La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

28, dic

Unha noite na eira do trigo

homesdepedraenbarcosdepau

Era eu un neno , cando nunha festa do Carme de Muros tiven o enorme privilexio de escoitar a o inmortal Pucho Boedo cos Tamara .
Non sei si a mocidade de hoxe sabe sequera quen era Pucho, pero os que temos por riba dos 40 si que nos lembramos.
Tanto para os que non saben quen era Pucho Boedo , como para os que xa o sabemos, poño aquí unha versión feita polos Tamara con musica de Prudencio Romo, de “Unha noite na eira do trigo” de Manuel Curros Enríquez.


Naceu Pucho Boedo en 1928 no lugar da Ramalleira, entre a Silva e o Ventorrillo.

Da Ramalleira só nos queda o nome. Xa non é un lugar, é unha gasolineira máis no barrio da Grela.

O nome de Pucho provoca actualmente algún reparo provinciano a quen aínda no se atreve a entregarse á emoción da súa voz.

Pucho, o bohemio, o frívolo, o informal. Nos anos de opresión terrible que lle tocou vivir, non lle deixaron máis papel. Un bufón, dandy de sorriso de medio lado. Ás veces no sitio dese sorriso aparecía un salouco que estarrecía a alma.

O pai de Pucho foi asasinado no ano 36. José Boedo, un famoso sindicalista da CNT. Un ano despois o seu irmán José Antonio Boedo Núñez era tamén fusilado. Outro irmán, Manuel Boedo, con só dezaseis anos, conseguiu fuxir. Andando o tempo Pucho reencontraríase con el.

No ano 37 duscentos republicanos intentaron salvar a vida e fuxir por mar dende o Portiño.

Tres patróns de bous(*), da casa Chas da Gaiteira, agardaban aló, se o saber o armador, cos seus barcos.

Chegaron agachados os douscentos, algúns de lugares moi distantes.

O irmán de Pucho, José Antonio Boedo Núñez, estaba entre eles. Botara un tempo escondido no faiado da casa dos Patiño na Fontenova. Despois, por maior seguridade, agachouse na taberna de Rita Canosa na Moura. Así mo contou Antón Patiño Regueira, daquela un neno. Hoxe aínda se emociona recordándo.

No propio Portiño, cando os douscentos xa sentían a salvación, apareceron os fusís dos falanxistas. Houbera unha delación. Ánxel da garda, era a consigna dos fuxidos. Triste paradoxo.

Inertes, indefensos nas rochas, entre o mar e os fusís. Algúns morreron alí. Outros foron presos e fusilados días despois no Campo da Rata.

O irmán de Pucho foi quen de fuxir nadando. Medio afogado, chegou aos montes de Bens. E apareciu desfeitiño na casa do seu avo, o señor José.

Uns anos despois, Pucho, con dezanove anos, baixou do Ventorrillo ao centro da Coruña. Cantou en Radio Juventud no Quiosco Alfonso, gañou un concurso e foi fichado pola orquesta Os Trovadores de Alfonso Saavedra. Todos quedaron emocionados coa súa voz. Todos sabían tamén que o rapaz era fillo e irmán dos Boedos, os dous anarquistas asasinados.

Nos 50, despois da primeira etapa cos Trovadores, embarca cos Satélites cara a Venezuela. A primeira vez que unha orquesta galega cruzaba o Atlántico. Da súa volta de América os Satélites traerían ao campo da festa o poder da música tropical. Vinte anos antes de que en Nova York se inventase a palabra salsa.

Pucho non volveu cos Satélites quedou en Venezuela, onde chegou a dominar os misterios do Caribe. Cando regresou integrouse de novo nos Trovadores de Alfonso Saavedra. Era unha formación de elite que pasaba os invernos nas mellores salas de Madrid. Con eles gravou os seus primeiros discos.

Nestes discos Pucho aparece como un cantante todoterreo, cuns dotes plenos para a canción romántica. Dese tempo son o bolero moruno Sahara e o mítico tango Chessman, a tráxica historia dun executado na cadeira eléctrica.

No ano 61, en Madrid, no Salón de Té Casablanca, recibiu unha mensaxe dende Marsella. Era o seu amigo Prudencio Romo e reclamábao urxentemente para cantar cos Tamara. Viñan do norte de África, fuxindo dos disturbios da revolución en Alxeria, e ían cara a París. Pucho Boedo e os Tamara: aquí comenza unha epopea...

¿Que tal sucedería se nacese en Nova York? Para o noso beneficio e o de Frank Sinatra, fíxoo aquén do Atlántico.

Cantou boleros, rancheiras, xotas. Dáballe ao tango, á canción italiana e aos merengues. No Olimpia de París afinou como ninguén as grandes baladas, compartindo escenario con Charles Aznavour e o propio Jacques Brel.

Mais para el, sempre o confesou, non che había peza como O vello e o sapo. O poema de Curros Enríquez que lle musicou á medida o seu amigo Prudencio Romo...


Nació Pucho Boedo en 1928 en el lugar de la Ramalleira, entre la Silva y el Ventorrillo.

De la Ramalleira solo nos queda el nombre. Ya no es un lugar, es una gasolinera más en el barrio de la Grela.

El nombre de Pucho provoca actualmente algún reparo provinciano a quien todavía no se atreve a entregarse a la emoción de su voz.

Pucho, el bohemio, el frívolo, el informal. En los años de opresión terrible que le toco vivir, no le dejaron más papel. Un bufón, dandy de sonrisa de medio lado. A veces en el sitio de esa sonrisa aparecía un gemido que perturbaba el alma.

El padre de Pucho fue asesinado en el año 36. José Boedo, un famoso sindicalista de la CNT. Un año después su hermano José Antonio Boedo Núñez era también fusilado. Otro hermano, Manuel Boedo con solo dieciseis años, conseguía huir. Andando el tiempo Pucho se reencontraría con el.

En el año 37 doscientos republicanos intentaron salvar la vida y huir por mar desde el Portiño.

Tres patrones de Bous(*), de la casa Chas de la Gaiteira, aguardaban allí, sin saberlo el armador, con sus barcos.

Llegaron a escondidas los doscientos, algunos de lugares muy distantes.

El hermano de Pucho, José Antonio Boedo Núñez, estaba entre ellos. Estuviera algún tiempo escondido en el trastero de la casa de los Patiño en Fontenova. Después, para mayor seguridad, se escondió en la taberna de Rita Canosa en la Moura. Así me lo contó Anton Patiño Requeira, de aquella un niño. Hoy aún se emociona recordandoló.

En el propio Portiño, cuando los doscientos ya sentían la salvación, aparecieron los fusiles de los falangistas. Hubiera una denuncia. Ángel de la guarda, era la consigna de los huidos. Triste paradoja.

Inertes, indefensos en las rocas, entre el mar y los fusiles. Algunos murieron allí. Otros fueron presos y fusilados días después en el Campo de la Rata.

El hermano de Pucho fue quien de huir nadando. Medio ahogado, llego a los montes de Bens. Y apareció deshecho en la casa de su abuelo, el señor José.

Unos años después, Pucho, con diecinueve años, bajo del Ventorrillo al centro de Coruña. Canto en Radio Juventud en el Quiosco Alfonso, gano un concurso y fue fichado por la orquesta Los Trovadores de Alfonso Saavedra. Todos quedaron emocionados con su voz. Todos sabían también que el era hijo y hermano de los Boedos, los dos anarquistas asesinados.

En los años 50 de la primera etapa con los Trovadores, embarca con Los Satélites hacía Venezuela. La primera vez que una orquesta gallega cruzaba el Atlántico. De su vuelta de América los Satélites traerían al campo de la fiesta el poder de la música tropical. Veinte años antes de que en Nueva York se inventase la palabra salsa.

Pucho no volvió con los Satélites quedo en Venezuela, donde llego a dominar los misterios del Caribe. Cuando regreso se integro de nuevo con los Trovadores de Alfonso Saavedra. Era una formación de elite que pasaba los inviernos en las mejores salas de Madrid. Con ellos gravo sus primeros discos.

En estos discos Pucho aparece como un cantante todo terreno, con unas dotes plenas para la canción romántica. De este tiempo son el bolero moruno Sahara y el mítico tango Chessman, la trágica historia de un ejecutado en la silla eléctrica.

En el año 61, en Madrid, en el Salón de Té Casablanca, recibió un mensaje desde Marsella. Era de su amigo Prudencio Romo y lo reclamaba urgentemente para cantar con los Tamara. Venían del norte de África, huyendo de los disturbios de la revolución en Argelia, e iban hacía París. Pucho Boedo y los Tamara: aquí comienza una epopeya...

¿Que sucedería si naciese en Nueva York? Para nuestro beneficio y el de Frank Sinatra, lo hizo en esta parte del Atlántico.

Canto boleros, rancheras, jotas. Le daba al tango, a la canción italiana y a los merengues. En el Olimpia de París afino como nadie las grandes baladas, compartiendo escenario con Charles Aznavour y con el propio Jacques Brel.

Más para el, siempre lo confeso, no había pieza como El Viejo y el Sapo. Un poema de Curros Enríquez que le puso música a su medida su amigo Prudencio Romo...

(*) Embarcación de pesca de tamaño grande que se dedica al sistema de pesca del arrastre, en mar abierto.


Extraído del libro "CONTOS DA CORUÑA" de Xurxo Souto, de ediciones Xerais de Galicia.

XURXO SOUTO EIROA (A Coruña, 1966), licenciado en Filología Clásica, desde 1988 trabaja en diferentes medios de comunicación, conductor de uno de los programas radiofonicos de más éxito en Coruña "A TROPA DA TRALLA", de Radio Coruña (Cadena SER). Fue vocalista del conjunto "bravú", Os Diplomáticos de Monte Alto.

5 comentarios

lourixe

29 dic 2006 | 04:28 PM

Avatar

Actualízate, amigo! Xurxo Souto dirixe dende hai meses o programa da Radio Galega "Aberto por Reformas", de 15:05 a 16:00h.
(P.D. Son de interior pero encántame o teu blog, aprendo moitas historias do mar dos galegos, graciñas).

Luli

16 ene 2007 | 07:36 PM

Avatar

estou pedindo socorro!!!!....estou amando ese poema musicado: Unha noite na eira do trigo....quero desce-la para pazer um clipe caseiro para um amigo galego.....Por favor...me ajudem. Como farei para baixa-la ?

luli

16 ene 2007 | 07:39 PM

Avatar

Amigos galegos....sou admiradora da literatura galega, volto a insistir, estou amando esse poema musicado: Unha noite na eira do trigo...me ajudem a baixa-lo.....Obrigadinho, hoje e sempre....Valeu? Feliz 2007 para todos!

guillermo

6 feb 2007 | 03:10 AM

Avatar

eso si que é unha lección de historia e o demais son tonterías... a ver si empezamos a defender o que é noso e deixamos de gabar o axeno que non lle chega nin a sola dos zapatos

emilio

16 oct 2007 | 08:03 PM

Avatar

Grazas polas túas aportaciós que atopei por sorte.Estou facendo un pequeno traballo para unha clase de maiores na universidade de Vigo, escollín comentar "unha noite na eira do trigo" e voume basear na audición que ofreces de Los Tamara e o inigualable Pucho Boedo. Graciñas.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia