La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

11, mar

Coplas mariñeiras

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar xogando co as verbas

Todas as vilas mariñeiras teñen as suas coplas, as súas cantigas e cantarelas.

Poño aquí unha pequena recopilación que abrangue a zoa que vai desde Ribadeo ate a ría Arousa


A sirena cando canta,

canta no medio do mar,

os mariñeiros dan volta

sólo pola oír cantar.


.

Alá no medio do mar

oín cantar a sirena;

¡válgame Dios que ben canta

unha cousa tan pequena!


Tocan o pandeiro en Bares,

as ferriñas no Barqueiro

e as nenas que o tocan

sonche do val de Viveiro.


Santa Marta de Ortigueira

a muller que come a nata

non pode ter a manteiga.


Meu glorioso San Andrés

que estás no cabo do mundo;

sólo por te ver, meu Santo,

tres días hai que non durmo.


En Redes hai boas mozas,

en Ares hai a flor delas,

en Mugardos refugallo,

non hai quen case con ellas.




Para parrochas en Redes,

para sardiñas en Ares,

para pulpos en Mugardos

e na Graña calamares.


Pasei o mar da Marola

queridiña, por te ver,

pasei o mar da Marola

a piques de eu morrer.


Para ser bo mariñeiro

hai que ser como os de Corme;

que cando vén o mal tempo

neste porto ninguén dorme.


A Corme, patrón, a Corme,

a Corme se pode ser;

en Corme collín amores

a Corme quero volver.


Nosa Señora do Faro

está no alto, fai que dorme

mais Ela ben veu pasar

ós mariñeiros de Corme.


A virxen do Carmen

quérena levar

os mozos de Corme

para navegar.

Ela xa lle dixo:

¡iremos, iremos!

nunha barca nova

de corenta remos.


Na altura de Camariñas

caeume o risón ó mar:

rapaciñas de Muxía

víndemo a levantar.


Voga Pepe, voga Pepe,

voga Pepe, para terra,

xa verás como che alumbra

a farola de Fisterra.


Santo Cristo de Fisterra

mándano-lo vento en popa,

para pasar Touriñana

que témo-la vela rota.


Sae San Marcos,
sae o pendón.
Saen as mozas
de Corcubión




Vendavaliño amoroso,

vendavaliño, ponte quedo,

deixa pasar meu irmán

dos baixos de Corrubedo.


Vexo Muros, vexo Noia,

tamén vexo Corcubión,

e vexo as nenas de Faro

que andan ó mexilón.

Os de Noia son bos mozos,

Os do Son son baloqueiros,

os de Fisterra morenos,

e os de Muros mariñeiros.


Cando pasaban nun barco por diante da Creba, en lembranza á Virxe do mosteiriño,

o patrón descubríase e tamén os mariñeiros, e dicía en voz alta:

Salve Señora

que estamos na Creba.
........................................

Ondiñas veñen, ondiñas veñen,

ondiñas veñen e van;

non te embarques, rianxeira,

que te vas a marear.


Aprendéronme a cantar

as meniñas de Rianxo;

aprendéronme a cantar

indo polo mar abaixo.


…………………….

Aí veñen as lanchas do xeito

pescando sardiñas a eito,

e van cara a banda do mar

porque os de Rianxo

non saben pescar.


A xeito de resposta:

Ondiñas veñen,

ondiñas veñen e van,

as lanchiñas de Rianxo

gánanlle ás de Vilaxoán.


O eloxio da ría:

Pasei a ría de Arousa

nunha lanchiña de vela;

non vin cousa máis bonita

nin penso volver a vela.


Para que impere a paz na ría:

Santo san Bartolomé

está no medio da ría:

dun lado ten a Rianxo

do outro Vilagarcía.

………………………………


Polo mar vén un barquiño

vamos ver que xente leva

leva xente de Cambados

que é xente de boa terra


Non hai portos como o de Arousa

vilas como elas non vin

Vilaxoán e Vilanova

Vilagarcía e Carril.

Outro día ei poñer os que quedan da Arousa ate o Miño

3 comentarios

raga

11 mar 2007 | 11:26

Avatar

sale s. marcos
salen as mozas
de corcubion
(se pode cambiar mozas polo q se queira)

raga

11 mar 2007 | 11:28

Avatar

perdonnn
sale s. marcos
salen el pendon
salen las mozas
de corcubion

homesdepedraenbarcosdepau

12 mar 2007 | 10:43

Avatar

Grazas pola tua achega Raga , pegoa no post canda as de Fisterra

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia