Xan Lelo 5

E así, paseando, comendo e durmindo pasaron tres meses, haste que un día o chamaron para embarcar. Pensou o mozo que xa se lle terminaran as vacacións, pero non.
Mandárono para un barco enorme! Que se chamaba Cardenal Cisneros, onde non tiña nada que facer, nadiña!.
Tan so tiña que correr para a cuberta cada vez que soaba unha buguina e poñerse xunto a un canon que nunca tiña proxectís. Fora do toque de buguina so comer e durmir.
Poucas veces saian o mar , e as poucas veces que o facían era case que sempre pola ría do Ferrol.
Hasta que un día fixéronse o mar de verdade. Ían facer manobras e exercicios de entrenamento preto da costa de Fisterra xunto con outros navíos da Armada.
Xan xa se decatara facía tempo que esta xente da armada eran como rapaciños os que lles gustaba xogar de vez en cando , o sexa que deixouse levar esperando ver o que acontecía.
Navegaron cara o sur varias horas hasta chegar preto do cabo Fisterra. O ver Xan o Cabo que tantas e tantas veces ollara dende o bote co seu pai, decatouse que estaba preto da súa aldea e da súa casa. Alí atopáronse con outros navíos e pasaron “xogando” o que quedaba de xornada.
Logo cando se ía facer noite foron fondear na ría de Muros onde ían pasar dous días.
Vaia festas e agasallos lles fixeron os muradáns!
Os barcos da flota apuntaron os seus potentes reflectores cara a vila para iluminala e a banda de infantería do cuartel do Dolores amenizou unha animada verbena.
O curro da praza estaba ateigado de mozas e mozos , os comandantes dos navíos deron permiso os tripulantes para poderen asistir os bailes ate altas horas da madrugada e un pequeno exercito de mariñeiros invadiu pacificamente Muros.
Nun deses bailes coñeceu Xan a Mariña. Unha moza da vila que tiña mais ou menos a súa mesma idade, e aínda que non era moi favorecida no seu físico, era moi asisada e falangueira e moi boa rapaza.
Quedou prendido Xan da moza e durante os dous días que pasaron na Vila apenas se separaron.
E de sinalar que durante eses dous días Xan apenas abriu a boca para falar, pois todo falaba Mariña . El tan so miraba cos ollos moi abertos para a moza e case que non se enteraba nin do que dicía . Nunha destas conversas de case-solo-un , Mariña preguntou o mozo a súa idade e Xan díxolle que tiña catro anos . A rapaza pareceu tan so un chisco sorprendida o principio, pero o momento xa se esqueceu e seguiu co seu monologo a falar de outra cousas.
Chegado o momento de marchar prometéronse que cando el rematase as súas vacacións volverían a atoparse para seguir falando.
O día seguinte aínda non rompera o alba cando deixou o Cardenal Cisneros o seu ancoradoiro na baia de Muros para poñer rumbo a costa.
Muros e mailo Mar ///
Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós
6 comentarios
Marta
28 mar 2007 | 11:57 PM
Ah¡¡¡ L´amour....cadaquen lle pide á sua parella cousas diferentes, está claro que Xan non ten problemas con que Marina sexa faladoira, moi faladoira, tal vez extremadamente faladoira....pero para gustos non hai nada escrito....
Unha aperta
homesdepedraenbarcosdepau
29 mar 2007 | 10:55 AM
O pobre Xan quedou encandilado pola verborrea de Mariña.
Tan solo pensar na cara que tería o rapaz escoitando a moza xa me dan gañas de rir.
Os ollos como pratos, a boca nin aberta nin pechada , asentindo ca cabeza a cada cousa que dicía Mariña . E ela fala que te fala.
El era un mozo calado ela falangueira el era "Xan Lelo" ela era ben despabilada e asisada. Eran completamente antagónicos, pero o amor din que e cego, por algo pintan a Cupido cos ollos vendados.
Apertas Marta
isa
29 mar 2007 | 02:19 PM
este conto contaronllo a Yan na mili
Iban de viaxe dous amigos falando das suas cousas cando un deles,que viaxaba por primeira ves, a vista dos paus do telefono ,que nunca vira,ocurreuselle preguntar o outro:
_Oe Xan qué deño de chismes son esos paus de pe ,tesos, que rematan en unhas tasiñas brancas ,e que estan todos amarrados po-la punta,por alamios como se estouberan presos
_¿E que non sabes o que son Manoel? !Eche boa!
_!Non! Na miña vida os vira.Xan sabes que na nosa aldea non hai.Asi que non sei por que te extrañas.
_Pois sonche os paus do telefono.¿Non os ves ?
_Home como ver vexos ,pra eso teño ollos ,pero a bo fe que non sei pra o que son ,nin pra que serven
_Pois verás.Vou a ver si son capas de facercho comprender.Pon tino e no que che vou a decir.
¿Ti non viche, ou ou non oiste falar du´ns cans que parecen chourizos;uns cansiñosmoi longos ,moi longos,e baixos, de patas moi pequenas,que parece que andan co-a barriga no chan?
_Oin,ho,e mais vin algún.
_Pois maxinache unha cousa asi .
_Xa maxino.¿Que mais ?
Pensa agora que ese can ten o rabo n-a Cruña, e o fuciño en Lugo
_!Carano,moito can e ese
_¿Ti daste conta do que te vou dicindo ?
_Dou,hó,non ma iba dar ,pero non che comprendo.
_Apera un pouco que xa o comprenderás.Atende ben agora .Turralle pó-lo rabona Cruña, e xa verás como ese can oubea en Lugo
_!Canastos, compedre vaia chisme
homesdepedraenbarcosdepau
29 mar 2007 | 07:31 PM
Isa:
Esa definicion do que era o telefono naqueles tempos , podia ser argallada por Xan Lelo, pois el sempre busca a forma de ver as cousas a sua maneira.
O can que lle repiniscan no rabo aqui e oubea na Coruña e un exemplo perfecto de como el o contaria.
A retanca da nosa xente da para iso e para mito mais.
Bicos e apertas
padron-duenas
30 mar 2007 | 12:25 AM
Ya estoy enganchado y me quedo pensando en lo proximo
Saludos
homesdepedraenbarcosdepau
30 mar 2007 | 08:24 AM
Gracias padron-dueñas por a tua fidelidade, eu tamen leo a tua bitacora e aprendo con ela.
apertas
Escribe un comentario