Xocas, encargado do web da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, prégame que describa a composición do persoal dun barco de arrastre.
Paso aquí a cumprir tan doada encarga .

Un barco de pesca de arrastre faenando nas augas da costa galega, unha anarquía total!!!

Non existen os horarios nin os momentos para comer ou durmir.

Sete ou oito homes abordo dun anaco de ferro de 200 toneladas de peso que flota entre as ondas porque así o quixo Arquimedes , que se non fose desexo de tan egrexio matemático, do o demo que flotase tanto ferro xunto!

A estrutura organizativa do persoal dun barco de arrastre e sinxela , existe o patrón de pesca que é deus, e despois o resto da tripulación que están o servizo e as ordes de tan cativo autócrata.

O patrón de pesca pode ser ou non ser o patrón o mando , depende da titulación que posúa , pero e quen fai e desfai , quen di a que horas se sae e se regresa a porto a que caladoiros se ha de dirixir , quen ordena e goberna o barco durante o tempo de pesca e quen se leva a “pasta gansa “ do produto da pesca. Un patrón de pesca traballa sempre a porcentaxe , por iso non importa que a tripulación traballe sen descanso , sempre que o resultado final engorde a marea e por ende o seu peto. (eu fai 25 anos que son patrón de pesca, e algo sei do tema.)

O patrón de pesca ten que pescar e ateigar as adegas de mais peixe e en menos tempo que os seus competidores ( nunca compañeiros) dos outros barcos. Deso depende o seu posto de traballo .

Un patrón de pesca que pesque ben , será adulado polo armador de forma descarada e se non é así será da mesma maneira vilipendiado por el.

Relación de amor odio que fluctua segundo a conta de resultados.

A continuación e detrás do pesca está o patrón de costa , que axuda nas tarefas do goberno e da navegación no barco.

Polo xeral o “costa” fai as navegación de porto a caladoiros e viceversa , releva o “pesca” de noite no mar e axuda as veces nas tarefas de cuberta.

Na maquina 1º motorista e 2º altérnanse a gardas, para manter os “ferros” a virar sempre.

Co seu sempiterno “mono” azul , sempre cheos de dunha mestura de gas-oil , aceite, e graxa , todo ben remexido e a partes iguais e cunha estopa no peto de atrás disposta sempre a esparcir a graxa , que non a limpala , cousa farto imposible por demais.

Na base da pirámide “a Xente” . Nome co cal se encadra o persoal de cuberta.

Cando o patrón chama para virar , non chama o persoal , nin a tripulación , nin sequera os mariñeiros . Chama A Xente.

Pregúntanche outros patróns... -Que tal Xente tes?

Ou o armador inquíreche sobre do rendemento da Xente.

Non sei ben o porque se nomea de esta maneira o persoal , pero sempre foi así .

A Xente esta composta de Contramestre e mariñeiros .

Contramestre que debe ser a man dereita do “pesca” e que ten que ter coidado da boa manipulación do peixe e da confección e da orde dos elementos necesarios para desarrollar as faenas propias de pesca.

O escalafón mais preto da base da pirámide ocúpano os mariñeiros , que agora soen ser inmigrantes chegados de países tan diversos como Indonesia , Perú, Chile ou Cabo Verde. Tan so teñen dereito a traballar como bestas e a protestar pouco, non vaia ser que queden sen choio.

E todo isto POR UN PUÑADO DE PEIXES.

Esquecíame , o armador aínda que non soe ir embarcado abordo , esta presente continuamente por vía telefónica inquirindo a cada pouco pola cantidade de peixe que hai nas adegas.

Case todos están moi desmellorados fisicamente (os armadores) pos soen ter sempre nunha man un telefono e unha calculadora noutra o que aparte de ser esgotador de seu, impídelles probar sustento por ter sempre as mans ocupadas por tan infames adminículos.

Unha ollada un pouco ácida sobre o tema , pero e que hoxe estou un chisco “queimado”.


Bicos e apertas.