![]()
Un dos sucesos mais asombrosos que podo lembrar na miña dilatada vida como mariñeiro, é “o do farol”.
Foi tan grande o desconcerto e a conmoción que xerou entre os meus tripulantes e un servidor mesmo , que decidimos non contarllu a ninguén ao chegar a porto, pois temiamos que nos tomasen por ilusos ou por mentiráns.
Aconteceu un día de verán alá polo ano 90 do pasado século. Un día que o mar era como unha balsa de aceite e no que non había ningunha brisa.
Faenabamos ao Oeste de Cabo Vilán nas proximidades dun casco denominado Celta; ao estar tan calma decidín aproximarme mais do que sensatamente debe facerse, coas redes ao casco , con tan mala fortuna que prendemos as nosas redes nel.
Despois de varias horas fomos capaces de desenganchar as redes do pecio , sen mais avaría que a rede rota e a perda de tempo.
Non obstante ao baleirar o contido do saco na cuberta, a pesca resultante foi boa.
Preparamos outra rede e volvemos a largar.
Logo, mentres os mariñeiros seleccionaban a pesca , ocorreu algo inaudito , do que aínda hoxe en día despois de tantos anos resístome a crer o que ollaron os meus ollos. Porque non o dubidedes nin un solo intre iso e soamente iso , foi o que estes olliños que os vermes han de comer , viron.
Un obxecto estraño de metal apareceu entre a pesca.
Baixei a cuberta para ver o que era, e ao observalo mais de preto vin o que parecía unha especia de caixa de latón coa forma dunha pequena casa e cunha porta en cada un dos seus lados, e no seu pináculo tiña unha argola para podelo colgar , non mediría mais duns 30 Cm. De alto por 10 de lado.
Era claramente un farol de aceite dos que se usaban antigamente para nas noites de navegación alumear e así facerse visible para outros posibles navíos que navegasen tamén pola zona.
Un mariñeiro alcumado “O Valente” pugnaba para abrir algunha das portas do farol , cando por fin o conseguiu cal seria a nosa sorpresa ao poder ver... que o farol estaba aceso!. Unha feble luz tilitaba no interior do farol.
“Ou Valente” non fixo honor ao seu nome neses momentos , foi tal a súa sorpresa que guindou o farol aceso polo costado coma se cousa do diaño fose o que acababa de ver.
Durante moito intre , mentres o farol regresaba de novo ás profundidades (das que nunca debería haber saído), puidemos ver aínda a súa luz. Logo , nada.
Quedamos todos un bo intre atónitos , sen mediar palabra entre nós , ata que se nos foi pasando o pasmo e o susto.
Decidimos non contarllo a ninguén no porto, pois ninguén nos houbese crido e tomaríanos por mentiráns ou por algo aínda peor.
Aínda hoxe en día ao lembrar aquela lúgubre e tenue luz daquel maldito farol, volvo a estremecerme coma se o estivese vendo de novo.
No mar 28-12-06
![]()
Uno de los sucesos mas asombrosos que recuerdo en mi dilatada vida como marinero, es “el del farol”.
Fue tan grande el desconcierto y la conmoción que genero entro mis tripulante y un servidor , que decidimos no contárselo a nadie al llegar a puerto, pues temíamos que nos tomasen por ilusos o por mentirosos.
Sucedió un día de verano allá por el año 90 del pasado siglo. Un día que la mar era como una balsa de aceite y en que no había ninguna brisa.
Faenábamos al Oeste de Cabo Villano en las proximidades de un casco denominado Celta; al estar tan calma decidí aproximarme mas de lo sensatamente debe hacerse, con las redes al casco , con tan mala fortuna que prendimos nuestras redes en el.
Después de varias horas fuimos capaces de desenganchar las redes del pecio , sin mas avería que la red rota y la perdida de tiempo.
No obstante al vaciar el contenido del copo en la cubierta, la pesca resultante fue buena.
Preparamos otra red y volvimos a largar.
Luego, mientras los marineros seleccionaban la pesca , ocurrió algo inaudito , de lo que aun hoy en día después de tantos años me resisto a creer lo que vieron mis ojos.
Un objeto extraño de metal apareció entre la pesca.
Baje a cubierta para ver lo que era y al observarlo mas de cerca vi lo que parecía una especia de caja de latón con la forma de una pequeña casa y con una puerta en cada uno de sus lados, en su pináculo tenia una argolla para poderlo colgar y no mediría mas de unos 30 Cm. De alto por 10 de lado.
Era claramente un farol de aceite de los que se usaban antiguamente para en las noches de navegación alumbrar y así hacerse visible para otros posibles navíos que navegasen también por la zona.
Un marinero cuyo apodo era “O Valente” pugnaba para abrir alguna de las puertas del farol , cuando por fin lo consiguió cual seria nuestra sorpresa al poder ver... ¡que el farol estaba encendido!. Una débil luz tilitaba en el interior de farol.
“O Valente” no hizo honor a su nombre en esos momentos , fue tal su sorpresa que lanzo el farol encendido por la borda como si cosa del diablo fuese lo que acababa de ver.
Durante mucho rato , mientras el farol regresaba de nuevo a las profundidades (de las que nunca debería haber salido), pudimos ver aun su luz. Luego , nada.
Quedamos todos un buen rato atónitos , sin mediar palabra entre nosotros , hasta que se nos fue pasando el pasmo y el susto.
Decidimos no contárselo a nadie en el puerto, pues nadie nos hubiese creído y nos hubieses tomado por mentirosos o por algo aun peor.
Aun hoy en día al recordar aquella lúgubre y tenue luz de aquel maldito farol, vuelvo a estremecerme como si lo estuviese viendo de nuevo.
En la mar 28-12-06
Muros e mailo Mar ///
Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós
Escribe un comentario