La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

13, may

Maria Mariño

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas caixon desastre

Xorden as verbas . A bortotóns. Distintas.

A súa maneira de escribir non admite encaixonadas, tampouco as precisa.

Palabras claras sen menestreis sen moitos artificios, para que?

É a rebelión das palabras , conxugacións de imaxinarios verbos que nembargantes de ser novos soan rotundos plasmados no papel.

Esa e a maneira , o modo de exercer , de xogar coas verbas de unha costureira sublime.

Exercitando a agulla e a pluma a tempo compartido, no pazo de Goiáns en Escarabote puido acceder a lecturas que enriqueceron a súa formación e a súa sensibilidade.

Filla senlleira da vila de Noia e da ría de Muros , pasa parte da guerra civil na poboación de Algorta en Biscaia , anos tristes que plasmara en algúns dos seus mellores libros de poemas.

O versilibrismo e a linguaxe rupturista foi unha constante nos seus últimos anos da vida de esta gran muller a que neste ano esta dedicado o vindeiro día das letras galegas .

Sirva esta pequena escolma pola miña parte como homenaxe a ela.

4 comentarios

torredebabel

15 may 2007 | 01:57 AM

Avatar

fermosa homenaxe!!! e dende logo merecida.

Marta

18 may 2007 | 08:40 PM

Avatar

Si, Maria Mariño merecía ser máis coñecida.

Eu vivín nove meses diante do cemiterio onde está soterrada, e amais da herdanza poética que todos empezamos a coñecer, no Courel esta filla de Noia deixou unha lembranza moi boa, coma unha muller moi agradable, axudadora e que se integrou inmedatamente sen problemas nun entorno tan diferente e duro coma era o Courel dos anos da posguerra.

Gustoume especialmente que a reunión do 17 de Maio deste ano se fixrea na antiga escola de Seoane, que na guerra e na posguerra funcionou coma cárcere e alí foron presos moitos coureláns.

Unha aperta Manolo, a ver cando volves, que te botamos en falta

homesdepedraenbarcosdepau

19 may 2007 | 03:07 AM

Avatar

Teño que dicir para escarnio meu e para o coñecemento público da miña pouca sensibilidade, que souben da obra de María Mariño cando foi nomeada a súa figura para dedicarlle o día dar letras galegas de este ano.
Pero dende que lin os seus primeiros versos fun consciente da grande valía de María e a súa importante aportación a difusión e engrandecemento da nosa lingua.
Unha aperta , Torredebabel

homesdepedraenbarcosdepau

19 may 2007 | 03:17 AM

Avatar

Eu non fai moito que descubrín a obra de María Mariño , Marta; e dáme un pouco de vergoña recoñecelo, pois é unha figura a salientar como muller e como escritora . Pero estou a emendar o meu erro a marchas forzadas.

Todos os fins de semana estarei na casa e tratarei de poñer algo por aquí e ler o que vos poñades nos vosos bloges.
O meu mar e un mar de “andar por casa” pretiño e a poder ser calmo.
Unha aperta, Marta

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM