Nas embravecidas augas
da costa de Muros;
Pensando que eran
As ondas e o vento.
Canto de sereas
Un día escoitei.
Eras melodías
Que me engaiolaban,
Doces e sonoras
Como nunca oin.
Que queren de min,?
Eu me preguntaba;
E a voz respostaba,
-Queremoste a ti!
..........................
Un lóstrego fende
O manto da noite,
E abríndome os ollos
As pantasmas vin.
Non eran sereas
o que eu escoitaba;
Que eran as rochas
onde o mar bramaba,
semellando as voces
que eu crera oír.
Os berros que os homes
do peito arrancaban,
mudaron en rezos
choros e pregarias.
Por súas vidas xemen
os bravos mariños
son como meniños
Entre o temporal.
Líbranos de mal
Dona do Carmelo!
Xemía Xan lelo
un mozo de Tal.
Que teño tres fillos
e a muller preñada.
Tamen se laiaba
Suso do outeiral
...........................
Mentres eu na popa,
no temón atado.
Maldigo o mal fado
que me fixo vir.
De pouco han servir
choros e lamentos,
serán mais tormentos
si hai que partir.
Que xa son seis horas
loitando coas ondas,
e a cada intre
mais preto das rochas.
Cas velas rachadas,
co mastro partido.
Non ten xa sentido
resistirse mais.
........................
Por babor resoa
con ronco muxido,
o fero bramido
do baixo Mean.
Na boca dun can
metidos estamos,
as xarcias templamos
para tentar fuxir.
Non vexo porvir
na nosa deriva
ai da miña vida!
Vou perdela aquí.
Do fondo do inferno
un brutal cruxido,
cun fero estourido
a quilla parteu.
Xa so quedo eu
flotando entre a escuma
e unha suave bruma
meu senso cubreu.
................................
Na praia da Area
tornei o sentido.
Mais morto que vivo
fun alo parar.
E quixen buscar
sinais de mais voces,
somentes silencios
fun capaz topar.
Xa non supen mais
Dos meus compañeiros,
probes mariñeiros
Que o mar perdeu.
...............................
E dende aquel día
no que ouvin sereas,
nas mareas cheas
achégome o mar.
Percorrendo a costa
da vila de Muros,
motetes escuros
retorno a escoitar.
Son os berros mudos
de aqueles valentes
que deron a vida
no baixo Mean.
Por sempre serán
na historia lembrados,
mariñeiros bravos
os homes do mar...
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados