Esta e toda a información que puiden acadar sobre o muíño de marea do Pozo do Cachón. Unha gran parte da información foi sacada dos libros de Artaza e Malvarez e dos de Romani, outra foi sacada de internet e unha boa parte de informantes do lugar.
............................
O Muíño dás mareas do pozo do Cachón está situado no extremo NW da praia da Virxe , concretamente na Enseada de Muros, en dentro da ría do mesmo nome. Esta ría desenvólvese en dirección SO-NE. e é na súa marxe dereita onde danse as mellores condicións para a instalación de muíños de mareas, pois é máis recortada e nela fórmanse diversas enseadas. Soamente no tramo correspondente ao termo municipal de Muros, atópanse as de San Francisco, Muros, Bornalle e Esteiro.

O muíño sitúase no termo do Concello de Muros, na parroquia de Serres, ao fondo da enseada; e a zona do seu emprazamento recibe o nome de Agro dás mareas e o conxunto A Ponte dous muíños, denominacións que fan referencia clara ao propio muíño.

Ao fondo da presa verte as súas augas o regato de Valdexería, de escaso caudal e curto percorrido. No fondo da enseada, lugar que debeu ser un fermoso areal pero que hoxe e un lugar lamacento e descoidado nun estado de abandono total, o muíño unía -co edificio e o muro da presa- a zona de Anido e a de Acea, xunto a Portugalete.

O acceso faise por Anido, quedando moi próxima á estrada Muros-Noia.

A súa historia . Cronoloxía e propietarios.

Na segunda década do século XIX, D. Ygnacio Pérez Bazarra proxecta construír o muíño, e a data concreta máis antiga que me consta é a de 1815, precisada nun plano erguido para tal efecto.

«Plano Topográfico de parte de la ría del puerto de Muros, y sitio en donde D. Ignacio Pérez Bazarra solicita construir unos molinos harineros de maréa», firmado por José Ramón Uría, está fechado en Muros, 21 de julio de 1830; en él se especifica que es copia del original de 13 de septiembre de 1815, para unir al expediente del ya nuevo propietario D. Abelardo Dubert Siaba: la cual de orden y con el Vto. Bno. del señor Jefe de Estado Mayor, para unir a certificación del expediente de referencia que también se expide en esta fecha a petición del actual propietario de los molinos a que se"Es copia fiel y exacta del plano original que se halla unido al expediente de su razón, de que certifico como Oficial 1 del Cuerpo de Secciones de Archivo de Marina Archivero de la Comandancia General de este Apostadero; deduciendose contrae, D. Abelardo Dubert Siaba, vecino y del comercio de la Villa de Muros, a fin de que pueda hacerlo constar donde le convenga. Ferrol, trece de septiembre de mil novecientos quince. Juan Castro Porta».

Trátase dun fermoso e sinxelo plano a cor no que se representa a área entre a Vila de Muros e o emprazamento do muíño. Na explicación sitúanse 18 puntos de referencia, dos que salientamos os seguintes: «10 Edificio proxectado dos muíños. 11 Murallón que ha de servir de presa para estancar a auga nas mareas. 17 Liña de preamar en augas vivas». Atópase en bastante bo estado, aínda que algo deteriorado; é de propiedade particular.