La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!


Os vellos pantasmas volven a asomar en forma de terribles pesadelos que me impíden conciliar o sono.
Teño medo durmirme, porque sei que eles espéranme no reino de Morfeo para volver a atormentarme.
Para tratar de sobrelevar as longas horas de vixilia auto-imposta, afeccioneime a escribir e desta maneira podo esquecer por algúns momentos os meus terrores.
Hoxe, despois de tantos anos de aquela terrible visión, quero tratar de conxurarla plasmando no papel o acontecido aquel día.
Se algunha vez estas follas chegasen por algún designio do azar a mans de alguén, é a miña obriga advertirlle que de aquí en adiante vaise atopar co MAL, por iso recomendo ao posible lector que deteña aquí a súa lectura ou senón atéñase ás posibles consecuencias de seguir facéndoo.
…………………………………….
Era o verán do 93, eu patroneaba por aquel entón un pesqueiro nas augas galegas da costa da morte, realizando mareas de dous ou tres días no mar.
A rutina diaria era o máis sobresaliente que podería contarse sobre aquel traballo.
Pero esa rutina rachou para sempre aquel terrible día.
Unha espesa cerrazón cubría desde facia horas a superficie das augas e nin un asomo de brisa percibíase para que puidese despexar a néboa.
Atentos ao radar, o meu segundo e mais eu, asegurabámonos que todos os buques mercantes afastásense da nosa demora; nós tiñamos a capacidade de manobra moi restrinxida, por mor de estar arrastrando as redes e tan só avanzabamos a unha velocidade de dúas millas por hora.
Un eco na pantalla do radar chamou a atención do segundo patrón, pola forma errática que tiña de navegar.
Comentei co meu compañeiro que se non estivese tan calma, a forma de moverse dese buque corresponderíase coa dun gran barco de vela dando grandes orzadas, pois a súa proa variaba cada certo tempo, para logo volver ao rumbo inicial.
Por precaución punteei o branco co cursor anticolisión duns dos nosos radares e a medición confirmou que de seguir co noso rumbo o choque con ese misterioso barco seria inevitable.
Ordenei ao meu compañeiro que mantivese alerta á tripulación ata que deixase libre a nosa demora ese misterioso navio, e reducimos a nosa velocidade para quedar case completamente detidos.
Accionei a serea de néboa tratando de alertalos da nosa situación pois botábasenos enriba por momentos e a colisión parecía inevitable.
Un vixía apostado na proa foi o primeiro en divisalo.

Era un enorme veleiro de cor branco con todo seu velame despregado a pesar de non haber nin un fío de vento, sobre a súa cuberta ducias de persoas, homes e mulleres, parecían divertirse nunha animada festa.
Dirixinme ao alerón da miña ponte para observar mellor a escena e puiden ler claramente o nome do navío gravado con grandes letras negras na sua amura “CALEUCHE “Esa era o nome dese navío que o diaño confunda no mais recóndito e apartado dos infernos.
Un tremendo fedor a morte invadiu neses momentos a miña nave e puiden comprobar que o que parecía ser un animado xentío que festexaba na cuberta dese pavoroso buque, eran en realidade pútridos cadáveres de homes e mulleres aos que colgaban xirons de pel dos seus brancos ósos, rostros sen ollos con súas cuncas baleiras, mans osudas que xurdían de entre esfiañados anacos de tela, unha visión chegada do mesmísimo inferno e que atormentará os meus soños con arrepiantes pesadelos ata o final dos meus días.
Esas criaturas de Lucifer chamábanme a min, polo meu nome, facendo ostensibles xestos cos seus esqueléticos membros, para que fose con eles.

O que aconteceu, a partir de eses momentos seino a través da narración que fixeron dos feitos os meus compañeiros; pois eu despois dese instante non teño lembranza de nada mais do acontecido.
Describiron como comecei a achegarme ao costado do meu barco coa intención de saltar á cuberta do veleiro onde ducias de putrefactos brazos estirábanse xa para recibirme.
Os tripulantes do meu barco foron rápidos na súa determinación de impedir que eu saltase, conseguindoo no último instante cando a punta dos meus dedos xa tocaba unha cadavérica man, arrastrarme de novo para a cuberta do noso navío
O Caleuche , ao cal Satanás confunda, continuou o seu rumbo ata volver a perderse entre a néboa mentres aquelas infernais voces seguían pronunciando o meu nome.
Aos poucos fun recuperando a cordura e ordenei ao meu segundo que arrumbase ao porto máis próximo da nosa situación.

Desde aquel día as voces tortúranme nos meus pesadelos, e paso horas tratando de non durmir ata que rendido de cansazo volvo xunto eles para ser un mais naquela maldita tripulación.
………………………..

Non podo continuar escribindo, as dores da miña man esquerda son cada vez mais insoportables. É o membro co cal cheguei a rozar un daqueles putrefactos brazos que se estiraban hacia min para recollerme.
Retiro a luva que a cobre e comprobo que a putrefacción do meu membro é cada vez máis ostensible.



Los viejos fantasmas vuelven a asomar en forma de terribles pesadillas que me impiden conciliar el sueño.

Tengo miedo dormirme porque se que ellos me esperan en el reino de Morfeo para volver a atormentarme.

Para tratar de sobrellevar las largas horas de vigilia auto-impuesta, me he aficionado a escribir y de esta manera puedo olvidar por algunos momentos mis terrores.

Hoy, después de tantos años desde aquella terrible visión, quiero conjurarla plasmando en papel lo sucedido aquel día.

Si alguna vez estas hojas llegasen por algún designio del azar a manos de alguien, es mi obligación advertirle que de aquí en adelante se va a encontrar con el MAL, por eso recomiendo al posible lector que detenga aquí su lectura o sino se atenga a las posibles consecuencias de seguir haciéndolo.

…………………………………….

Era el verano del 93, yo patroneaba por aquel entonces un pesquero en las aguas gallegas de la costa de la muerte, realizando mareas de dos o tres días en la mar.

La rutina diaria era lo más sobresaliente que podría contarse sobre aquel trabajo.

Pero esa rutina se rompió para siempre aquel terrible día.

Una espesa cerrazón cubría desde hacia horas la superficie de las aguas y ni un asomo de brisa se percibía para que pudiese despejar la niebla.

Atentos al radar, mi segundo y yo nos asegurábamos que todos los buques mercantes se alejasen de nuestra demora; nosotros teníamos la capacidad de maniobra muy restringida, a causa de estar arrastrando las redes y tan solo avanzábamos unas dos millas por hora.

Un eco en la pantalla del radar llamó la atención del segundo patrón, por la forma errática que tenia de navegar.

Comente con mi compañero que si no estuviese tan calma, la forma de navegar de ese buque se correspondería con la de un gran barco de vela dando grandes orzadas, pues su proa variaba cada cierto tiempo, para luego volver al rumbo inicial.

Por precaución punteé el blanco con el cursor anticolisión de unos de nuestros radares y la medición confirmó que de seguir con nuestro rumbo el choque con ese misterioso barco seria inevitable.

Ordene a mi compañero que mantuviese alerta a la tripulación hasta que dejase libre nuestra demora y reducimos nuestra velocidad para quedar casi completamente detenidos.

Accione la sirena de niebla tratando de alertar de nuestra situación pues se nos echaba encima por momentos y la colisión parecía inevitable.

Un vigía apostado en la proa fue el primero en divisarlo. Era un enorme velero de color blanco con todo su velamen desplegado a pesar de no haber ni una pequeña brisa, sobre su cubierta docenas de personas, hombres y mujeres, parecían divertirse en una animada fiesta.

Me dirigí al alerón de mi puente para observar mejor la escena y pude leer claramente el nombre del navío grabado con grandes letras negras en su amura “CALEUCHE “Ese era el nombre de ese navío que el diablo confunda en lo mas recóndito y apartado de los infiernos.

Un tremendo hedor a muerte invadió en esos momentos mi nave y pude comprobar que lo que parecía ser un animado gentío que festejaba en la cubierta de ese pavoroso buque, eran en realidad pútridos cadáveres de hombres y mujeres a los que colgaban jirones de piel de sus blancos huesos, rostros sin ojos con sus cuencas vacías manos huesudas que surgían de entre deshilachados jirones de tela, una visión llegada desde el mismísimo infierno y que atormentara mis sueños con horrendas pesadillas hasta el final de mis días.

Esas criaturas de Lucifer me llamaban a mí, por mi nombre, haciendo ostensibles gestos con sus esqueléticos miembros, para que fuese con ellos.

Lo que aconteció, a partir de esos momentos lo se por la narración que hicieron de los hechos mis compañeros; pues yo después de ese instante no recuerdo nada mas de lo sucedido.

Describieron como comencé a acercarme al costado de mi barco con la intención de saltar a la cubierta del velero donde decenas de putrefactos brazos se estiraban ya para recibirme.

Los tripulantes de mi barco fueron rápidos en su determinación de impedir que yo saltase, consiguiendo en el último instante cuando la punta de mis dedos ya tocaba una cadavérica mano arrastrarme de nuevo para la cubierta de nuestro navío

El Caleuche , al cual Satanás confunda, continuó su rumbo hasta volver a perderse entre la niebla mientras aquellas infernales voces seguían pronunciando mi nombre.

Poco a poco fui recuperando la cordura y ordene a mi segundo que arrumbase al puerto más cercano de nuestra situación.

Desde aquel día las voces me torturan en mis pesadillas y paso horas tratando de no dormir hasta que rendido de cansancio vuelvo junto ellos para ser uno más en aquella maldita tripulación.

………………………..

No puedo continuar escribiendo, los dolores de mi mano izquierda son cada vez mas insoportables. Es el miembro con el cual llegue a rozar uno de aquellos putrefactos brazos que se estiraban hacia mí para recogerme.

Retiro el guante que la cubre y compruebo que la putrefacción de mi miembro es cada vez más ostensible.



6 comentarios

truncadestinos

18 feb 2007 | 01:01 PM

Avatar

Todo un detalle el traducir tu texto al castellano. Aún así, me quedo con el texto original, porque, aún sin comprerlo totalmente, la lengua gallega me parece tan profunda y hermosa. "O barco dos mortos". ¡Qué imagen tan evocadora!

Nada, un saludo.

Marta

19 feb 2007 | 05:51 PM

Avatar

Home de pedra, espero que sexas destro, porque sería unha mágoa que por mor dun barco de mortos de nada nos quedasemos sen un blog tan interesante.

Un relato moi impresionante e moi ben narrado, non decepcionas nunca, parabens

Un saludo

leutor

20 feb 2007 | 10:20 PM

Avatar

Vexo que Edgar Allan Poe influeute no teu Barco dos Mortos.
Esta moi ben , da arrepios pensar nos pútridos cadavres.

Gustame a tua bitacora e o que pos nela.
saudos

homesdepedraenbarcosdepau

20 feb 2007 | 10:31 PM

Avatar

Gracias a ti truncadestinos por tus amables palabras,
Marta , espero ansiosamente que volvas a postear pronto no teu blog,
Gustame ler o que escribies sobre os teus orixes e dos teus ancestros.
Xa me gustaria a min saber asi dos meus.
Leutor: non vou negar que Poe pudo influir na maneira de contalo, Pero e que sucedeu asi...
Buscade en internet por o CALEUCHE e veredes que ese barco pantasma existe.

Ahhhh son destro.
BICOS E APRETAS

mortodemedo

21 feb 2007 | 05:57 PM

Avatar

Raio co home de pedra!!!
Ese relato e arrepiante.

leote

Muradan

22 feb 2007 | 07:35 AM

Avatar

Eses descarnados membros con xirons de piel a colgar...
que imaxe tan macabra.
Coida a tua man , para seguir escribindo relatos tan bos.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM