Ai mar, enorme mar, corazón fero
de ritmo desigual, palpita solo,
eu son mais brando que ese pobre pao
que se podre nas túas ondas prisioneiro.
Ai mar, dáme a túa ira tremenda,
eu que pasei a vida perdoando,
porque entendía, mar, eu funme dando:
Piedade, piedade para o que mais ofenda.
Ai esa vulgaridade que me acosa. que mercou a vida e mailo nome . acada ti a cólera dun home: na procura dunha estrela ou dunha rosa.
Busco o sitio onde deixar a pena,
onde me sobre o aire , onde me atope ledo.
Quixera non entender, pero non podo:
porque o paso do tempo me envelena. e quixen fuxir por entre a bruma,
ou erguerme sobre de algunha rocha,
¡como aquel que a cabeza agocha!
E teño o corazón igual que a escuma.
Mar, eu anhelaba ser como ti eras
alá nas tardes quedas da miña vida
baixo esas horas cálidas do día.
Ai soñaba ser como ti eras.
4 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados
Este poema es precioso, no se porque le llamas tontería... me encanta la cadencia que lleva con ese sentir que solo puede ofrecerlo en gallego. Ai soñaba ser como ti eras.
Un abrazo y gracias por tu visita.
Nomeoas "tonterias" porque nas considero mais que eso , so son unha maneira de xuntar palabras e xogar con elas, pero a POESIA e outra cousa.
Grazas polo teu comentario , leote
Apertas
Esa modestia de chamar tonterías a poesías ben bonitas.........
Buscalles un bo título, o merecen.
Un bico
Eu sigo a pensar que a POESIA e outra cousa.
O de ter certa facilidade en xuntar palabrar non poder ser considerado un arte senon unha habilidade.
Apertas.