
Non teño idea da hora que é, nin de canto camiño levo percorrido. Nin a hora en que saín da casa. Supoño que bastante. Non recoñezo ningún dos lugares polos que pasei, non sei onde estou nin para onde me dirixo, no camiño non hai ninguén mais que miña soidade e mais eu.
Aquel fulgor espectral da lúa é a miña única guía, o continuo asubío do vento e esa espesa néboa que asemella cubrir todo e parece nunca terminar, todo é tan tétrico e deprimente, así era como me atopaba eu, tal parecía que alguén plasmase os meus sentimentos naquel panorama.
Trato de poñer en orde os meus pensamentos, tratando de atopar unha razón pola que cheguei ata aquí. Remóntome a días anteriores e só podo lembrar dor e tristura, aquela infinita depresión que parecía asexarme como unha pantasma, e aínda permanece comigo.
Pero non din achado resposta as miñas preguntas. Que fago so camiñando aquí? A falta de compañía non é nada nova para min, pero o feito de deambular nunha paraxe como esta é todo un enigma.
Por algunha inescrutable razón non me podo deter, simplemente continuo camiñando, aínda que non me atopo canso, Observo o meu arredor e só escoito ouveos de cans, e o pululo dun bufo, supoño que debe de ser unha noite fría polo bafo que exhalo, pero non parece afectarme.
Volvo a enfrascarme nos meus pensamentos, penso un pouco no que será de min, no que farei no futuro, en metas e logros e todas estas estupideces que xamais me interesaron, tal vez non todo estea perdido, é dicir, tal vez aínda teña tempo e oportunidade de redimirme un pouco, mellorar algunhas cousas, e quen sabe, tal vez ata refacer de novo a miña vida. Un lixeiro sorriso tinxido de ironía agroma nos meus beizos, en que estou pensando? 40 anos de vida desperdiciada non se poden arranxar así simplemente, todo o malo e negativo esta demasiado arraigado como para que se esfume así entre a néboa simplemente. Ou tal vez non? Quen sabe, podería funcionar, podería intentalo en canto regrese a casa, a casa! Subitamente dinme conta de que sigo deambulando nun lugar descoñecido, e probablemente moi lonxe do meu fogar e decátome que estou entrando a unha especie xardín enorme ou algo polo estilo. Vense unhas especies de grandes rochas ou monumentos arredor pero non acado a distinguilos pola néboa, despois de atravesar o lugar case por completo aproxímome a unha desas rochas grises, intrígame saber que é e tal vez iso me dunha explicación de porque estou aquí, ao chegar, unha forza maior que min obrígame a axeonllarme e noto con sorpresa e estupor que aquilo non é unha rocha; é un sepulcro como todas as que se atopan arredor, estou nun cemiterio! Pero todo é peor ao ler as inscricións e descubrir con horror que o nome que hai gravado na lousa de aquel sepulcro e o meu, aí atópanse o meu nome e datas de nacemento e morte.
NON, NON É XUSTO!!! POR QUE? POR QUE A MIN?!!!! AÍNDA ME QUEDA UNHA LONGA VIDA POR DIANTE SOAMENTE TEÑO 40 ANOS!! QUE FIXEN POR QUE PASOU ISTO?!!!
E entón comecei a lembrar o que acontecera: xa fai unhas horas nun deses momentos de intensa depresión finalmente acadei o que tentara xa mais veces sen exito: cortei as miñas veas ata desangrarme, o meu desexo cumprírase ao fin; estaba morto, pero aínda non me dera conta da miña situación . Eu xa non pertencía ao mundo dos vivos. As bagoas inundaron os meus ollos cando me din conta que aínda cando xa non hai vida no meu corpo, no meu espírito a tristura aínda permanece, nunca me poderei librar dela, ségueme e ficará agora... comigo eternamente.




12 comentarios
Jose Dominguez Dominguez
1 may 2007 | 01:37 PM
Manuel, amigo,
Un relato muy bueno y con la suficiente carga narrativa como para engancharte a ella con el deseo de saber cómo será el desenlace de la historia y, al final, la sorpresa que te golpea por lo inesperada que resulta.
Tienes madera, amigo, para las letras y te animo a que sigas navegando por ellas.
Deseo corresponder al amable post que dejastes en mi blog y también pido para ti paz y felicidad en este 1º de mayo.
Un abrazo.
Marta
1 may 2007 | 07:25 PM
Ah¡¡, a maldita crisis dos 40...non sei que ten eso de cumplir 40 anos que a xente les d por poñerse trascendentes, eu nin me enterei, case me fixo gracia eso de empezar a ser "muller madura", pero entre os meus familiares, parella e amigos...causou estragos. wue si xa pasou a metade da vida, que si ainda me queda moito por facer, que si ainda me sinto xove...un coñazo.
E empezan a ir ó ximnasio, a facer cousas
Marta
1 may 2007 | 07:28 PM
(No sei que pasou, pero a coctelera me mandou ela soa o anterior comentario)Continuo--
que non fixeran antes e a comprarse roupa máis xuvenil....
40 anos non son nada, di a miña nai e eu sinto que ten razón.
O teu conto non llo ensines a recien cuarentones....porque a liamos...
Unha aperta.
homesdepedraenbarcosdepau
1 may 2007 | 07:59 PM
Duermo poco, José:
Son tantos años levantándome de madrugada para ir al trabajo que ahora despierto siempre a horas intempestivas y aprovecho esas horas de vigilia forzosa para leer o escribir. Este relato es una elucubración producida por la falta de sueño y el aburrimiento y te aseguro que no tiene el más mínimo valor narrativo.
No obstante, gracias por tus amables palabras.
Seguiré escribiendo pero como siempre tan solo para vosotros, mis cibernéticos amigos y para un servidor.
Un abrazo; José
homesdepedraenbarcosdepau
1 may 2007 | 08:17 PM
Fíxesteme rir as gargalladas co teu comentario Marta:
Non, non e o conto unha creación dictada polo subconsciente coa súa raizame na crise dos 40 en todo caso seria xa mais ca dos 50 pois estou mais preto de medio século de da cuarentena.
É que me aburría de noite e non estaba moi inspirado para escribir e saíu isto.
Pero tes toda a razón , si o lee un recen cuarenton pode recoller algunha idea non moi positiva do conto.
Dende que tiña 15 anos hasta hoxe os anos esvaráronseme como gotas de entre os dedos das mans caendo un por un no mar e esvaecéndose entre as ondas. Non tiven tempo de sufrir crise doa 40 porque case que non me din conta de que os tiña e cando me din conta xa pasara deles, e entón para que laiarse?
Agora estou a tomar conciencia do tempo estragado e trato de vivir os minutos con intensidade e de disfrutar da familia e dos amigos.
Crises dos 40? iso e para que tivo tempo de tela.
Unha aperta , Marta
Jose Dominguez Dominguez
1 may 2007 | 11:03 PM
Tu narración, Manuel, me trajo a la memoria otra corta de Alberto Moravia en la que un conductor va escuchando por la radio del coche la noticia de un grave accidente de tráfico, hasta que se da cuenta que es el mismo accidente al que él, irremediablemnte, se dirije y donde perderá la vida.
Si tú, amigo, crees que se te escapan los años entre los dedos, piensa en mí, ayer hecho un rapaz correteando por las calles y hoy con más de sesenta años. En serio, siempre creí que la edad es un estado mental y me reafirmo en ello, sólamente este último año me estoy dando cuenta de que me acerco peligrosamente al final de la cuerda, y no me preocupa, lo espero con serenidad.
Un abrazo.
mercedes
2 may 2007 | 10:58 PM
caramba como estades!!notovos nostálxicos, e a min e o que menos falta me fai hoxe, pos teño un dia un pouco morriñento.
Eu xa pasei os 40. e os 50, e a verdade e que notar, notase o paso dos anos en moitas cousas q non fai falta q vos diga,pero o importante e cumplir, e non quedar no camiño como moitos amigos e familiares,¿non vos parece?
cada epoca tuvo o seu momento.
un bico para todos
Jose Dominguez Dominguez
3 may 2007 | 12:40 AM
Mercedes,
No pasa nada, hay días en que uno se encuentra más trascendente.
Lo importante, cómo tu bien dices, es ir cumpliendo años; se pierden algunas cosas pero se gana en experiencia y se aprecia la vida con más relatividad y sosiego.
Un beso.
padron-duenas
3 may 2007 | 03:50 AM
Pues como te dice Jose Dominguez Dominguez, tienes un talento que debes compartir... iba leyendo y esperando que de pronto... apareciera La Santa Campaña en el relato. Espero que en esas horas de insomnio donde la musa está en su apogeo nos sigas deleitando con una continuación.
Un abrazo
homesdepedraenbarcosdepau
3 may 2007 | 10:29 AM
Os anos pasan para todos Mercedes, para novos e menos novos.
Eu non sei cal será a mellor idade da vida, supoño que cada un terá que conformar ca que ten (que remedio)
Pero a mediana idade debe de ser a mellor; xa tes adquirida una experiencia vital para o bo e para o malo , a cal non tiñas de mais novo , e as condicións físicas e mentais aínda son aceptables hasta chagar a terceira idade, cousa que cada vez faise mais tarde. Todos podedes lembrar que cando nenos un home de 50 anos parecíanos un vello , e unha muller enloitada xa parecía moito mais vella do que era aínda que fose ben nova. Mirando fotos antigas e tratando de axudicar a nos os retratados, sempre lles botamos mais dos que en realidade tiñan. Agora con 60 anos e con mais a xente conservase moito mellor , as melloras no nivel de vida supoño que serán determinantes para iso.
O sexa que aínda dos 40 para adiante hai moito que loitar.
Unha aperta Mercedes.
homesdepedraenbarcosdepau
3 may 2007 | 10:43 AM
Algunha das historias mais recorrentes que se adoitaban contar o carón da cociña de ferro na miña nenez na casa dos meus pais eran sobre a Santa Compaña; esa procesión de almas en pena que vagaban polas fragas sen rumbo fixo e que eran anunciantes de mortes e de desgrazas, estaban e aínda están moi arraigadas no bagaxe lendario colectivo da xente da nosa terra , mais no rural que na cidade, por suposto.
Todos saben de alguén do que algunha vez camiñando de noite por un camiño afastado topou a tétrica procesión de defuntos. Hasta eu cando moceaba de novo polas aldeas do entorno da miña vila e tiña que desprazarme a camiñar en noites escuras por camiños sen luz...creo ter visto nalgunha ocasión unha ringleira de luces que avanzaban paseniñamente polo monte . Non podo dar moitos datos mais da aparición porque como podes supoñer non me chegaban as dúas pernas para fuxir.
Unha aperta tétrica Padrón-dueñas
padron-duenas
4 may 2007 | 03:00 AM
Y yo tambien escuche los relatos de la Santa Campaña.. de los trasnos y las meigas... del saca manteiga... menudos relatos para la imaginación de un niño. Pero preciosos recuerdos.
Un abrazo
Escribe un comentario