La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

13, may

Saindo para o mar

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar

Mañá cando saia para o mar dende o peirao da Palloza do porto da Coruña, volverei a ollar dende o mar o castelo de San Antón erguido encima da pequena illa no medio da badia coruñesa e que lle serve de asentamento.

O castelo de San Antón e parte dos restos defensivos da cidade da Coruña.
Ao castelo accédese a través dunha gran porta, aparecendo, despois de cruzar o túnel de acceso, dúas escaleiras laterais que dan acceso á planta alta do castelo. Debaixo destas escaleiras atópanse os aloxamentos primitivos do castelo, e seguindo á fronte accédese ao patio de armas, e nos seus lados dispóñense as casamatas que servían como aloxamento aos soldados da gornición e que despois foron convertidas en celas. Pola dereita accédese ás distintas dependencias de servicio do acuartelamento, hoxe dedicadas á museo arqueolóxico..

Á planta alta sóbese por unha ampla rampla. Pouco despois de pasar a zona cuberta, á esquerda está o acceso o alxibe, un dos atractivos do castelo, ao que se chega por unha estreita escaleira. A auga deste alxibe provén dun sistema de recollida de auga da chuvia que se canaliza ata el . Este alxibe garantía a subministración de auga á gornición durante un asedio (Cando se construíu non existía acceso por terra ate o castelo, estaba sobre unha illa).

No patio superior pódense ollar unhas magníficas vistas da ría coruñesa, porto comercial e porto deportivo.

O edificio que se ergue nesta planta era a casa do gobernador, o seu teito accédese por unha estreita escaleira de caracol que hai detrás dunha porta aberta nunha das esquina da parte de atrás . Desde esta terraza pódese observar a case totalidade da planta da fortaleza .

O seguir avanzando pola badía co barco e antes de abandonar a ría a torre de Hércules dende o alto do seu emprazamento irase despedindo de min a base de destellos os cales han de ir pouco a pouco desaparecendo entre a bruma e a distancia, mentres eu me adentro no gran arco Ártabro onde me espera o meu mar de novo.

Outro día falarei un pouco da torre que aloumiña para indicarnos a xente do mar a entrada do porto coruñés .


Secundus angulus intendit ubi Brigantia civitas sita est Galiciae ac altissiman Farum inter pauca memorandi operis ad speculam Britaniae erigitur.

Paulo Osorio (século V d.C. )



4 comentarios

raga

13 may 2007 | 10:07 PM

Avatar

pos cando pases un pouquiño antes do castelo, mirando a esquerda, tamen recorda q ali queda unha amiga, traballado.
que teñas boa pesca!!

Jose Dominguez Dominguez

14 may 2007 | 12:06 AM

Avatar

Buena mar, amigo.

Cuando te encuentres bajo las etrellas acuerdate por un momento de los que estamos varados en tiera.

Aquí te estaremos esperando cuando regreses por tu calle.

Un fuerte abrazo.

homesdepedraenbarcosdepau

19 may 2007 | 03:36 AM

Avatar

Mirarei para o antigo edificio militar e saberei que unha amiga estara ali tan preto e a mesma vez tan afastada.
Unha aperta, Raga

homesdepedraenbarcosdepau

19 may 2007 | 03:40 AM

Avatar

Navego en un mar cercano, José y todo mas tardare una semana de cada en regresar de cada “marea”.
Ya me ocupare de visitar vuestras paginas y leer los siempre interesantes posts que ponéis en ellas.
Un abrazo, amigo José

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia