La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

4, ene

Chivas de 64

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar


Chivas de 64
Considérase plataforma continental á superficie submarina suavemente inclinada (cun desnivel máximo dun grao) que se estende polo bordo dos continentes, a partir da costa ata o comezo do támara continental, que se sitúa en torno aos 200 m de profundidade media e presenta unha pendente máis acusada, aínda que excepcionalmente pode superar os 300 metros. A plataforma continental ten un ancho variable; así, por exemplo, no norte da Europa occidental está ben desenvolvida, cuns 300 km, o mesmo que no litoral arxentino, onde acada os 560 km, mentres que en moitas áreas costeiras do Pacífico oriental, sobre todo onde as cordilleras se estenden paralelas e contiguas ao océano, a plataforma é moito máis estreita ou practicamente inexistente, como ocorre en Chile. A veces, están atravesadas por canóns submarinos, vales en forma de V escavados na plataforma e o támara continental
A plataforma continental da costa galega é moi pouco extensa, o seu máxima largo é de 50 kms. e atópase ao norte da Coruña. E a súa parte mais angosta esta ao oeste de Cabo Fisterra cun largo de 18 quilómetros.
O chan da plataforma este composto na sua gran maioría de lodo do que sobresaen en certos lugares formacións rocosas. Son como illas de pedra en medio dun mar de lodo.
Diseminados por toda a extensión da plataforma atopanse centos de pecios e obxectos como containers que foron varridos das cubertas dos mercantes para acabar afundindose na nosa costa.
A rede de arrastre, tirada por un barco, desprázase sobre o fondo lamacento da plataforma continental. O cometido do patrón nun barco faenando ao arrastre é coñecer a situación de todos e cada un dos obxectos e as pedras para guiar a rede pola plataforma sen prender en ningún deles.
Pero non sempre se coñecen todos , porque cada inverno despois de cada temporal adoitan aparecer novos obxectos.

A aparición dun novo container e o enganche da nosa rede nel, deu como resultado un dos episodios mais sorprendentes da miña vida no mar.
Era a finais da década dos 80, cando aconteceu,
Faenabamos nunha zona ao oeste do Cabo Vilán preto dunha pedra chamada Manguela , cando a nosa embarcación quedou detida ao enganchar as redes un obxecto do fondo mariño.
A miña sorpresa foi maiúscula pois creía que aquela zona estaba libre de enganches.
Procedemos a recoller a rede e logo de bregar un bo intre para lograr zafala do obxecto conseguimos traela ao costado.
Ao baleirar o contido do saco en cuberta cal non seria a nosa sorpresa ao desparramarse nela ducias de botellas de champaña das afamadas marcas Moet Chandon e Dom Perignon . Tamén bastantes botellas de whisky da coñecida marca Chivas.
Un mercante en medio dun temporal perdera dentro dun container esta “valiosa” carga e nós fomos quen primeiro atopamos o alcohólico “tesouro”.
As botellas de champaña grazas á presión que exercen as burbullas no seu interior estaban nun perfecto estado de conservación , á parte de estar fresquiñas por mor da temperatura do auga . Nos repartímolas entre todos os tripulantes como bos compañeiros, tocándonos a cada un un boa tallada de “botín”.
Nas botellas de whisky penetrara un pouco de auga salgada e non eran aptas para o seu consumo normal, pero durante meses os guisos do “Sidri Rober” foron sazonados con Chivas de 64.
(64 brazas era a profundidade en que foron atopadas.)

Chivas de 64
Se considera plataforma continental a la superficie submarina suavemente inclinada (con un desnivel máximo de un grado) que se extiende por el borde de los continentes, desde la costa hasta el comienzo del talud continental, que se sitúa en torno a los 200 m de profundidad media y presenta una pendiente más acusada, aunque excepcionalmente puede superar los 300 metros. La plataforma continental tiene una anchura variable; así, por ejemplo, en el norte de la Europa occidental está bien desarrollada, con unos 300 km, lo mismo que en el litoral argentino, donde alcanza los 560 km, mientras que en muchas áreas costeras del Pacífico oriental, sobre todo donde las cordilleras se extienden paralelas y contiguas al océano, la plataforma es mucho más estrecha o prácticamente inexistente, como ocurre en Chile. A veces, están atravesadas por cañones submarinos, valles en forma de V excavados en la plataforma y el talud continental
La plataforma continental de la costa gallega es muy poco extensa, su máxima anchura es de 50 kms. y se encuentra al norte de A Coruña. Y su parte mas angosta esta al oeste de Cabo Finisterre con una anchura de 18 kilómetros.
El suelo de la plataforma esta compuesto en su gran mayoría de fango del que sobresalen en ciertos lugares formaciones rocosas. Son como islas de piedra en medio de un mar de fango.
Diseminados por toda la extensión de la plataforma se encuentran cientos de pecios y objetos como containers que fueron barridos de las cubiertas de los mercantes para acabar hundiéndose en nuestra costa.
La red de arrastre, tirada por un barco, se desplaza sobre el fondo fangoso de la plataforma continental. El cometido del patrón en un barco faenando al arrastre es conocer la situación de todos y cada uno de los objetos y las piedras para guiar la red por la plataforma sin prender en ninguno de ellos.
Pero no siempre se conocen todos , porque cada invierno después de cada temporal suelen aparecer nuevos objetos.

La aparición de un nuevo container y el enganche de nuestra red en él, dio como resultado uno de los episodios mas sorprendentes de mi vida en el mar.
Era a finales de la década de los 80, cuando sucedió,
Faenábamos en una zona al oeste del Cabo Villano cerca de una piedra llamada Manguela , cuando nuestra embarcación quedó detenida al enganchar las redes un objeto del fondo marino.
Mi sorpresa fue mayúscula pues creía que aquella zona estaba libre de enganches.
Procedimos a recoger la red y luego de bregar un buen rato para lograr zafarla del objeto conseguimos traerla al costado.
Al vaciar el contenido del saco en cubierta cual no seria nuestra sorpresa al desparramarse en ella docenas de botellas de champaña de las afamadas marcas Moet Chandome y Dom Perignon . También bastantes botellas de güisqui de la conocida marca Chivas.
Un mercante en medio de un temporal había perdido dentro de un container esta “valiosa” carga y nosotros fuimos quien primero encontramos el alcohólico “tesoro”.
Las botellas de champaña gracias a la presión que ejercen las burbujas en su interior estaban en un perfecto estado de conservación , aparte de estar fresquitas a causa de la temperatura del agua . Nos las repartimos entre todos los tripulantes como buenos compañeros, tocándonos a cada uno un buena tajada de “botín”.
En las botellas de güisqui había penetrado un poco de agua salada y no eran aptas para su consumo natural, pero durante meses los guisos del “Sidri Rober” fueron sazonados con Chivas de 64.
(64 brazas era la profundidad en que fueron encontradas.)

3 comentarios

franes

5 ene 2007 | 06:54 PM

Avatar

Tes razon, e moita desta plataforma continetal estaba , ata fai uns 12.000 anos , por riba da auga xa que cando finalizou o ultimo periodo glacial , fai 12.000 anos , a auga do mar subiu uns 125 metros , non de repente si non que en varios centos de anos.
E una pena que non houbera restos de ningun edificio primitivo poñamos por caso en Finisterre , ou no banco de galicia ... e que sairan os restos das columnas nas vosas redes

:-)

juan

14 feb 2007 | 10:39 PM

Avatar

hola gostariame aclarar unha dudbida que teño desde fai muito tempo.
o mellor podesme axudar.
gostariame saber pq lle chaman a boya do chino cita no canal de entrada no porto de A Coruña asi.
adelanto gracias pola sua informacion.
gracias.
atentamente .
juan

homesdepedraenbarcosdepau

15 feb 2007 | 07:33 AM

Avatar

Supoño que te refires a boia de luz verde que esta mais ou menos a altura de Adormideras antes de chegar as enfilacións de Mera.

Teño escoitado que por a banda de terra da boia atopábanse os restos dun mercante afundido.
Quizais a nacionalidade do mercante fose chinés.? Non o sei.

Nos o entrar soemos deixar a boia por babor si problema ningún (fáloche de barcos de hasta 200 toneladas)

Sei que non che aclaro moito , pero e o único que sei.

Grazas por lerme.

Parabéns.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM