O meu fillo non ten sono,
¿Por qué non queres durmir.?
Porque cando xa esperte,
O meu carón non vas vir.
Porque vas ir cara o norte
Para un mar lonxe de aquí.
Afastado desta veira,
Teu vivir non e vivir.
O meu fillo non ten sono
Non ten ganas de durmir.
Ten un olliño pechado
Outro non o pode abrir.
Ai! meu fillo non tes sono,
Porque estou lonxe de ti
Durme meu filliño durme
Por que eu solo penso en ti.
O meu fillo non ten sono
¿Por qué non queres durmir.?
Porque cando xa esperte
Xa nos has de estar aquí.
Encántame a poesía, aínda que deixe un poso tan melancólico...
Pero, así é a vida ¿non?
Son seguidora diaria do teu blog, xa o sabes.
Saúdos e nos leemos