O mércores de esta semana entramos a descargar a pesca no porto de Laxe.
A vista da fermosa badía que forman a praia xunto coa vila, tráxome a memoria o amargo destino dun náufrago na costa de Laxe aló polo Nadal do ano 1850.
Esta e a historia do capitán da bricbarca con bandeira británica Adelaide, Guillermo Dovell .
O 19 de decembro de 1850 as nosas costas sufrían os embates dun temporal do W . O Adelaide navegaba a duras penas entre enormes ondas que barrian a súa cuberta de pouco en pouco facendo perigar a estabilidade da pequena bricbarca.
Abordo , a tripulación do capitán Dovell e mais a súa muller Francesca e o seu único fillo William de 12 anos de idade.
O Adelaide cumpría viaxe dende Bristol ate a illa de San Vicente do arquipélago da illas de Barlovento nas pequenas Antillas caribeñas.
O capitán Dovel, experto navegante avezado en toda clase de mares e temporais seguía a ruta mais lóxica , que non a mas curta, para realizar a súa travesía do Atlántico , que o levaría ate as illas Canarias para logo dende alí poñer rumbo Oeste e atravesar o océano por latitudes de tempos mais bonancibles.
Pero antes de chegar as Canarias tiña que pasar pola nosa costa , e no mes de Decembro!
Xa viñan soportando o temporal dende facía mais de 48 horas , e en todo ese tempo tan so foron quen de avanzar unhas poucas millas dende a altura da Estaca de Bares hasta a boca da ría de Corme.
A tripulación levaba moitas horas sen durmir e Dovel comezaba a temer pola seguridade da súa tripulación e pola da súa familia.
O primeiro problema serio foi cando un golpe furioso de mar bateu contra o codaste do Adelaide arrincando o temón dos seus guarnes e deixando o Adelaide a mercede dos embates do mar polo seu través, situación que facía perigar a estabilidade do buque.
Dovell non o pensou dúas veces aparellou os mastros de maneira que puidese navegar en popa buscando o resgardo da pequena ría de Corme.
O barco ferido de morte dirixíase como ultimo recurso cara a enseada de Laxe, para na súa praia intentar varar etratar de salvar as súas vidas.
Non contaba Dovell ca furia do Oeste que os levou dereitos a praia e a morte...
Os 19 tripulantes , a muller e o fillo do capitán Dovell deixaron as súas vidas a veira da vila de Laxe o único supervivente foi el que conseguiu chegar a nado ate as areas despois de loitar denodadamente contra a furia dos elementos.
Racha o corazon pensar como se puido sentir Guillermo Dovell en aqueles amargos intres, vendo que acabada de perder a súa familia os seus compañeiros e o seu barco, e que el foi o único supervivente.
Percorreu a praia varias veces para tentar topar alguén mais con vida , pero as ondas so devolvían cadáveres. Camiñou horas buscando algunha sinal que lle dese un chisco de esperanza ate que o cansazo e a desesperación derrubaron sobre as areas de Laxe a aquel pobre desgraciado.
Os veciños alertados atoparon inconsciente o capitán Dovell e trasladarono para unha casa da vila onde lle foron ofrecidos os primeiros auxilios e consolos.
O día seguinte apareceron os cadáveres da súa muller e do pequeno William que foron soterrados o carón do adro da igrexa de Laxe.
Hoxe en día dentro de unha propiedade privada aledana aigrexa aínda se conserva a lapida, e nela reza a seguinte inscrición
Vaxo esta lápida yacen los restos de Francisca Dovell De edad de 47 años quien con su único hijo Guillermo Henrique Quartly Dovell De edad 12 tuvieron La desgracia de perecer en el naufragio Que sufrió el barco Adelaide de Bristol en su Viaje a las Antillas con un pasajero y trece de tripulación. Esta lamentable desgracia acaeció la noche del 19 de diciembre de 1850 en las inmediaciones del puerto de Lage y como un triste recuerdo de tan melancólico evento este monumento esta levantado por el capitán Guillermo Dovell el desconsolado y afligido marido y padre, único que sobrevivió de esta calamitosa pérdida. Si rogáis por alguna cosa en mi nombre Os la concederé, no permitiré que quede sin consuelo, Vendré a vuestra asistencia. San Juan , capitulo 11, vers, XI y XVIII
O capitán Dovell volveu durante varios anos a vila de laxe , sempre polas mesmas fechas nas que ocorrera o naufraxio, hasta que un ano xa non regresou.
Manuel, amigo,
Otra tristísima historia de la mar y de sus hombres, ..... ¿Cuántos libros podrían llenarse para poder reflejar tantas tragedias acaecidas en la mar?
Gracias por reflejarlas ya que así se tendrá un mejor conocimiento de una profesión tan sacrificada y siempre podremos dedicar un pensamiento - y, algunos, una breve oración - en recuerdo de tant@s herman@s que perecieron en un naufrágio.
Un fuerte abrazo.
Que tristeza imparte leer relatos así, sin embargo siempre queda un sentido de admiración por aquellos que viven por encima de esta posibilidad, y digo por encima porque nunca se someten al peligro, lo conquistan hasta el ultimo momento.
Abres una ventana desconocida para mi, y en cada relato me transporto a ver esta realidad. Gracias por compartir.
Un abrazo
Si algo aprendín do teu blog é que o mundo do mar é duro, dificil e apaixoante. Imaxino que o capitán Dovell sentiría o mesmo, ainda que a súa traxedia foi inmensa, arrepiante. Non sei se compensa sobrevivir nesas condicións, ainda que o instinto é moi forte.
Unha aperta
Coñezo Laxe porque estiven traballando nesta moi ben querida vila mariñeira durante ano e medio.
De feito este venres foi o meu último día de traballo en Laxe, que agardo visitar a miudo.
Lendo a túa entrada visualizo ao capitán na praia de Laxe e poñenseme os pelos de punta.
Imaxinome a un home loitando co mar rompendo na enseada e na praia e méteme medo só pensalo.
A igrexa da Atalaia que mencionas é absolutamente impresionante, desde o seu campanario, que está no lateral da igrexa sería estarrecedor ver o acontecemento histórico que nos contas que desde logo resulta moi interesesante.
Un saúdo mariñeiro e atlántico
José , como ya habrás comprobado, a mi las historias sobre naufragios me apasionan. Quizás sea un poco de deformación profesional lo que me arrastre a tal pasión , pero es que todo lo que conlleva la lucha contra el liquido elemento y la perdida de la batalla contra las olas con el subsiguiente tributo en vidas humanas es “subyugante” para mi.
Historias tristes como la del capitán Dovell y su familia mueven corazones a pesar del tiempo transcurrido . Era la época romántica de la navegación en la que tan solo se contaba como fuerza motriz el viento y en las que condiciones desfavorables de la climatología jugaban tremendas pasadas a los arriesgados que se aventuraban en el proceloso océano.
Aunque no todas las historias de naufragios son tristes.
A no mucha distancia de Laxe en Arou allá por las primeras décadas del siglo pasado embarranco un buque británico llamado Nil Este buque trasportaba una carga de coloniales para las posesiones británicas del África austral .
Como era preceptivo en esos años la población de los alrededores se dedico al pillaje de la carga que era arrojada a la costa por la resaca , de tal manera llegaron unos botes que contenían un liquido pastoso y de color blanco. Los lugareños que pudieron hacerse con estos envases , pintaron sus fachadas con el producto de su interior.
Cual no seria su sorpresa al llegar la canícula y ver como sus paredes y sus casas eran infestadas por miríadas de moscas y mosquitos. ¡Habían encalado sus fachadas con leche condensada!!!!
Un abrazo. José
Padrón-dueñas:
Es para mi un placer el contar en mi bitácora estas historias de naufragios que a mi me apasionan . Si con ello consigo entretener a lectores tan amables y fieles como tu, pues doble satisfacción para mi y misión cumplida.
Un Abrazo trasatlántico
Teño unha máxima , Marta que di así.
O mar non se pode ir con medo , pero si con moito respecto, creo haberllo escoitado o finado de meu pai xa fai moitos anos.
Eu que non son home de máximas nin de preceptos, adoptei esta para sempre e tratei e trato de seguila a raxatabla.
O que se crea mais forte que o mar ou mais listo , acabara pousado no fondo do mar dentro do bandullo do seu barco . O malo de todo isto no e tan solo iso , e que si vas para o fondo levaras contigo a unha serie de homes que confiaron en ti e puxeron as súas vidas nas túas mans . non podes fallarlle.
O que falaba a semana pasada “sentidiño”
Unha aperta ; Marta
Te comprendo, amigo Manuel; obviando el componente trágico de la pérdida de vidas a mí me atrae la lucha del hombre, de los profesionales contra los elementos desatados en esos críticos momentos.
Los que hemos sufridos los embates de un temporal desatado sabemos cómo la mar es intratable; sólamente la inteligencia del hombre y su profesionalidad pueden, no derrotarla, pero sí "manejarla" para que sus efectos no sean catastróficos para los hombres y para la nave.
Hay una buena película, tomada de una novela, El motín del Caine, en el que el capitán del buque de guerra se ve superado por la fuerza de un tifón, pierde el control de sí mismos y se hace necesario el motín para poder salvarse todos. Es interesante el contemplar el Consejo al que se le somete: el Tribunal no puede aceptar un hecho de cobardía cometido por un oficial de la Armada y tiene que tomar una decisión alternativa.
Creo habertelo dicho en alguna ocasión, aún conociendo lo terriblemente duro que tuvieron que ser aquellos tiempos, me hubiera gustado haber podido navegar en aquellos veleros de la época dorada de la navegación a vela y con aquellos Pilotos que atesoraban un conocimiento admirable de los vientos y de las corrientes.
Un abrazo,
O Fartura
Como conto no meu post o Mércores pasado estivemos atracados en Laxe y tiven tempo despois de descargar a pesca de dar un bo paseo polo magnifico paseo que posúe a vila. O redor de tres cuartos de hora ida e volta a rentes da praia e da vila , que aparte de algún que outro despropósito urbanístico e digno de percorrer.
Cando ía paseando lembrábame de aquel malfadado capitán, que perdeu barco tripulación e familia e non podía evitar certa emoción o pensar en tanto dor xunto.
Se tes oportunidade e cando regreses a Laxe e queres visitar a tumba de Francesca e do pequeno William , si é que no tes feito xa, mirando de fronte para entrada da eirexa a man esquerda e pegado o adro hai un garaxe , no interior dese garaxe creo que se atopa a lapida que cobre os restos de nai e fillo.
Creo ter entendido que e propiedade do bedel do instituto de Laxe ou algo así.
Eu non tiven oportunidade de visitalo , e gustaríame facelo , si ti o logras e aínda existe , creo que si; gustaríame que mo comentases.
Por certo si algún día ves no porto un Arrastreiro de Muros nomeado Meira Da Costa, e queres preguntar polo seu patrón de costa estarei encantado de recibirche a ti e a calquera que se achegue.
A nosa base soe ser na Coruña pero dende Gijón ate Vigo pasando sempre por Muros , podemos atracar para descargar en calquera porto.
Unha aperta salgada.
descargaras algun dia no meu pobo?
Onde vai aquela actividade que tiña nos anos 60?
agora eche un porto pobre, con moi poucos barcos
Unha lastima!
como podes ver, sigo lendote de cando en ve
un saudo
Raga
Fai uns 15 días , estivemos amarados no teu porto , pero tan so o tempo de descargar a pesca.
Si algún día ves o “Meira Da Costa” amarrado no peirao , non dubides en preguntar polo homedepedra , para o que será un pracer coñecerte.
Lectoras tan amables e fieis como ti, fan desta bitácora un lugar mellor e mais entrañable, o que espero chegar todos os fins de semana para volver a topar con vos.
Unha aperta Raga