A Asociación Cultural Recreativa Deportiva “Praia do Castelo, é unha iniciativa impulsada pola mocidade Muradán e que esta a adquirir unha presenza importante na vida social e cultural da Vila.

Aparte do seu xa tradicional concerto rock que celebran todos os veráns na Praia do Castelo e que este ano contara ca presenza dos “míticos Barón rojo” , froito das intensas xestións da súa directiva e socios e ca axuda financeira das institucións publicas, realizan tamén actividades lúdicas e promocionais da Vila. Esta pasada Semana Santa tiveron invitados a unha ducia de rapaces dunha asociación da veciña Portugal, os cales agasallaron con infinidade de escursions e visitas a nosa vila e arredores. Nunha desas escursions fun convidado pola directiva da asociación a participar o cal fixen con sumo gusto exercendo de cicerone e guía para os rapaces Lusos.

E todo un orgullo para min, ver que a xuventude de Muros ten iniciativas é solidaria e movese para o ben da Vila.


Na Magdalena en Louro

Camiñando polo Oroso