O home prehistórico puido haberse preguntado: a quen lle pertence o mar? Este home xa era capaz de limitar a terra: construía murallas para defender as súas cidades ou erguía cercas para protexer as súas leiras. Sen embargo, non podía facer o mesmo no mar.

Unha vella lenda di que fai uns varios miles de anos, un grupo de nenos dunha tribo que vivía perto dun esteiro xogaban na praia. O mar estaba extraordinariamente calmo e as gaivotas, berraban tolas e pousábanse no auga para despois emprender de novo o voo. De vez en cando unha delas descansaba sobre algún tronco que flotaba nas tranquilas augas.

Un neno do grupo observou a acción desa gaivota. A súa mente primitiva seguramente se marabillou do que vía, e logo comunicou o feito aos seus compañeiros. A súa curiosidade levouno a achegarse ao tronco e, unha vez que a gaivota voou, saltou sobre el, dándose conta de que tamén podía manterse a flote, nese momento descubrírase a embarcación. Aquel día, sen lugar a dúbidas, o neno sentiu que o mar, todo o océano, pertencíalle.

Moitos miles de anos despois deste feito, o home logrou transitar os océanos co apoio da enerxía atómica, e o máis importante, valeuse do coñecemento para contestar as dúbidas que nacen da súa curiosidade natural: Que quero conquistar do océano? Que debo coñecer sobre el? Que podo obter del? Como podo compartir os seus recursos? Como podo uti1izarlo adecuadamente? Como debo conservalo?

Preguntas algunha as cales aínda non teñen unha clara resposta . pero todo se dará

PS: Quería ilustrar o artigo con unha foto de un home prehistórico que limita a terra, ergue murallas para protexer cidades e vallas para defender as súas leiras .

Puxen todo iso nun buscador e saíume esta foto!!!!