sp;
Por todos é sabido que as nosas costas sempre foron terreo abonado para trafagadores que se dedicaban a contrabandear con tabaco.
Era bastante cotián para nós ver cruzar a nosa proa, amparados na escuridade da noite a estes facinorosos, a bordo de potentes lanchas realizando seu “menester”.
O que non era tan habitual era velos a plena luz de día e con calma. E iso foi o que a min me aconteceu embarcado de patrón no “Sidri Rober” con base en Muros e que a seguir relatarei.
Foi no verán de 1990 á altura da illa de Ons como a unhas
Facía unha tarde estupenda de calma total e relucente sol que reverberaba sobre as plácidas augas.
Diviso ao lonxe unha axitación na superficie do mar da cal non podo identificar a súa causa nin aínda observando cos prismáticos ata que se acerca e comprobo que se trata dunha gran lancha fueraborda que se dirixe para nós a considerable velocidade.
Ao arribar ao noso costado pídeme permiso o que parece ser patrón da lancha para... cocer uns percebes na nosa cociña!, pois a súa lancha carece de tal adminículo.
Despois da miña inicial sorpresa e sendo consciente de que pola miña parte non contraviña ningunha norma nin moito menos ningunha lei, accedín a que usasen o noso lume.
Mentres dous dos seus tripulantes embarcaban no noso barco para realizar a súa culinaria labor, eu mentres dende o alerón da miña ponte “interrogaba” ao patrón da lancha, sobre cal era a súa función no entramado estraperlista ao que se dedicaban.
Contoume que a súa lancha era a “lanzadeira” que acudía todos os días a un mercante situado fóra das augas territoriais españolas onde cargaba as caixas de tabaco louro de marcas sobradamente coñecidas e que logo amparados na escuridade da noite e entre as pedras da costa surtían de carga a lanchas máis pequenas que eran as encargadas de levar a terra o alixo. A súa vez estas lanchas menores traían combustible e víveres para a lanzadeira, a cal despois de descargar volvía a adentrarse no océano á espera da seguinte noite.
Pregunteille sobre se non temían ser descubertos polas autoridades ou polo servicio de aduanas e a súa resposta foi que non había ningunha lancha que puidese atrapalos pois desenvolvían mais velocidade que calquera deles. Ao dicirme isto fixeime na montaxe que tenia na súa popa con 5 motores fueraborda de 300 HP. Cada un co que desenvolvía unha potencia total de ¡1500cabalos!.
Interéseme tamén por que se dedicaban a iso e a súa resposta foi contundente, por diñeiro. Aseguráronme que por cada día de mar obtiñan 100.000 pesetas (das de 1990), cada un dos tripulantes.
Ou sexa que nun só día percibían o que un obreiro en todo un mes.
Cando concluíron de cocer os percebes reembarcaron na súa lancha os dous tripulantes e afastándose un pouco de nós instaláronse a degustarlos tan tranquilamente mentres observaban a nosa manobra de recollida das artes.
Antes de marchar achegáronse a nós novamente ofrecéndonos uns cartóns de tabaco, negándome eu amablemente a recibir tan emponzoñado presente.
O patrón da lancha aceptou a miña negativa cun movemento de ombreiros e afundiu o mando do acelerador a fondo para saír disparado do noso costado e desaparecer no horizonte en tan só uns minutos.
Por todos es sabido que nuestras costas siempre fueron terreno abonado para trafagadores que se dedicaban a contrabandear con tabaco.
Era bastante cotidiano para nosotros ver cruzar nuestra proa, amparados en la oscuridad de la noche a estos facinerosos, a bordo de potentes lanchas realizando su “menester”.
Lo que no era tan habitual era verlos a plena luz de día y con calma. Y eso fue lo que a mí me acaeció embarcado de patrón en el “Sidri Rober” con base en Muros y que a continuación relataré.
Fue en el verano de
Hacía una tarde estupenda de calma total y reluciente sol que reverberaba sobre las placidas aguas.
Diviso a lo lejos una agitación en la superficie del mar de la cual no puedo identificar su causa ni aun observando con los prismáticos hasta que se acerca y compruebo que se trata de una gran lancha fueraborda que se dirige hacia nosotros a considerable velocidad.
Al arribar a nuestro costado me pide permiso el que parece ser patrón de la lancha para... ¡cocer unos percebes en nuestra cocina!, pues su lancha carece de tal adminículo.
Después de mi inicial sorpresa y siendo consciente de que por mi parte no contravenía ninguna norma ni mucho menos ninguna ley, accedí a que usasen nuestro fogón.
Mientras dos de sus tripulantes embarcaban en nuestro barco para realizar su culinaria labor, yo desde el alerón de mi puente “interrogaba” al patrón de la lancha, sobre cual era su función en el entramado estraperlista al que se dedicaban.
Me contó que su lancha era la “lanzadera” que acudía todos los días a un mercante situado fuera de las aguas territoriales españolas donde cargaba las cajas de tabaco rubio de marcas sobradamente conocidas y que luego amparados en la oscuridad de la noche y entre las piedras de la costa surtían de carga a lanchas más pequeñas que eran las encargadas de llevar a tierra el alijo. A su vez estas lanchas menores traían combustible y víveres para la lanzadera, la cual después de descargar volvía a adentrarse en el océano a la espera de la siguiente noche.
Le pregunté sobre si no temían ser descubiertos por las autoridades o por el servicio de aduanas y su respuesta fue que no había ninguna lancha que pudiese atraparlos pues desarrollaban mas velocidad que cualquiera de ellos. Al decirme esto me fije en el montaje que tenia en su popa con 5 motores fueraborda de 300 HP. Cada uno con lo que desarrollaba una potencia total de ¡1500caballos!.
Me interese también por que se dedicaban a eso y su respuesta fue contundente, por dinero. Me aseguraron que por cada día de mar obtenían 100.000 pesetas (de las de 1990), cada uno de los tripulantes.
O sea que en un solo día percibían lo que un obrero en todo un mes.
Cuando concluyeron de cocer los percebes reembarcaron en su lancha los dos tripulantes y alejándose un poco de nosotros se instalaron a degustarlos tan tranquilamente mientras observaban nuestra maniobra de recogida de las artes.
Antes de marchar se acercaron a nosotros nuevamente ofreciéndonos unos cartones de tabaco, negándome yo amablemente a recibir tan emponzoñado presente.
El patrón de la lancha acepto mi negativa con un movimiento de hombros y hundió la palanca del acelerador a fondo para salir disparado de nuestro costado y desaparecer en el horizonte en tan solo unos minutos.
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados