La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

25, mar

Xan Lelo 2

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas

Xan Lelo 2

E así pasaron os anos, mellor dito, o tempo, pois para o neno os anos non volveron a contar.

Un día a súa nai díxolle.

- Xan, xa e tempo de que empeces a escola na vila, para aprender de contas e de letras para poder ser algún día un home de proveito como o teu pai- O neno guieiro como era, asentiu ca cachola e non dixo nada.

O primeiro día na escola foi para o noso neno unha experiencia inesquecible: o mestre, Don Manuel, tiña unha forma moi rara de falar. Dicía “cuatro” en vez de catro e “silla” en vez de cadeira.

Xa o rapaz escoitara máis veces esa forma de falar o señor cura e mais o médico, e Xan chegara despois de moito cavilar a unha das súas peculiares conclusións, que esa xente tiña un defecto de nacemento na súa lingua que lles imposibilitaba o falar correctamente, e por mor de esa pequena minusvalía, falaban de esa maneira tan estraña.

Dende ese día sempre se abraiou da cantidade de persoas que estaban aqueixadas por tal defecto.

Pero volvamos o primeiro día de escola de Xan. Todo era novo para o neno; pouco acostumado como estaba a ter outros nenos o seu redor, estaba ledo de poder contar con outros rapaces para os seus xogos. Salvo dous nenos, ningún mais padecía de aquel estaño defecto na fala, e incluso eses dous as veces tamén falaban correctamente.

O mestre era un vello fraco e osudo , de branca cabeleira e dedos marelos por mor das ducias de cigarros que fumaba durante o día. Era un bo home, pero endexamais sobo comprender e menos entender a peculiar forma que tiña de ser e de razoar o noso protagonista.

Dirixíndose a Xan e sinalando con aquel arrepiante a case esquelético dedo marelo Preguntoulle.

-“Usted , Juan Manuel, que edad tiene”?

O neno quedou mirando para aquel ameazante apéndice marelo que o sinalaba, sen entender moi ben de que era a el a quen se lle facía a pregunta. Xamais o habían chamado de aquela maneira, Juan Manuel”!

-“Si, es a usted a quien me dirijo.”- Espetoulle o mestre.

- Eu teño catro anos, respondeu Xan.

O mestre mirou para el con faciana de estrañeza, pero non dixo nada, solo puxo unha marca vermella o carón do nome do rapaz na súa lista de alumnos e mandou sentar a Xan no pupitre mais afastado do estrado.

A partir de aquel día o vello e osudo mestre non volveu a facerlle mais preguntas o neno , de feito non lle volveu a facer mais caso, e o tempo pasou sen que Xan aprendese a ler nin a escribir.

9 comentarios

padron-duenas

26 mar 2007 | 12:03 AM

Avatar

Sigue que te leo... me gusta como describes como este niño ve la otra realidad linguitica.
Y como se siente aislado por esa in-diferencia.

Saludos

Marta

26 mar 2007 | 08:33 AM

Avatar

¡¡Gostame como vai o relato¡¡ Teño volver a lelo conmáis tranquilidade pero por agora está moi interesante. ¡Que idade más bonita elexiu, catro anos.

Estos nenos que pasaban en cinco minutos de Xan a Juan Manuel e que atopaban unha realidade lingüistica diferente con solo atravesar a porta da escola deberon de pensar que entraban noutro planeta. Está claro que o fracaso escolar de moitos rapaces galego-falantes debese a que o idioma no que se desenvolve a sua vida e o da sua escola non coincide. E a ese profesor habería que denuncialo...ou facerlle algo con ese punteiro bermello, algo que lle doese moito.

Unha aperta

homesdepedraenbarcosdepau

26 mar 2007 | 12:28 PM

Avatar

Era bastante habitual aqui en estas comarcas que por lo general somos Gallego-hablantes, llegar a la primera enseñanza y encontrarse con profesores que ¡estaban obligados! a enseñar y dirigirse a nosotros en castellano.
Era normal que algunos como al protagonista de la historia que nunca o casi nunca habia escuchado otro idioma que no fuese el suyo , les pareciese un defecto o una tara fisica.

Saludos y gracias por leerme.

homesdepedraenbarcosdepau

26 mar 2007 | 12:44 PM

Avatar

Eu supoño que o mestre non tiña culpa Marta , quero crer que estaba obrigado a falar os nenos en castelán.
Na miña época xa se podía escoitar o castelán na radio e ademais había xente que o tiña por idioma habitual , pero no tempo de Xan Lelo , poñamos que foi nas primeiras décadas do século XX, nunca escoitara falar castelán tan so o cura na misa e o medico nas poucas veces que tivo que ir a pe del.

Un caso curioso e o da miña filla pequena a que nunca se lle falou castelán, pero nos seus xogos , cando xoga cas bonecas ou as “tendiñas” ou a médicos e enfermeiras faino en castelán!. Un día pregunteille o porque usaba o castelán nos seus xogos e non soubo responderme porque a ela parecíalle o mesmo idioma, non sabia diferenciar entre un e outro.
Supoño que de escoitalo na tele , asimilou que linguaxe variaba dependendo da ocupación que exerceses .

Unha aperta.

padron-duenas

26 mar 2007 | 03:23 PM

Avatar

De este lado del charco existe un bilinguismo fuerte que a veces algunos los mezclan y dan risa. Con el tiempo y la cultura que ambas lenguas ofrecen la persona que habla fluidamente los dos idiamoas lleve an si un tesoro.

No es necesario que me contestes en castellano, desde niño leo el gallego y me gusta.

Un abrazo

raga

26 mar 2007 | 03:28 PM

Avatar

marta:
non hai q botarlle a culpa ao mestre.Eles, si querian conservar o seu traballo tiñan q facer o que lles mandaban: falar castelán, as veces ao seu pesar.Recorda A LINGUA DAS BOLBORETAS, ainda que eran outros motivos.
Eu agora teño "discusions" ca xente polo contrario, pq ainda q ti non estes dacordo, hai moita xente q esta en contra do galego nas escolas.A min penso q se me nota na forma de escribir, que non son galego-falante, pero con todas,intento falar e escribir o mellor que podo, e por suposto defender esta linga tan fermosa.
un saudo.

Marta

26 mar 2007 | 08:24 PM

Avatar

Penso que tedes razón, pero o mestre tería que suaviza-la transición de un idioma a outro, non deixalo coma imposible. Digades o que digades non era un bó ensinante, hai que centrarse máis nos que ten máis necesidades, non pasar deles.

isa

27 mar 2007 | 01:00 PM

Avatar

,miña nai falabanos castelan meu pai galego que co castelan non se encontraba a gusto na calle cos amigos falabamos as duas o mesmo tempo e na escola castelan .asi que agora encontrome comoda falando as duas lenguas
Un verso que aprendin de pequena.

Os solteiros valen ouro
Os casados valen prata
Os viudos calderilla
Os vellos folla de lata

homesdepedraenbarcosdepau

27 mar 2007 | 07:09 PM

Avatar

Enton eu xa teño que ir encargando unha medalla de folla de lata.
Ainda que non sei se ese e o peor metal a que se pode aspirar .
Os vellos latoneiros facian autenticas"virguerias" con ese metal.
Supoño que lembras como tiñan espostos na fiestra os seus traballos. Calderetas e medidas para o leite candiles e faroles e tamen remachaban as potas que se furaban de tanto estar pousadas o lume.
Agora xa non hai latoneiros , outro antigo oficio que se perdeu.
O laton xa e un metal preciado.

Apertas e Bicos

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia