Poñerei aquí a miña contestación ao comentario de que fixo Padrón –dueñas no meu post sobre “A Tola Dá Vouga” , porque creo que podería ser de interese para calquera outro lector desta pagina.

Casi la puedo ver como la describes... vestida de negro, ambulando por las playas y el efecto de su presencia con los niños. Es curioso que personajes así se convierten parte de la imagen de un pueblo o ciudad. Recuerdo un personaje de La Habana de mi niñez. El caballero de Paris... dicese que era un asturiano que perdió la razón por amor. Ambulaba en vetimenta del siglo 19, pelo largo y barbas... ( el primer hippie )... recitaba poesías clasicas y le regalaba flores a las damas. Algo pintoresco que se convirtó en alguien que conocer en La Habana de los años 50. Era bien recibido en aquellos restaurantes que estaban en los paseos y parques de la ciudad. Y cuando volteo la hoja de la historia cubana... no se supo mas de el. Existe un cuestionario de preguntas creadas por los exiliados...para comprobar la identidad cubana. Y esta es: ¿De donde era el caballero?... el que no sabe la respuesta no es cubano.
PD- Me acordaste el porque me llamban tolo cuando hacia travesuras en mi niñez.
Un abrazo

Coñezo un caso moi similar ao que ti contas e refírese a un pobre inmigrante de posiblemente procedencia asturiana que deambulou durante anos por La Habana privado de razón.

Era un pasaxeiro chegado a cuba no ultimo e tráxico viaxe do vapor correo transatlántico Valbanera .
Pai dunha familia que facían o traxecto entre Cádiz e La Habana , con escalas nas Palmas , San Juan De Puerto Rico e Santiago de Cuba.
Desembárcase en Santiago de Cuba para dirixirse por terra a La Habana e preparar o aloxamento para a súa muller e fillos.
Un dos nenos pequenos chora porque quere desembarcar co seu pai. O cabeza de familia consólalle e convéncelle para que se quede a bordo coa súa nai e os seus irmáns. Nunca mais volverá a velos.
O Valbanera perderíase días despois en setembro de 1919 en medio dun gran temporal , posiblemente encallado nos cayos Marquesas.
O pobre pai de familia non puido soportar a perdida de todos os seus e perdeu a cordura.
Durante o resto dos seus días foi coñecido como “El loco Valbanera” . Dise que se dedicou a varios menesteres: recadeiro, vendedor de lotería, esmoleiro... Segundo conta a lenda durante todos os días da súa vida acudiu ao peirao para esperar a chegada do Valbanera que a bordo do cal chegaría a súa familia. Adoitaba deambular polo dique, farrapento , sen afeitar e rodeado de gatos. Dise incluso que foi atropelado por un tranvía que lle seccionou as pernas. Aínda así seguía acudindo ao porto nun carriño esperando a chegada dos seus a bordo dun buque pantasma. Acabou os seus días internado no pavillón de dementes da Quinta Covadonga o que denota a súa orixe asturiana.
Podería haber sido o mesmo?

Unha aperta