

É certo que todo o mundo ten unha especial querencia pola súa vila de nacemento , pero os muradáns temos un especial orgullo en ser fillos da nosa fermosa vila.
Sabémonos iguais , pero o mesmo tempo diferenciados do resto dos pobos da costa e dos arredores.
O dito popular que afirma que todos somos galegos agás o capitán que e de Muros, define de unha maneira moi básica a nosa idiosincrasia.
Non somos “costeños” como os de Fisterra ou Camariñas, nin somos tampouco “riatelos” que e a forma que temos de nomear aquí os das rías baixas.
Algúns quérennos encadrar agora no Barbanza , e tampouco. Porque esa e a parte de enfronte da ría onde se atopan os “inimigos naturais” dos pescadores muradáns que sempre foron os do Porto Do Son.
Esta vella vila , berce de mariños i emigrantes , cas suas rúas nomeadas con hermosos e sonoros nomes , ten un “aquelo” moi especial que todo o mundo que pasa unha temporada aquí chega a apreciar de algunha maneira.
Os Muradáns que teñen que vivir lonxe da vila , senten a ausencia de unha forma moi especial . Non e morriña nin son soidades que son termos non moi ben definidos de un estado de animo. Os fillos da vila saben moi ben o que senten por mor de estar lonxe dela ; unha fonda e especifica tristura.
Todos os veráns cando chega o tempo das vacacións, a vila volve a recuperar, aínda que sexa por breve tempo a ducias de fillos que espallados polo mundo teñen que gañarse a vida . E o momento dos reencontros , das apertas das risas e das bagoas. Logo todo volve a serea tranquilidade da vila nos invernos.
Volvemos a quedar os que vivimos aqui, esperando que o próximo verán traia de volta os que son e sempre serán nosos .
Facémosvos moito de menos. O inverno da emigración roubóunos a primavera, quén eu era, xa non son, e ti non és a que eras Xa poden os leiros dar colleitas ben abondosas, poden en Madrid falar con palabras ben fermosas, que nunca, nunca nos han de pagar a nosa fame de outrora!

Es cierto que todo el mundo tiene una especial querencia por su villa de nacimiento, pero los muradános tenemos un especial orgullo en ser hijos de nuestra hermosa villa.
Nos sabemos iguales, pero el mismo tiempo diferenciados del resto de los pueblos de la costa y de los alrededores.
El dicho popular que afirma que todos somos gallegos salvo el capitán que es de Muros, define de una manera muy básica nuestra idiosincrasia.
No somos “costeños” como los de Finisterre o Camariñas, ni somos tampoco “riatelos” que es la forma que tenemos de nombrar aquí los de las rías bajas.
Algunos nos quieren encuadrar ahora en el Barbanza , y tampoco. Porque esa es la parte de sur de la ría donde se encuentran los “enemigos naturales” de los pescadores muradános que siempre fueron los del Porto Do Son.
Esta vieja villa, cuna de marinos y emigrantes, con sus calles nombradas con hermosos y sonoros nombres , tiene un “aquello” muy especial que todo el mundo que pasa una temporada aquí llega a apreciar de alguna u otra manera.
Los Muradános que tienen que vivir lejos de la villa, sienten la ausencia de una forma muy especial. No es morriña ni son soidades que son términos no muy bien definidos de un estado de ánimo. Los hijos de la villa saben muy bien lo que sienten por causa de estar lejos de ella; una honda y específica tristeza.
Todos los veranos cuando llega el tiempo de las vacaciones la villa vuelve a recuperar, aunque sea por breve tiempo a docenas de hijos que esparcidos por el mundo tienen que ganarse la vida. Y el momento de los reencuentros, de las aprietas de las risas y de las lagrimas. Luego todo vuelve la serena tranquilidad de la villa en los inviernos.
Volvemos a quedar los de siempre, esperando que el próximo verano traiga de vuelta los que son y siempre serán nuestros.
Os hacemos mucho de menos.




14 comentarios
Marta
7 mar 2007 | 10:19 PM
Os de Muros tedes fama de testáns e fanfarrons,... pero ademais está claro que sodes uns sentimentais. En resumo, boa xente, xente de mar.
Unha aperta
homesdepedraenbarcosdepau
8 mar 2007 | 03:12 PM
Testans , seguro. Fanfarrons...Pero si comemos o mundo nos soiños!.
¿E Sentimetais?; si eso quer decir ter sentimento pola Vila...MOITO.
E que Muros tan so hai un.
Apertas.
Emigrante
8 mar 2007 | 04:53 PM
Leer a tua pajina e o que dis sobre a nosa vila de muros faime recordar cando eu era neno e tamen estaba ahi.
Sijoche leendo.
saludos dun muradan emijrado
homesdepedraenbarcosdepau
8 mar 2007 | 08:53 PM
Jrasias vesiño por lerme
Ven sempre que queiras.
Quen ven soa o muradano normativo, redemo!!!
raga
8 mar 2007 | 11:13 PM
me encantó el video de tu pueblo,con una música de fondo preciosa. uN SALUDO
homesdepedraenbarcosdepau
9 mar 2007 | 01:16 PM
Todos os pobos da costa, e por ende mariñeiros teñen un encanto especial . Dende Malpica a Camariñas , e dende Muxia ate Muros, e o treito de costa que a min mais me gusta.
Saudos Raga e gracias por lerme.
jocho
16 mar 2007 | 12:12 AM
so queria mandar un saudo a todos os paisanos e votamos de menos a nosa terra desde fora notase ben a morriña
homesdepedraenbarcosdepau
16 mar 2007 | 08:51 AM
Gracias “Jocho” por as túas verbas , Os que estamos aquí tamén facemos de menos os que estades fora.
E unha magoa que esta terra tan fermosa que temos , non sexa quen de manter a todos os seus fillos.
Ven sempre que queiras
Apertas
guillermo
26 abr 2007 | 06:04 PM
Que bonito, non hai palabras.... si que somos uns sentimentais- eu polo menos- vou ter que deixar de leer a paxina por que me entran unha ganas tremendas de volver a casa e aínda non pode ser. Un abrazo desde a Perfida Albion
homesdepedraenbarcosdepau
26 abr 2007 | 06:25 PM
Gracias polas gabanzas Guillermo: eu son un sentimental e o recoñezo, pero ademais ídesme a converter cas vosas verbas nun fachendoso.
Eu tiven a sorte de haber pasado a miña vida na vila sen ter que emigrar e non podo poñerme na pel de quen si o fixo , pero con un simple exercicio de abstracción pódome facer unha lixeira idea.
Ti sabes ben coma min que a xente de este pobo somos especiais, non digo que mellor nin peor que ninguén , digo distintos ( si lees a Marta arriba, di que temos fama de testáns e fanfarrons) e por eso tamén sentimos as cousas de unha maneira especia e moi nosa.
Porque che entren soidades a ler algunha cousa da paxina , non se che ocorra non volver ehhh.
Unha aperta dende a Vila mais fermosa do mundo
Yorch
12 jun 2007 | 02:40 AM
Boa forma de describir aos de Muros, alégrome de que puxeras o meu vídeo na tua páxina, saudos dende Oleiros dun muradán de corazón
homesdepedraenbarcosdepau
17 jun 2007 | 12:41 PM
Yorch
Gracia a ti por compartir con todos nos o teu magnifico vídeo da miña vila.
Merece estar en sitio de honra na paxina de homesdepedra.
Un saúdo mariñeiro
pesquinha
19 jun 2007 | 08:18 PM
os Muradans non somos fanfarrons, somos pescos e rabudos.e como non UNICOS.
encantame o teu blog.descubrino porque deixaron un enlace no foro no que posteo de vez en cando.pasaraste a opinar: http://caldeiromuradan.mundoforo.com
homesdepedraenbarcosdepau
23 jun 2007 | 09:43 AM
Pesquiña.
Os que queremos a nosa vila e somos dende sempre pescos rabudos, tamen somos fachendosos, porque presumidos de ter a vila mais fermosa do mundo.
Fanfarrons? non sei.
Namorados da vila? moito.
Saudos Pesquiña , e gracias pola tua visita
Ei pasar polo foro cando poda para ver os comentarios e aportar algun tamen.
Escribe un comentario