
Os nomes dos barcos
Os barcos deberían ter todos , ao meu entender e gusto, nomes épicos.
Un barco que leve por nome “ Adelita Pérez” ou “José Fernández” esta condenado de por vida a ser un barco sen personalidade propia.
Eu nunca nomeei un barco , pero si algún día tivese esa oportunidade, o nome elixido seria de seguro “ Illas Casitérides”.
Apoiaría a idea compartida entre Estrabón e Josep Cornide de Saavedra de que as míticas illas do estaño descritas polos fenicios, son as mesmas que hoxe en día protexen as entradas das nosas rías mais meridionais, Ons, Cies e Sálvora.
Seria un nome fermoso e lendario que daría a calquera navío unha áurea e mística natureza.
Eu coñecín durante a miña vida a infinidade de barcos algúns nomeados con infames epítetos e outros con fermosos e sonoros nomes.
Meu pai patroneaba cando eu nacín, aló polos últimos anos da década dos 50 do pasado século, (¡que vello son, redemo!) un barco chamado Almirante , que era de Marín , pouco despois embarcou noutro que tiña o mitolóxico nome de Hércules . Eran vetustos cascallos de vapor pero os seus nomes os dignificaban.
O Anfítrite tamén foi outro barco de Muros con nome mitolóxico, aínda que a xente que non sabia que o seu nome era o mesmo que o da esposa de Poseidón e antiga nereida , déronlle en chamar “Anfetríte” desvirtuando o seu sentido hasta tal punto que durante unha das periódicas reparacións modificaron o rotulo co seu nome orixinan , e o rotularon como todo o mundo o pronunciaba “ANFETRÍTE” ¡e quedou tan aliviado o seu armador.!
E que as costumes fan leis e ate cambian os nomes das deusas.

Los nombres de los barcos
Los barcos deberían tener todos, a mi entender y gusto, nombres épicos.
Un barco que lleve por nombre “Adelita Pérez” o “José Fernández” esta condenado de por vida a ser un barco sin personalidad propia.
Yo nunca nombré un barco, pero sí algún día tuviese esa oportunidad, el nombre elegido seria de seguro “Islas Casitérides”.
Apoyaría la idea compartida entre Estabón y Josep Cornide de Saavedra de que las míticas islas del estaño descritas por los fenicios, son las mismas que hoy en día protegen las entradas de nuestras rías más meridionales, Ons, Cies y Sálvora.
Seria un nombre hermoso y legendario que daría a cualquier navío una áurea y mística naturaleza.
Yo conocí durante mi vida la infinidad de barcos algunos nombrados con infames epítetos y otros con hermosos y sonoros nombres.
Mi padre patroneaba cuando yo nací, allá por los últimos años de la década de los 50 del pasado siglo, (¡que viejo soy, diablos!) un barco llamado Almirante, que era de Marín, poco después embarcó en otro que tenía el mitológico nombre de Hércules. Eran vetustos cascajos de vapor pero sus nombres los dignificaban.
El Anfítrite también fue otro barco de Muros con nombre mitológico, aunque la gente que no sabia que su nombre era el de la esposa de Poseidón y antigua nereida , le dieron en llamar “Anfetríte” desvirtuando su sentido hasta tal punto que durante una de las periódicas reparaciones modificaron el rotulo con su nombre original , y le rotularon como todo el mundo lo pronunciaba “ANFETRÍTE” ¡y quedó tan aliviado su armador!
Es que las costumbres hacen leyes y hasta logran cambiar los nombres de las diosas.
Muros e mailo Mar ///
Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós
6 comentarios
unha amiga
14 mar 2007 | 05:17 PM
podes imaxinar en que quedaria o nome do barco, si lle pos illas casitérides?casteredes, castirides, ou algo polo estilol
eu penso que canto mais sinxelos os nomes mellor,tamen se poderian poñer os alcumes dos pobos, q teñen moita coña.
P.e.:cajonoaltar,,mexobravo,cacaseca, papelitos etc, etc
estos son alguns dos alcumes do meu pobo.......sabes cal é???
si algun os recoñece, que o diga. gracias.
homesdepedraenbarcosdepau
14 mar 2007 | 06:55 PM
Tamén tes razón, Unha Amiga:
Moi probable que o nome “dexenerase” en boca de algúns . O certo e que eu non cambiaría nunca o seu rotulo por outro.
En todos os lugares hai alcumes e moitos bastante malsoantes. Aquí en Muros, cada familia coñecese por ser os de... ou os fillos de...
Non preguntes por Pepito Pérez, que ninguén che saberá dicir quen é. Pregunta polo seu alcume e diranche onde vive, en que traballa, cantos fillos ten e si me apuras o numero da súa conta bancaria.
Os pobos son así ; eu teño feita unha recompilación de alcumes da vila de Muros e arredores pero non e cousa de poñela aquí non vaia a ser que alguén se me ofenda.
O que che podo asegurar e que eses alcumes que nomeas non son de por aquí.
Apertas
a-estela
14 mar 2007 | 09:21 PM
Os nomes soen dexenerar e mudar, pero moitas veces cólleselle máis cariño ó novo que ó antigo. Eu teño un tío avó ó que todo o mundo coñece como o Cavé cando o seu nome é Javier. Os seus irmáns máis novos non eran quen de pronunciar ben o seu nome e saíalles Cavé. E así quedou. Incluso se coñece a toda a nosa familia con ese alcume: os Cavés. Hai que ver ata que punto unha curiosidade pode repercutir tanto e pasar de xeración en xeración. Historias coma esta as haberá a milleiros...
Apertas.
Marta
14 mar 2007 | 10:50 PM
O meu avó armou un barco cando a miña avoa estaba embarazada, el era Pancho de Cheche, fillo e neto de outros tantos Panchos de Cheches. Xa tiñan unha nena, a miña nai, que era grandiña e estaba convencido que viña un neno, así que este barco levaría o nome de "O novo Pancho".Chegou a facer apostas na taberna, o certo é que chegaron antes os papeis do barco que o neno e botaróno con ese nome.
Por suposto foi nena, e o meu avó tivo que escoitar moitisimas coñas a costa do dichoso nome do barco. Durou moitísimo, foi un gran barco, mariñeiro e xeitoso, case un fillo máis da familia,, morreu "coas botas postas", naufragou por unha explosión da cladeira, sen victimas e relativamente cerca de porto. O meu avó non tivo máis fillos.
Case sería mellor que o chamara "A nova ïtaca" o "Poseidón", pero creo que pasaría coma en Muros, acabaría sendo coñecido por cousas raras como "A nova Taca" ou "Poseido" polo menos "O novo Pancho" mantivo o seu nome, con certa dignidade.
homesdepedraenbarcosdepau
15 mar 2007 | 12:04 PM
O problema non e modificar os nomes A-Estela, o triste dun caso como o da Anfítrite e que se perde o seu significado inicial pasando a ser unha cousa neutra.
Nos nomes familiares e nos alcumes pasan cousas distintas ; en todas as casas, case sempre se adoitan usar diminutivos agarimosos pare nomear os distintos membros , porque hai nenos pequenos que aínda non saben pronunciar ben como foi o caso de Cavé ou simplemente porque cando son bebes chámanselle ducias de cousiñas para poder ollar os primeiros sorrisos e algunha de esas verbas mais veces repetida queda para sempre no ámbito familiar.
O teu “supercomentario” Marta e tan grande e mais interesante que moitos dos meus post. Si mo houbeses mandado o correo de seguro que o houbese posto na paxina, índa correndo o risco de que me denunciases por incautación indebida da propiedade intelectual.
Os alcumes algunhas veces son moi crueis , como algún dos que nomea “Unha Amiga” outros fan referencia a características físicas ou psíquicas ou a patronímicos.
En todos os pobos e vilas e asi, e a xente coñecese mais polos alcumes que polos propias nomes.
A anécdota do teu avó Pancho de Chehe e do seu barco esta moi simpática.
Sabias que alomenos dous barcos de vapor explosionaron en Muros? . Nalgún houbo que lamentar víctimas mortais.
Bicos e apertas
homesdepedraenbarcosdepau
15 mar 2007 | 12:15 PM
Esqueceuseme , o alcume que leva a xa dende meu bisavó a miña familia e ... Os de Chuvasco
Escribe un comentario