2 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados
Los comentarios están cerrados
Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade.
Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes.
................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
contador de visitas
Contador gratuito
CONTACTO con tacto
HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM
Copyright © 2008 - Homes de pedra en barcos de pau - es un blog hospedado en La Coctelera con el tema Diario
Algo lle pasa á tua páxina, non me deixa comentar.
Coas ganas que tiña eu onte de meterme coa manía dos yanquis de ir armados ata os dentes, e as ganas que tiña de filosofar sobre as sociedades violentas e a tolerancia. Hoxe non podo, estou no curro, outra vez será.
Unha aperta
Vaites saber si os ianquis me teñen censurada a bitácora.
Como é publico e notorio a min cultura anglosaxona en xeral e o imperio “do ben?” en particular , ráianme un chisco. Marcáronme aquelas películas de piratas e corsarios feitas en Hollywood, onde o Gobernador español era sempre un ser desprezable e inepto, e o pirata inglés era un perfecto cabaleiro que soia ter sempre unha chea de éxito entre as damas.
E rematoume o trío das Azores con aqueles tres “anglo-parlantes” que decidían sobre a vida , mellor dito, sobre a morte de medio mundo charlando cos per encima dunha mesa.
O sexa que non te estrañes de que me teñan censurado porque son o rodamento onde xira o eixo do mal, e adicome a cotío a construír armas de destrución masiva a base de un explosivo supersegredo feito de toxos e xestas.
Unha aperta.