
O conto que vou a poñer a continuación xa fai tempo que o escribín . Son as aventura e desventuras de Xan Lelo.
Ídesme perdoar que este conto non o traduza o castelán, pois creo que perdería o seu orixinal sentido por que eu sendo como son un mal escritor e un peor tradutor , desvirtuaría de tal forma o seu contido que non transmitiría o que eu desexo con el.
Non obstante si calquera o quer traducir , hai multitude de tradutores on-line que poden utilizar.
Vouno a publicar por entregas , como os antigos folletíns, pois así non se fará tan tedioso para os posibles lectores de esta bitácora.
XAN LELO 1
Aínda non tiña Xan Lelo cumpridos os cinco anos cando tomou unha determinación que por importante e transcendente, marcaría para sempre a súa longa vida.
Isto que vos vou contar aquí aconteceu fai moitos, moitos anos . Pero tivo tanta sona na comarca, que aínda moita xente se lembra do que lle acontecera na vida do protagonista desta historia.
O noso protagonista érache un neno especialmente esperto, pero a súa “intelixencia”, era un chisco peculiar. Non e que fose mais listo ou mais intelixente que outros nenos da súa mesma idade. Pero bastáballe unha ollada cos seus ollos grandes e negros, para darse conta de cousas que quizais a outros nenos non lle houberan chamado a atención,
nin espertado a curiosidade.
Miraba Xan para as estrelas nunha noite despexada e de súpeto, dábase conta do que en realidade eran, carumas das lareiras que saian acesas polas chemineas das casas e quedaban apegadas no teito do ceo.
Xa podía seu pai ou calquera, explicarlle o neno que as estrelas eran afastados soles que se atopaban a milleiros de ducias de quilómetros, e por iso se vían pequerrechas. Por que o neno non descabalgaba doadamente das súas ideas.
Cando vía o mar ovellado de branca escuma nos seráns de nordés, afirmaba sen xénero de dubida que a brancura das augas era porque as leiteiras derramaban o seu leite na veira do mar facendo tinxir as augas de branco. E remachaba a súa teoría con un...
-Non vedes que o mar nunca foi branco, todo mais azul ou gris.!
Un día que a familia estaba reunida o carón da artesa, Xan escoitaba con atención os lamentos dos seus pais por a forma en que os maltrataba a vida.
Cavilou o neno durante un intre as cousas que aló se falaban, e chegou a conclusión de que non pagaba a pena medrar, que quería ser sempre neno e que non quería pasar as penurias nis as tinturas que oía contar os seus pais.
E dito e feito!, dende aquel día Xan Lelo Nunca mais volveu a cumprir anos, quedou para sempre con catro.
Comunicoulle ós seus pais a súa decisión os cales sorriron de unha forma estraña, o que non alterou o animo nin a firmeza na determinación de Xan.
Muros e mailo Mar ///
Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós
Escribe un comentario