
O océano espertou sempre unha gran curiosidade na especie humana. O home, ao longo da súa evolución, sentiu a necesidade de perfeccionar o coñecemento científico sobre o mar, polo que consagrou, nunha escala sen precedentes, a súa enerxía e os seus recursos ao estudo dos océanos.
Na actualidade cóntase con avanzados coñecementos sobre o océano. Por exemplo, logrouse unha mellor comprensión sobre as ondas, as mareas e as correntes, así como dos fenómenos que ocorren na superficie e nas grandes profundidades. Estudiouse a interacción dos océanos e a atmosfera; coñécense ben os esquemas de temperatura e salinidade, e sábese, en parte, de que maneira as variacións e movementos do auga condicionan a vida vexetal e animal no mar.
A medida que se fai máis claro o cadro xeral sobre o coñecemento dos océanos, a humanidade atópase nunha posición máis vantaxosa respecto á solución dos problemas que se lle presentan na navegación, na enxeñería costeira dos recursos minerais e na actividade pesqueira.
Non é fácil determinar onde iniciou este empeño científico da humanidade por coñecer os océanos, como tampouco resulta sinxelo establecer cando se orixinou a ciencia da oceanografía. Sen embargo, pódese asegurar que esta ciencia creouse moito antes do nacemento da historia escrita, cando o home primitivo fíxose á mar para pescar, comerciar e loitar, ou sexa, cando empezou a acumular unha serie de coñecementos empíricos que, polo demais, significaron as bases para iniciar o estudo do océano.
Desde que o home foi capaz de percorrer o mar en barcos, inconscientemente comezou a facer medicións oceanográficas, pois para evitar as rochas, os bancos de area e os arrecifes tiña que saber como era o fondo das áreas onde navegaba. En pinturas e murais exipcios con máis de 3 000 anos de antigüidade hai escenas de mariñeiros que, a partir das súas embarcacións, sosteñen unha corda cunha pesa no extremo para rexistrar as profundidades. Desta maneira localizaban as augas máis profundas para poder navegar perto da costa.
O primeiro dato que se pode considerar como científico aportárono os sabios gregos e romanos cando trataron de explicarse como chegou o mar a adquirir as súas características, por que o seu nivel non sufría cambios, por que era salgado mentres os ríos e os lagos eran doces, e por que as mareas eran máis marcadas nas costas do océano que nas do Mediterráneo.
Esas preguntas resultaban demasiado difíciles e ambiciosas, sobre todo porque, cos poucos coñecementos que se tiñan nesa época, non era posible respondelas de maneira concluínte. Por esta razón só chegaron a conclusións que non pasaron do plano especulativo.
Aristóteles aportou o principio máis importante do intercambio de auga entre os océanos e a atmosfera. Deduciu que "as choivas incesantes e o fluxo dos ríos non chegan a facer medrar o nivel do océano porque o Sol evapora o auga, que se volve a condensar en forma de chuvia, establecéndose un ciclo continuo que vai do auga ao vapor, e do vapor ao auga outra vez.
Para estudar o océano sobre unha base científica foi necesario ir unindo a información dos navegantes, co enfoque especulativo dos filósofos. Conforme aumentou o coñecemento do mar, grazas a que os mariños, coas súas viaxes, estenderon o seu campo de acción a partir da costa ata o interior dos océanos, a humanidade comezou a tomar conciencia das lagoas que había sobre este coñecemento.




6 comentarios
Jose Dominguez Dominguez
29 abr 2007 | 09:27 PM
Manuel,
Interesante y completo comentario el que realizas y que denota tu amor por la mar, ese sexto continente líquido que aún guarda secretos y riquezas en sus profundidades ignotas.
Un abrazo.
Marta
30 abr 2007 | 12:18 PM
Para os que só temos unha relación ludica contemplativa có Oceano case e mellor o misterio, a trascendencia da sua inmensidade ou a sua forza e potencia...pero entendo aos mariñeiros e profesionais do mar, coñece-lo conleva sobrevivir.
Os coñecementos que de seu mar tedes os mariñeiros son impresionentes, meu avó sorprendíame moitisimo cando ibamos por estrada en coche, as veces por primeira vez nesa zona, e me iba contando como era a costa paralela a estrada, con pelos e sinais, sen equivocarse nin unha soa vez. As veces o poñiamos a proba...¿que ven agora..?, e el sin dudarlo, contestaba...tres farallos, unha praia de pedras e unha grande de area dividida por unha rocha que se chama...
Unha aperta, Manolo
Jose Dominguez Dominguez
30 abr 2007 | 01:45 PM
Marta, amiga,
Siempre tuve una sana envidia de aquellos Pilotos que, en la época dorada de las navegaciones a vela, el perfecto conocimiento que tenían de los vientos y de las corrientes les permitían ganar semanas en las grandes navegaciones oceánicas con sus competidores.
En el siglo pasado conocí a viejos marinos que, apenas sin medios, conocian el litoral palmo a palmo a través de puntos de referencia situados en la costa.
Yo, conservo planos de los fondos marinos y referencia de sus perfiles, tomados de las experiencias de otros marinos y de las mías propias levantados tras muchas horas de exploración intentando descifrar la naturaleza de los ecos que nos trasmitían las sondas de a bordo. Hoy día, el GPS ha supuesto una gran ayuda pero ha servido para acabar con el romanticismo y la profesionalidad de este bello trabajo.
Otra cosa que no debemos olvidar, al igual que sobre la superficie terrestre el impacto humano está deteriorando gravemente el medio, lo mismo ocurre en los fondos marinos. He sido testigo en aguas del Canal de Mozambique, cómo en el transcurso de 30 años - de una observación a otra - de cómo se ha modificado el fondo, han desaparecido multitud de especies, se ha alterado el equilibrio ecológico e, incluso se ha modificado la intensidad y las áreas de actuación de las corrientes y, lo que reslta aún más grave, esta predación humana aún continúa lo que augura un futuro nada prometedor.
Un beso.
Cobiñas
30 abr 2007 | 02:45 PM
Leyéndote no dejo de aprender y aprender :-)) Unha aperta, Andrea
homesdepedraenbarcosdepau
30 abr 2007 | 03:31 PM
Xa José che respondeu adecuada e moi sabiamente o teu comentario, ademais con moito mais coñecemento de causa do que podo ter eu neste tema.
A min tan so me queda agradecer o teu comentario e mailos de José
Unha aperta , Marta
homesdepedraenbarcosdepau
30 abr 2007 | 03:37 PM
Gracias Andrea polo teu amable comentario, eu tamén paso moi bos momentos léndote.
Unha grande aperta para a moza da rosa.
PS. Por certo a rosa non adorna a faciana , senón a faciana a rosa.
Escribe un comentario