Estamos a miña filla pequena e mais eu vendo vídeos de debuxos animados dos que ela ve agora na tele , e ocorréuseme a min poñerlle os que vía eu de pequeno . E remexendo, remexendo... atopamos isto.
Maruxa díxome:
- Papa , porque non poñemos na túa paxina este vídeo para que o podan ver outros nenos-
E patrón mandar , mariñeiro facer.
Vaia recordos! Esos si que eran dibuxos animados,ahora xa non saben facelos asi,eran divertidos e sanos para as mentes dos nenos.que pasaria con toda esa inocencia?.Bicos
pero......de onde quitaches esto??eu teño o disco, pero o video non o coñecia jajajjaja
Ta ben, non o shin chan ese de "cuiño, cuiño".
Eu xa non teño fillas nesa edade, pero teño sobriños de 6 anos para abaixo, e cando veñen lle poño o DISCO,e flipan jajaja, sobre todo si eu o canto.
Ti eres mais novo, pero recordas os guateques?e o pick ut,?? agora cando o nombro a miñas compañeiras mais novas , escarallanse ca risa..........boooooo un saudo
por certo, tes unha filla que e una divinidade!! dalle un bico da miña parte, q me encantan os neos
¡Que lembranzas dos sábados, que poñían "El circo de la tele" y dos viaxes en coche cós meus pais e os meus irmáns cantandolas a voz en grito.
Un biquiño a Maruxa, que fai posts ben feitiños...xa apunta maneiras de bloggeira
Mira que velliño son Gorriona , que dos recordos televisivos da miña nenez lembro a Valentina , Locomotoro, o Capitán Tan e o Tío Aquiles, que eran os CHIRIPITIFLAUTICOS os que seguramente a ti non che han soar de nada.
Con ollos como pratos miraba para a pantalla de aqueles aparatos en branco e negro, e quedaba extasiado ante un mundo que non podía ver todos os días no cotián.
Eu empapábame de cousas novas de novas palabras , incluso aprendía castelán vendo a tele.
Imaxínome igual que Maruxa vendo os debuxos , xa podía caer o mundo o meu arredor que eu non me ía decatar.
Bicos e apertas.
Mercedes , se me apuras un pouco aínda podo recordarme das Marionetas de Herta Frankel , que iso xa debeu de ser no tempo do home de Atapuerca.
Aínda hoxe hai debuxos que son “visibles” , pero outros parécenme chabacanos e faltos do mais mínimo interese para calquera neno.
Eu por esixencias de paternidade teño que” apechugar “e facer de censor do que ve a miña a filla e as veces escandalízome do que pode chegar a ver un neno na televisión hoxe en día. E pódoche xurar que eu non son ningún mexapias.
Una aperta Mercedes
As cancións dos payasos da tele Marta, xa están afincadas no subconsciente colectivo.
Que non cantou no coche “ En El Auto de Papá “, ou La Gallina Turuleca ou Hola Don Pepito...
Son melodías que aprendemos de nenos e agora cantamos os nosos fillos e que eles a súa vez cantaran a os seus.
Maruxa ten un ordenador de eses de xoguete e escribe e postea en el no seu blog que se chama “As Cousas de Maru” . Un puro aprendizaxe por mimetismo.
Unha aperta
eu non lles coñezo o asunto porque vivo na outra ponta do mundo, pero vexo que a sua filla é moi xenerosa e coñecedora do asunto este dos blogs. Parabens!
mira maru que boas ocurrencias, justaronche maru? Teslle que dicir a papa que che poña máis deses debuxos que xa estás aburrida dos de sempre non?
Pdt: despois xa os verei eu en Dublin, jeje
Torredebabel, supoño que ahi tamen habedes ter programas de tv. que marcaron a vosa infancia e que gardades na lembramza con agarimo.
mais ou menos e iso do que aqui comentabamos.
A miña filla ten tan so cinco anos e de momento noi e moi coñecedora de casi nada.
unha aperta
Kassandrinha, estou un pouco cobizoso de Maruxa, pois o seu post ten mais comentarios que calquera dos meus. Esta visto que a novas xeracions veñen pegando forte.
Cando estes en Dublin non te esquezas de vir por aqui que xa nos encargaremos Maruxa e mais eu de poñerche algun "regaliño".
Bicos
Hola Maru!
Vin o video e esta moi chulo.
Bicos e gracias.