A arte rupestre dos gravados feitos sobre rochas de granito nos montes da nosa terra, os petróglifos, vai desde os primeiros anos da Idade de Bronce ate a época castrexa.Durante a época do Bronce é cando acadan meirande rexurdimento. Os petróglifos soen ter formas moi variadas nas súas representacións ; xeométricas, de tipo esquemático e as de tipo naturalista Na súa tipoloxía podemos distinguir entre variadas formas: Animais , persoas,deseños xeométricos ou representacións de ídolos. Os petróglifos concéntranse, nas rías de Pontevedra ,Vigo e Muros os seus vales máis próximos. Así, no val do Lérez, no lugar de Campolameiro, atópase o núcleo principal da arte rupestre galega.
Aquí vou facer unha pequena escolma das principais agrupacións de estas insculturas no municipio de Muros.
Nº-1 As Laxiñas (Lugar da Alivia)
Onde se atopa:
É un pequeno grupo que se atopa sobre de unha laxe sen apenas caída. Atopase moi preto das casas na ladeira norte do monte Queimado.
A laxe forma parte de un pequeno grupo de elas que levan o nome de Laxiñas, a uns 125m. Do Rio Queimado.
Como chegar a el:
Dende Muros pódese chegar pola estrada ate a Virxe Do Camiño e logo subir por preto do santuario para Alivia , ou ir directamente pola estrada de Miraflores que pasa preto do pavillón de deportes ate Alivia. Nos arredores da denominada “Casa de Gina”, atopase o petróglifo.
Como é
O grupo esta formado por catro círculos concéntricos en cuxo centro hai dúas cazoletas, das que parten dous radios contrapostos .
Outro circulo máis que esta parcialmente cuberto por cemento e dous círculos concéntricos máis pequenos.
Nº-2 Morosa Do Paso (Lugar de Serres)
Onde se atopa:
Encima dun penedo rochoso, na veira de poñente do río de San Xoán e a esquerda da estrada que vai de muros a Santa Comba, non punto quilométrico 11.3 .
O grupo de insculturas está o pe da cabaceira “do Caniño” No extremo sureste do recinto do grupo de preescolar de Serres.
Como chegar:
Desde Muros coller a estrada que leva a Noia e na primeira rotonda coller para Santa Comba. O pouco de pasar o cuartel da Garda Civil, un camiño a esquerda que cruza sobre o río, achéganos a escola.
Como é:
Esta formado por seis combinacións en forma de círculos concéntricos, e todos con cazoleta central. A partir do circulo exterior de algún deles sobresaen ramificacións que os unen a outros círculos , semellando ter algúns aparencia de arbores.
Normalmente as representacións de círculos concéntricos sóense interpretar como representacións solares ou astrais, pero na Morosa do Paso teñen unha especial complexidade de formas arborescentes o que resulta bastante inusual nas insculturas de esta comarca en particular, e de Galicia en xeral .
A verdade é que os petroglifos son fascinantes, entreoutras cousas porque son misteriosos, non sabemos o que significan e pola delicadeza coa que están feitos (se tende a pensar nas culturas preromanas galegas como bastas e salvaxes).
Esta xente, a que fixo esto, eran refinados para o que lles petaba, o problema é que as únicas fontes escritas que os describen son as dos pobos que viñan a conquistalos.
Moi interesante o post, este mundo o da gliptografía (gravados en pedra) é fascinante.
Unha aperta
A cultura castrexa e apaixonante Marta:
Mámoas, torques, petróglifos, falan de una forma de vida ben estruturada, que non pensaba tan so na supervivencia porque posuía tempo de lecer e adicabase a expresar o que vía e o que creia en forma simbólica.
E unha magoa que aínda hoxe non sepamos descifrar o seu mensaxe, e como se fose unha cápsula do tempo que nos chega dende 3000 anos atrás!
A min tamén me fascina e me intriga.
Unha aperta.