A liña marítima que diariamente e desde 1891 percorre a costa Noruega desde Bergen ata Kirkenes, lindeiro coa fronteira rusa, realizando durante o seu percorrido 34 paradas (35 en verán pois entra no fiorde de Geiranger), nunha viaxe de 11 días de duración, 6 en sentido norte e 5 en sentido sur. É considerada polos noruegueses como un dos seus símbolos nacionais, pois gracias a este servicio puideron manterse comunicadas as poboacións costeiras deste país pese ás durísimas condicións metereolóxicas reinantes durante moitos meses do ano e a unha orografía moi complicada para o tránsito terrestre. Os barcos pódense asimilar a unha especie de autobuses de liña. Van efectuando paradas polos portos do seu percorrido, embarcando e desembarcando persoas, mercancías, correo e vehículos. Pódese facer o percorrido completo, soamente uns días ou unicamente unha soa parada. Serve incluso como servicio de bar flotante, pois dado que o consumo de alcohol está tremendamente gravado en territorio noruegués, dáse a paradoxa que os habitantes deste país utilizan os servicios do Hurtigruten para emborracharse, pois abordo, as bebidas son exentas de impostos, aínda que se dun prezo elevado para as nosas economía.. Simplemente toman o barco nunha parada, beben, báixanse na seguinte e esperan o barco en sentido contrario para regresar a súas casas.
O servicio é realizado entre as compañías OVDS e TFDS, aínda que o nome oficial é Hurtigruten. Contan na actualidade con 11 naves + 2 en estaleiro. Hai grandes diferencias entre elas. Uns son barcos modernos, con grandes superficies acristaladas, dispostas para o gozo das paisaxes, pero dunha forma resgardada e outros, simplemente barcos sinxelos. Todos eles están adaptados para o transporte de vehículos, utilizando o tradicional sistema de portas polos costados e aínda que cómodos, tal e como di os seus folletos, son barcos “at work”; é dicir traballando, non de pracer. Os servicios son os normais neste tipo de buques, sen que existan luxos e coa incomodidade de que se efectúan escalas durante a noite, circunstancia que pode alterar o sono. A flota estase renovando, ben pola grandísima demanda de pasaxes durante o verán, como polas migracións que realizan estes buques para a Antártida nos meses invernais para cubrir cruceiros austrais, pois son barcos con clasificación para a navegación entre xeos, o cal permítelles acadar mares totalmente vetados para os cruceiros convencionais.
Ao realizarse saídas diarias, é necesario informarse sobre o barco que a vai realizar, pois aínda que os prezos son iguais, tal e como citei anteriormente, as diferencias no que fai a confort son enormes. As pasaxes para os cidadáns escandinavos, pódense adquirir tanto a pé de peirao como por Internet. Para posibles pasaxeiros doutras nacionalidades e que o propósito da súa viaxe sexa o ocio, as autoridades norueguesas estableceron uns cotas, pois ha de primar o concepto de servicio público e de comunicación da liña, sobre o de percorrido de pracer ou turístico, obrigándoche a contactar cos seus axentes para a reserva de prazas.
Ao ser unha liña regular con paradas fixas, temos multitude de opcións á hora de realizar a viaxe. Ben sexa “por libre” (recomendable unicamente para persoas con ampla experiencia en Noruega) ou de forma organizada. Nesta última opción, podemos elixir entre moi diferentes paquetes que oferta a navieira, con diferentes acomodacións, excursións facultativas (podemos desembarcar nun porto e embarcar máis adiante na ruta) e duracións. É unha viaxe cun custo elevado (viaxe nun dos sentidos + traslados + estancias + voos) non baixa dos 2500 €. Ten como complicación engadida, o poder conseguir billete no barco adecuado, pois os barcos unicamente destinan parte da súa habitabilidade a este tipo de pasaxeiros e é grandísima a demanda dos mesmos, sobre todo entre pasaxeiros provenientes de Estados Unidos e Xapón.
Desde logo non é unha viaxe nada convencional, pois os barcos que cobren este camiño navegan entre as illas, fiordes e enseadas que forma a costa Noruega, onde as grandes paquebotes non poden entrar, recalando en pequenos portos de mariñeiros, totalmente auténticos, pois o turismo non pode acceder aos mesmos. Mención aparte ten as súas condicións de navegación, pois entre as datas do 13/05 ao 29/07 en Cabo Norte non hai noite. Xa avanzando as datas, na zona de Bodo (metade da costa Noruega, 65º N), o sol de media noite é visible a partir do 03/06 ata 08/07. A observación deste fenómeno atmosférico é por se mesmo case un motivo para realizar a viaxe.
Eu sigo soñando con realizar algún ano destes este marabilloso viaxe, aínda que sexa unicamente en parte do seu traxecto. Polo momento, sigo conformándome con entrar nas páxinas web que o describen e ilusionarme.
10 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados
como din na miña terra:"puñesteme"os dentes largos jajaja. que envidia de viaxe.
a unica pega q lle poño, son os euros,polo demais,non hai ningunha,
outra cousa, tes un barco q e unha chulada, casi notei o cheiro a novo.
SUERTE, un saudo
Hola Manuel!
Eso de que los noruegos usemos la Hurtigruta como medio de emborracharnos de forma económica suena un tanto exagerado, los noruegos podemos ser borrachos pero no tontos y sabemos que eso de hacer un tramo en la Hurtigruta (Ruta rápida) para emborracharnos no es tener sentido económico. Esa información que tu tienes seguramente se debe a que de vez en cuando hacemos excursiones o viajes de recreo en la Hurtigruta y aprovechamos la ocasión para hacer víveres.
Saludos de
Juanhe.
As viaxes soñadas o que ten e que se disfrutan antes de facelos prantexandolos e planexandolos, mentras se fan e logo de facelos ao lembralos.
Xa sabes MAnuel...a drisfrutar tres veces a Hurtigruta.
Unha aperta
Hace muchos años, estando en la PEBSA, tenía prevista una salida para Nouega y, más tarde, un cupo de pesca en la antígua Unión Soviética, pero el viaje se fue al garete a causa de un incendio a bordo.
Conozco Noruega de oidas. Un compañero marchó con su familia y en bicicleta hasta Cabo Norte, y mis sobrinos estuvieron en un viaje de vacaciones hace un par de años. Por ellos se que es un país bellísimo pero bastante caro. De momento,a migo, sigo como tú: esperando algún día poder recorrer los fiordos. Por cierto, en Narvik, hay enterrados españoles republicanos que lucharon contra los nazis en Nouega.
Un abrazo.
Muchos españoles republicanos exciliados en Francia despues de la guerra civil española
Se enrrolaron en la legión francesa. Esta legión junto con tropas polacas y noruegas causaron la primera derrota en tierra Noruega a las tropas nacistas en Abril de 1940 .
La mencionada batalla se desarrollo en Narvik.
Narvik fue durante la segunda guerra mundial un puerto muy importante para los dos bandos debido a que el mineral de hierro de las minas suecas se llevaba a Narvik en tren para alli ser embarcado.
Esto por si es de tu interes José
Saludos.
Juanhe, amigo,
Gracias por confirmar mi post. Efectivamente, tras la derrota militar de la república española muchosespañoles exiliados en Francia fueron internados, en lamentables condiciones, en diversos campos de concentración.
Tras el inicio de la guerra mundial, se les ofreció la oportunidad de enrolarse en el ejército francés y unos lo hicieron en las unidades regulares y ortros en la Resistencia. Pariciparon en mil batallas, entre ellas la de Narvik, siempre pensado que al fin de la misma los aliados intervendrían en España para derrotar al dictador y expulsarlo, pero, una vez más, las democracias europeas traicionaron al pueblo español.
Los primeros tanques que tomaron París iban mandados por españoles, Foix fue tomado por españoles y Cristino García, héroe nacional francés, era español y fue fusilado por Franco.
Un saludo.
Invitación ao Encontro Aberto de Blogers de Cultura Mariñeira.
Ola:
Chámome Moncho Bouzas e son membro do Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito de Esteiro e blogmaster de Singradura da Relinga. Son un dos membros do equipo que está a organizar o Encontro Aberto de Blogers de Cultura Mariñeira no marco do VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, e gostarianos contar coa túa presencia nesta actividade.
Por favor, para ampliar información ponte en contacto conmigo no meu e-mail monchobouzas@gmail.com
Recibe un saúdo mariñeiro.
Raga
Mais que un desexo ou unha ilusión , esta viaxe é unha entelequia, pois non ha ser doado de que algún día a poida realizar.
Pero o soñar esperto nunca ninguén dixo que fose caro nin que custase nada.
Unha aperta .
Juanhe.
No creo haber tachado a los Noruegos de borrachos en mi post. Pero si yo viviese en tan hermoso país en el cual los placeres etílicos están fuertemente restringidos a causa de los grandes impuestos que las graban, no seria extraño que yo fuese un asiduo pasajero de la Hurtigruta.
Un abrazo.
Marta
Soñar é de balde , e como estou seguro que non ei poder facer a viaxe nunca ,pois a disfruto a miña maneira.
E de tolos, toda unha vida no mar e o meu soño e unha viaxe por el!!!
Unha forte aperta para a meniña de Picasso
José
Ahora ya sé lo que significa ser un “hombre de mundo” Yo desde mi humilde mar de Galicia envidio las navegaciones transoceánicas y los mares lejanos, pero me tocó navegar solo aquí y con ello tengo que conformar.
Nada sabia de los combatientes españoles de narvik . Gracia a los dos por vuestros eruditos comentarios, que espero no finalicen aquí.
Un fuerte abrazo para los dos.
O Fartura .
Alédome de que contedes comigo para esas xornadas as que asistirei de moi bo grao.
No teu correo de Gmail tes a miña resposta a túa convocatoria.
Un saúdo salgado
Bien venido Manuel!
Las restricciones de que tu hablas no lo son tanto vistas de nuestro punto de vista.
Si comparamos sueldos y precios, no es mas caro para nosotros comprar una botella de rioja
de lo que es para vosotros en España pero tenemos otras alternativas aun mas económicas
para hacer este tipo de compras, como por ejemplo,. Hacer un viaje en coche asta la frontera sueca, un viaje en barco a Dinamarca entre otras.
Tu vente que ya yo me encargare de las restricciones y de lo que sea.
Un abrazo.
Juanhe.
Ben atopado Juanhe:
Tes razon que os españoliños (mal que nos pese) ainda temos que percorrer unha longa estrada ate acadar os logros sociais e o estado do ben-estar que posuides en Noruega. pero todo se andará.
Non creas ti que non ia de moi boa gana agora e facer uso da invitacion que tan amablemente me fas, pero....
Temos que traballar arreo para acadar un nivel de vida que se asemello o voso.
Asi algun dia quizais poidamos ir.
Unha aperta irman