a da xente do mar , e tivemos por escola a vida e mailo exemplo dos nosos maiores.

Apertas

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM