La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

18, ene

Por un puñado de peixes

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar

Por un puñado de peixes

Este inverno esta a ser particularmente duro para nos, para a xente do mar .
Os continuos ventos do SW fan que perdamos moitos días de traballo e moitos tamén nos que podemos saír o mar a faenar, facémolo en condicións de risco para nos e para os nosos barcos.
As particulares condicións laborais que rixen a flota do arrastre litoral galego , con un sistema retributivo a parte, (si traballas cobras , senón non gañas un cadelo) fan que moitos patróns arrisquen moitas veces mais do sensatamente necesario , pois a necesidade apreta. E por outra parte os armadores non lles gusta ver as súas empresas en terra , porque aínda que non teñan que pagar as tripulacións teñen unha serie de gastos fixos o que facer fronte. Polo tanto presionan sobre o patrón para que saia o mar.
Algunha vez a administración falou de establecer unha compensación para a xente do mar por a perda de días de traballo a causa do mal tempo . Debeu de ser en algún período electoral e despois o vento (do SW) levou as súas palabras e mais as promesas para algún lugar afastado da memoria! . E todo quedou en boas intencións solo!!.
Mentres nos seguimos arriscando mais do debido para poder seguir traendo algún “cadelo” para a casa.
O día que pase unha desgracia(Deus non o queira) toda a responsabilidade recaera sobre a cachola do patrón , que saliu pro mar poñendo en grave risco persoas e bens.
A administración limparase as mans dicindo que non teñen potestade para obrigar a quedar en terra a ninguén.
O armador perdera o seu barco , pero non a súa vida.
E algún político virá a traer esmola a viúvas e orfos despois de asistir a un funeral.

Non fai moitos días lin na prensa que o sector e os sindicatos esta a acadar un acordo para rexirse por un convenio laboral que incluía un salario fixo para todos os tripulantes ademais de incentivos sobre as capturas.
10 Anos levan para chegar a tal acordo e aínda teño as miñas dubidas de que se logre de esta vez.

Mentres tanto seguiremos xogándonos a vida por un puñado de peixes.

Este invierno esta a ser particularmente duro para nosotros, para la gente del mar.
Los continuos vientos del SW hacen que perdamos muchos días de trabajo y muchos también en los que podemos salir al mar a faenar, lo hacemos en condiciones de riesgo para nosotros y para nuestros barcos.
Las particulares condiciones laborales que rigen la flota del arrastre litoral gallego, con un sistema retributivo la parte, (sí sales a faenar y traes pesca cobras, sino no trabajas no cobras) hacen que muchos patrones arriesguen muchas veces mas de lo sensatamente necesario, pues la necesidad aprieta. Por otra parte los armadores no les gusta ver sus empresas en tierra, porque aunque no tengan que pagar las tripulaciones tienen una serie de gastos fijos a lo que hacer frente. Por lo tanto presionan sobre el patrón para que salga a la mar.
Alguna vez la administración habló de establecer una compensación para la gente del mar por la pérdida de días de trabajo la causa del mal tiempo. Debió de ser en algún período electoral y después el viento (del SW) llevó sus palabras y las promesas para algún lugar lejano de la memoria! Y todo quedó en buenas intenciones solo!!.
Mientras nosotros seguimos arriesgando mas de lo debido para poder seguir trayendo algún “cadelo” para casa.
El día que pase una desgracia (Dios no lo quiera) toda la responsabilidad recaera sobre la cabeza del patrón , que salio a la mar poniendo en grave riesgo personas y bienes.
La administración se limpiará las manos diciendo que no tienen potestad para obligar a quedar en tierra a nadie.
El armador perderá su barco, pero no su vida.
Y algún político vendrá a traer limosna a viudas y huérfanos después de asistir a un funeral.

No hace muchos días lei en la prensa que el sector y los sindicatos estaban cerca de alcanzar un acuerdo para regirse por un convenio laboral que incluía un salario fijo para todos los tripulantes además de incentivos sobre las capturas.
10 Años llevan para llegar a tal acuerdo y aún tengo mís dudas de que se logre de esta vez.

Mientras tanto seguiremos jugándonos la vida por un puñado de pescados.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM