Débora campos , Xornalista , profesora da universidade, colaboradora habitual na Radio Galega no programa Axenda Cultural e en diversas publicacións tanto aquí en España como aló na súa terra de Arxentina , amen de ser tamén unha boa escritora e outras cousas mais . Filla de galegos e recente galego- parlante , dende o seu blog Fíos Invisibles invítame a cubrir o cuestionario Proust.

Ardua tarefa me impón!

Si son moi sincero quedarei espido ante todos e darame vergoña , si non o son , para que cubrilo entón? Se trato de ser intelixente darédesvos conta axiña de que non o son e e quedara en evidencia a miña curtidade.

Pero farei gala en esta ocasión da valentía que tan so posúen os necios e tratarei de responder o mais honestamente que poda.

..........

Cal é o seu maior temor?
O de chegar a ser algún día un destemido


2.- O principal trazo do seu carácter

Meu principal trazo e curvo , algún recto haberá, digo eu, pero eses son secundarios.


3.- A calidade que prefire nos homes

Honestidade


4.- A calidade que prefire nas mulleres

Se nos referimos a calidade humana ou moral elixiría temen a honestidade porque creo que e unha virtude que non debe faltar en ninguén . Se é por calidades físicas,

miña dona non me deixa...ejem


5.- O que aprecia máis nos seus amigos

Pois iso , que o sexan , amigos


6.- O seu principal defecto

Non ter un so, telos case que todos


7.- A súa ocupación favorita

Podería argallar aquí tantas mentiras...pero serei sincero sen que sirva de precedente.

Tombado nun prado ven verde onde tivera o mar a vista , cun ceo ben azul e con ELA o meu carón. Esa seria unha actividade da que nunca cansaría


8.- A súa idea da felicidade completa

Existe iso?


9.- Cal sería a súa maior desgracia?

Finar


10.- Se non fose vostede mesmo quen lle gustaría ser?

Outro


11.- Onde lle gustaría vivir?

Nunha aldea preto dunha vila que se chamase Muros e que estivese nun pais chamado Galicia , seria como vivir no mesmo paraíso

12.- A súa cor preferido

Verde que te quiero verde


13.- A flor que máis lle gusta

Unha flores pequenas de cor amarelo e moi humildes que medran nas veiras dos camiños e nos prados, aquí chamámolas pampillos e teñen unha lixeira semellanza cas margaridas. Non teñen fragrancia nin pétalos fermosos e despampanantes , pero son as que me trae a miña filla as veces cando ven da escola, esas son as miñas flores.

14.- O paxaro que prefire
O Mascato (alcatraz) polo seu maxestoso voo e porque tan so se deixa ver nos días de temporal


15.- Os seus autores favoritos en prosa

Podía ser un pedante e enumerar unha chea de autores clásicos e outra morea de menos clásicos e mais contemporáneos , pero...dádeme un libro que faga que me esqueza do mundo que me rodea mentres o leo; e o autor del terá sempre a miña admiración


16.- Os seus poetas preferidos

Todos os que me fagan sentir vivo e sensible, dous deles son Neruda e Rafael Alberti


17.- Os seus heroes na ficción

Sempre me gustou Ulises , A súa Odisea ate conseguir arribar a Ítaca , perdurara polos séculos dos séculos.

18.- As súas heroínas de ficción favoritas
Penelope , pola paciencia que tiña tecendo e destecendo e esperando por Ulises


19.- Os seus compositores preferidos

Gústame a Ópera e un dos meus compositores favoritos e Verdi, na Musica clásica Mahler e na musica contemporánea moitos pero por destacar a un poño a Joaquin Sabina


20.- Os seus pintores favoritos

Klimt...Color , Sorolla...luz, Velazquez...xenio, Goya...psicoloxía aplicada e Van Gogh...cordura


21.- O meu heroe da vida real

Ainda quedan?


22.- A miña heroína favorita na vida real

Unha meniña de ollos verdes, pelo louro e nome con sabor a sal e a terra


23.- O feito histórico máis deplorable

Calquera onde saia a relucir a violencia e a razón da sinrazon


24.- O xantar e bebida que máis me gustan

Esta resposta e unha tortura para que esta a dieta hipocalorica, corramos un tupido velo


25.- Os meus nomes favoritos

Os nomes dos meus fillos e o da miña dona non vaia a ser que se me enfaden si poño outros


26.- O que detesto por riba de todo

Non ser quen de poder expresar con palabras fermosas e ben argalladas todo o que bule por dentro da miña cachola


27.- O feito militar que máis admiro

E digno de admiración algún feito deses?


28.- A reforma ou troco social máis admirable

A revolución burguesa que separou a igrexa do estado permitindo a creación de estados laicos e modernos. Esa disgregación achandou o camiño para o transito da idade media e o escurantismo a idade moderna e a ilustración.


29.- O don da natureza que quixese posuír

Je je je... (aquí habería que por un icono de rubor agora)


30.- Como quixese morrer

Non quixese

31.- O estado actual do meu espírito

Vivo sen vivir en min ,e de tal maneira peno, que morro porque non morro

(Espero que non me denuncie Santa Teresa por plaxio)


32.- A falta que me inspira máis indulxencia

A que non se comete

33.- O meu lema

Di a lenda que na lápida de Groucho pon “Perdoe que non me erga”

Ese seria un bo lema

..............

Se alguén quer seguir co cuestionario a min paréceme ben (aínda que non o aconsello)e a Proust non creo que lle pareza mal.