

No mar 28 de febreiro de 2007.
Hoxe é a ultima singradura do barco de pau, logo de 36 anos de vida operativa, dos cales 23 eu fun o seu patrón.
Hoxe cando regresemos o porto e amarremos os cabos no peirao será para non volver a soltalos.
¿Pódeselle coller cariño os obxectos inanimados,? non o sei. O que si sei é que dentro de un días cando o leve no seu ultimo viaxe cara o desguace, custarame moito traballo conter as bagoas.
Será como acompañar a un vello e querido amigo no último percorrido cara o cemiterio.
O “Sidri Rober” foi concibido aló polo mes de maio ano 1970 cando nun asteleiro do cantábrico se utilizou un longo madeiro de pino roxo para conformar o que había de ser mais tarde parte da súa quilla , parte do seu espiñazo.
Logo de un ano, no maio do 71 foille entregada a súa patente de navegación , o seu certificado de nacemento, onde se detallaban con frías cifras os seus principais rasgos:
Tonelaje 123.58 Tns.
Eslora 27.05 Mts.
Eslora entre p.p. 22.00 Mts.
Manga fuera de forros 6.56 Mts.
Puntal de bodega 3.30 Mts.
Motor pricipal marca Carterpiller 550 hp.
Combustible Gas-oil
Capacidad de tanques 25 Tns.
Consumo por singladura 1.10 Tns.
Autonomía
Velocidad máxima 10.6 nudos
Eu podo describilo de maneira moi distinta:
É unha típica construcción do “norte” coa proa lanzada e un fermoso abanico nas súas amuras . Na súa construcción foi descartado o castillo de proa e polo tanto a cuberta e unha bañeira cunha inclinación cara a popa considerable.
A superestructura da ponte e gardacalores esta feito de aluminio, material que agradece a estabilidade do barco polo seu escaso peso en comparación con outros materiais como por exemplo o aceiro.
A súa popa de cu levantado e ancho, dálle un poderío especial o barco cando navega en popa con vento fresco.
Un barco moi mariñeiro aínda que cun balance moi vivo cando navega atravesado o mar.
En novembro do 84 embarquei eu nel por primeira vez no porto da Coruña ocupando a praza de segundo patrón. Era eu un patrón novo con fame de mar e con moi pouca experiencia.
Agora despois de case 23 anos xa saciado de mar que non farto, váiseme o meu vello amigo.
O home de pedra ha seguir navegando, pero o mar xa nunca será o mesmo sen o barco de pau cortando as súas augas.
O barco son eu i eu so son unha parte do barco. Sen el eu nada son , o mesmo que sen min el nada , é. Non son as cadernas do barco ,por que son as miñas propias costelas. Non son os seus costados que son os meus , a miña propia pel a que sinte a caricia das augas mansas e cálidas dos veráns. Non e a quilla , principio e fin da armazón do buque, por que e meu propio espiñazo. Cando as encrespadas ondas do vendaval baten nas súas amuras , e o meu peito o que recibe as embestidas do mar, As adegas ateigadas de peixe son as miñas entrañas , o motor que latexa a 1800 revolucións por minuto o meu corazón , a ponte a miña cachola onde as fiestras son os meus ollos e os sistemas de navegación as miñas neuronas. Perfecta simbioses de home e maquina . Armonia entre dous organismos de especies diferentes para conseguir un mesmo fin. Agora que se achega o fin da vida do barco síntome inquedo , porque sei que cando chegue o desguace , nunca nada volvera a ser o mesmo. Porque o barco son eu i eu so son unha parte do barco. Sen el eu nada son , o mesmo que sen min el nada , é.

Hoy es la última singladura del barco de pau, después de 36 años de vida operativa, de los cuales 23 yo fui su patrón.
Hoy cuando regresemos al puerto y amarremos los cabos en el muelle será para no volver a soltarlos.
¿Se puede coger cariño a los objetos inanimados,? no lo sé. Lo que sí sé es que dentro de un días cuando lo lleve en su ultimo viaje cara el desguace, me costará mucho trabajo contener laslagrimas.
Será como acompañar a un viejo y querido amigo en el último recorrido cara el cementerio.
El “Sidri Rober” fue concebido allá por el mes de mayo año 1970 cuando en un astillero del cantábrico se utilizó un largo madero de pino rubio para conformar lo que había de ser mas tarde parte de su quilla , parte del su espinazo.
Después de un año, en el mayo del 71 le fue entregada su patente de navegación, su certificado de nacimiento, donde se detallaban con frías cifras sus principales rasgos:
Tonelaje 123.58 Tns.
Eslora 27.05 Mts.
Eslora entre p.p. 22.00 Mts.
Manga fuera de forros 6.56 Mts.
Puntal de bodega 3.30 Mts.
Motor pricipal marca Carterpiller 550 hp.
Combustible Gas-oil
Capacidad de tanques 25 Tns.
Consumo por singladura 1.10 Tns.
Autonomía
Velocidad máxima 10.6 nudos
Yo puedo describirlo de manera muy distinta:
Es una típica construcción del “norte” con la proa lanzada y un hermoso abanico en sus amuras. En su construcción fue descartado el castillo de proa y por tanto la cubierta es una bañera con una inclinación cara la popa considerable.
La superestructura del puente y gardacalores esta construido de aluminio, material que agradece la estabilidad del barco por su escaso peso en comparación con otros materiales como por ejemplo el acero.
Su popa de culo levantado y ancho, le da un poderío especial el barco cuando navega en popa con viento fresco.
Un barco muy marinero aunque con un balance muy vivo cuando navega atravesado al mar.
En noviembre del 84 embarqué yo en él por primera vez en el puerto de A Coruña ocupando la plaza de segundo patrón. Era yo un patrón nuevo con hambre de mar y con muy poca experiencia.
Ahora después de casi 23 años ya saciado de mar que no harto, se me va mi viejo amigo.
El hombre de piedra seguirá navegando, pero el mar ya nunca será el mismo sin el barco de pau cortando sus aguas.
Buscaba unha cancion que reflectise un estado de ánimo,
creo que pode ser esta

3 comentarios
Marta
28 feb 2007 | 10:38 PM
Entendo a túa melancolía, serías mal home se despois de tanto tempo no lle tiveras querencia ó barco.
Pasa coas casas e os coches, e case todos eses obxetos inanimados nos que pasamos tanto tempo e nos que vivimos unha parte das nosas vidas. Son o escenario das nosas experiencias, boas e malas, claro que se lles quere....e moito.
Forza e moito ánimo
A estela
28 feb 2007 | 11:41 PM
Ten razón Marta. Todo aquilo que che acompaña no camiño da túa vida durante longo tempo queda gravado no teu recordo a ferro. Pensándoo ben resulta curioso que simples obxectos poidan significar tanto. Pero significan e moito. Son parte do que fumos e do que somos (e quizais tamén do que seremos). Pasa como coa familia, son a nosa memoria, a nosa historia.
homesdepedraenbarcosdepau
1 mar 2007 | 06:22 AM
Hoxe erguinme de madrugada como sempre , solo para ir ver o barco.
E alí estaba , no peirao, solo sen tripulación e mudo.
Ollando para a súa (aínda) airosa figura, pasaron pola miña cabeza centos e centos de momentos e de experiencias vividas abordo del.
¿E licito ter pena por un obxecto?, de seguro hai en este malfadado mundo cousas dabondo polas que ter magoa, tan solo hai que mirar os telexornais, e sexa un “snobismo” de xente do primeiro mundo, penar por un barco de pau.
Pero...
Gracias Marta e A Estela por os vosos amables comentarios , en horas baixas, palabras amables sempre son como unha poción máxica como un “bálsamo de Fierabrás” que curan calquera ferida.
BICOS E APERTAS
Escribe un comentario