No Ideal Gallego daqueles días foi publicada a foto do Bonito , xunto cas dos seus once tripulantes
En onde hai mar, hai mariñeiros. Onde hai mariñeiros hai barcos e onde hai barcos, a veces ocorren desgracias.
Pero a pesar de que o mar adoita reclamar un imposto cada certo tempo; ningún pobo mariñeiro esquecera nunca aos fillos que perderon as súas vidas nel.
Demasiado dor, demasiadas viúvas e orfos. Cal é o porto da nosa costa que non posúe a súa particular traxedia?
O Ave do Mar en Moaña , O Cizurquil en Muros e en Fisterra o Bonito , son só algunhas das traxedias acaecidas e protagonizadas por mariñeiros nas nosas costas.
Estas desgracias non adoitan estar reflectidas nos grandes libros sobre naufraxios. A morte dun mariñeiro non vende exemplares! Pero os orfos, as viúvas, as nais, destes homes de mar, están e estarán sempre aí, e nunca han esquecerse dos seus.
Non deixemos que a lembranza fine con eles. Lembremos nós tamén. E así pervivirán no tempo e na memoria.
32 orfos deixaron os 11 tripulantes do palangreiro “Bonito” na vila de Fisterra o 18 de xaneiro de 1960.
Aínda hoxe ,case 50 anos despois da traxedia, descoñécense as causas da súa desaparición.
O bonito era propiedade de Matías Canosa, e foi construído no ano 1945.
Estaba inscrito no folio 1091 da terceira lista, desprazaba 8 toneladas e posuía un motor de 40 HP.
Poucos meses antes da traxedia o palangreiro, reparara o seu motor e remoceara o seu casco.
No seu rol 11 nomes doutros tantos homes que nunca regresaron a súas casas.
RAMÓN TRILLO LIZANCOS , patrón de pesca;
JUAN FERNANDEZ MARCOTE, motorista;
MANUEL RIVERA CALO
JUAN LAGO DOMÍNGUEZ
RAMÓN LAGO DOMINGUEZ
FRANCISCO SANTAMARÍA CANOSA
JUAN LOPEZ DOMÍNGUEZ
JUAN TRABA TRILLO
AGUSTIN RIVAS DOMINGUEZ e
MANUEL LOPEZ LOPEZ; (mariñeiros).
Todos eles naturais e veciños de Fisterra.
O meu bo amigo, Ernesto Rivero Calo, Patrón de pesca, ademais de irmán e cuñado de dous dos tripulantes do Bonito, colabora cos seus recordos e coa súa experiencia na elaboración deste relato.
Ese 18 de xaneiro saliu o Bonito para os seus caladeiros habituais situados ao Oeste do Cabo da Nave. O vento era frescachón do SW e a mar de fondo grosa do NW facía que na costa e nas pedras se amontoaran montañas de escuma entre encrespadas ondas.
Algúns barcos ese día decidiron non saír á mar en vista das malas condicións meteorolóxicas.
Ramón Trillo a pesar da súa mocidade (28 anos) era xa un afeito patrón de pesca e sabia ben que en días como ese a costa era o seu peor inimigo, por iso ao saír de porto o seu rumbo foi sempre afastado das rompentes.
Dirixíanse probablemente a unha zona ao Oeste do Cabo da Nave chamada “Jurjullo”.
Alí o día anterior obtivera boas capturas e Ramón, casi con seguridade, acudiu de novo á mesma zona.
Non se sabe en que momento ocorreu a traxedia nin en que forma.
Puido ser a causa do mal tempo reinante ou que fose abordado por un dos numerosos mercantes que transitaban naquela época por estas augas.
En terra non se dou a alarma entre os familiares do Bonito ata ben entrada a noite. Pois o día anterior xa demorara o seu retorno a porto por mor de haber alixado unha grande cantidade de peixe.
Rapidamente saíron de porto varios barcos para tratar de atopar aos desaparecidos. As motoras “Puentecesures”, patroneada por Juan Crastreje Martínez; “Josefa”, que patroneaba Modesto Insua Domínguez, e “Manuel”; que era mandada por José Fábregas Calo, foron algunhas das que participaron na busca.
Ata as 4 da tarde do seguinte día continuaron os labores de rastrexo, pero non se achou rastro de ningún supervivente.
Só restos de redes e de roupas foron avistados nunha zona moi ampla que abarcaba desde Vilán a Cabo Fisterra.
Mentres en terra co paso das horas o desanimo e o desacougo dos familiares ía en aumento.
Cada nova hora que pasaba sen noticias dos náufragos, diminuía a posibilidade de rescatar a algún deles con vida.
Co regreso a porto das embarcacións que participaron no rastrexo confírmase a traxedia.
As esposas convértense en viúvas e os fillos en orfos.
E todo un pobo, xunto, chora pola perdida dos seus conveciños.
O 26 de xaneiro oficiouse na igrexa parroquial de Fisterra, un funeral presidido polo Cardeal Arcebispo don Fernando Quiroga Palacios, ao que acudiron diversas autoridades entre as cales salientaban o Gobernador civil da provincia don Evaristo Martín Freire. En representación da Capitán Xeral da zona marítima do Cantábrico, estaba o Axudante de Marina de Corcubión, e o representante provincial de Instituto Social da Mariña.
Moitos dos orfos dos náufragos do Bonito aínda viven en Fisterra e unha gran maioría deles adícanse o adicaronse no seu día tamén o mar.
Porque non hai que esquecer nunca os ausentes, pero a vida debe continuar…
En donde hay mar, hay marineros. Donde hay marineros hay barcos y donde hay barcos, a veces ocurren desgracias.
Pero a pesar de que el mar suele reclamar un tributo cada cierto tiempo; ninguna villa marinera debería olvidar a los hijos que perdieron sus vidas en el.
Demasiado dolor, demasiadas viudas y huérfanos. ¿Cuál es el puerto de nuestra costa que no posee su particular tragedia?
El Ave del Mar en Moaña , El Cizurquil en Muros y en Finisterre el Bonito , son solo algunas de las tragedias acaecidas y protagonizadas por pescadores en nuestras costas.
Estas desdichas no suelen estar reflejadas en los grandes libros sobre naufragios. ¡La muerte de un pescador no vende ejemplares! Pero los Huérfanos, las viudas, las madres, de estos hombres de mar, están y estarán siempre ahí, y nunca olvidaran a los suyos.
No dejemos que el recuerdo perezca con ellos. Recordemos nosotros también. Y así pervivirán en la memoria.
32 huérfanos dejaron los 11 tripulantes del palangrero “Bonito” en la villa de Finisterre el 18 de enero de 1960. Aun hoy ,casi 50 años después de la tragedia, se desconocen las causas de su desaparición.
El bonito era propiedad de Matías Canosa, y fue construido en el año 1945.
Estaba inscrito en el folio 1091 de la tercera lista, desplazaba 8 toneladas y poseía un motor de 40 HP.
Pocos meses antes de la tragedia el palangrero, había reparado su motor y remozado su casco.
En su rol 11 nombres de otros tantos hombres que nunca regresaron a sus casas.
RAMÓN TRILLO LIZANCOS , patrón de pesca;
JUAN FERNANDEZ MARCOTE, motorista;
MANUEL RIVERA CALO
JUAN LAGO DOMÍNGUEZ
RAMÓN LAGO DOMINGUEZ
FRANCISCO SANTAMARÍA CANOSA
JUAN LOPEZ DOMÍNGUEZ
JUAN TRABA TRILLO
AGUSTIN RIVAS DOMINGUEZ y
MANUEL LOPEZ LOPEZ; (marineros).
Todos ellos naturales y vecinos de Finisterre.
Mi buen amigo, Ernesto Rivero Calo, Patrón de pesca, además de hermano y cuñado de dos de los tripulantes del Bonito, colabora con sus recuerdos y con su experiencia en la elaboración de este relato.
Ese 18 de enero zarpo el Bonito para sus caladeros habituales situados al Oeste del Cabo de la Nave. El viento era frescachón del SW y la mar de fondo gruesa del NW hacía que en la costa y en las piedras se erigiesen montañas de espuma entre encrespadas olas.
Algunos barcos ese día decidieron no salir a la mar ante las malas condiciones meteorológicas.
Ramón Trillo a pesar de su juventud (28 años) era ya un avezado patrón de pesca y sabia bien que en días como ese la costa era su peor enemigo, por eso al salir de puerto su rumbo fue siempre alejado de las rompientes.
Se dirigían probablemente a una zona al Oeste del Cabo de La Nave llamada “Jurjullo”.
Allí el día anterior había obtenido buenas capturas y Ramón, verosímilmente, acudió de nuevo a la misma zona.
No se sabe en que momento ocurrió la tragedia ni en que forma.
Pudo ser a causa del mal tiempo reinante o que fuese abordado por uno de los numerosos mercantes que transitaban en aquella época por estas aguas.
En tierra no cundió la alarma entre los familiares del Bonito hasta bien entrada la noche. Pues el día anterior ya había demorado su retorno a puerto a causa de la gran cantidad de pesca alijada.
Rápidamente salieron de puerto varios barcos para tratar de encontrar a los desaparecidos. Las motoras “Puentecesures”, patroneada por Juan Crastreje Martínez; “Josefa”, que patroneaba Modesto Insua Domínguez, y “Manuel”; que era mandada por José Fábregas Calo, fueron algunas de las que participaron en la búsqueda.
Hasta las 4 de la tarde del siguiente día continuaron las labores de rastreo, pero no se halló rastro de ningún superviviente.
Solo restos de redes y de ropas fueron avistados en una zona muy amplia que abarcaba desde Villano a Cabo Finisterre.
Mientras en tierra con el paso de las horas el desanimo y la desazón de los familiares iba en aumento.
Cada nueva hora que pasaba sin noticias de los náufragos, disminuía la posibilidad de rescatar a alguno de ellos con vida.
Con el regreso a puerto de las embarcaciones que participaron en el rastreo se confirma la tragedia.
Las esposas se convierten en viudas y los hijos en huérfanos.
Y todo un pueblo al unísono llora por la perdida de sus convecinos.
El 26 de enero se ofició en la iglesia parroquial de Finisterre, un funeral presidido por el Cardenal Arzobispo don Fernando Quiroga Palacios, al que acudieron diversas autoridades entre las cuales destacaban el Gobernador civil de la provincia don Evaristo Martín Freire. En representación del Capitán General de la zona marítima del Cantábrico, estaba el Ayudante de Marina de Corcubión, y el representante provincial de Instituto Social de la Marina.
Muchos de los huérfanos de los naufragos del Bonito aun viven en Finisterre y una gran mayoría de ellos se dedican o dedicaron en su día también a la mar.
Porque no hay que olvidar nunca a los ausentes, pero la vida debe continuar…
1 comentario
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados