Teño diante de min un diploma que no que se pode ler a seguinte dedicatoria:
Felipe:
Home bo , xeneroso. A quen o mar fixo mestre .
De quen todos sentimos admiración. E a quen todos respectamos.
Nestas datas do Carme de 1998, o noso recoñecemento por toda unha vida de entrega o traballo no mar.
Este diploma foille outorgado a Felipe no seu 80 cumpreanos, por parte da confraría de pescadores de Muros e da consellería de pesca de Galicia, en recoñecemento a unha vida adicada o mar.
A vida de Felipe. que naceu o carón do mar . viviu por e para o mar, e finou na veira do mar que lle dou a vida.
Naceu un día de maio
cando a mar estaba brava,
a brétema e os salseiros
salpicáronlle a faciana.
O vento forte de oeste
na súa fiestra ululaba
unha tebrosa salmodia
que a voces semellaba.
Naceu un día de no que o vento de Oeste arrepiaba na costa, polo que o seu primeiro berro fundiuse e confundiuse perdéndose entre o vento.
Nado en casa de mariñeiros , non tivo que agardar moito tempo para o seu bautizo de mar.
No colo de seu pai, aínda cando no tiña os oito anos cumpridos foi "empesipiado" nel .
Coma única equipaxe, unha potiña con auga de caldo e unha liña.
A súa escola foi o Profundo e o seu mestre o mar.
Nela nunca aprendeu a ler nin a escribir verbas. Pero doutorouse "cum laude" en ondas, nubes, estrelas e ventos.
Posuía Felipe unha aptitude especial e natural para o desempeño do seu oficio e para entender o mar.
Esa habilidade foi unha constante na súa vida laboral , como patrón do arrastre naqueles primeiros anos da pesquería no noso porto.
Un infarto sacouno de andar a cabalo das ondas , pero non foi quen se afastalo del, porque a súa singradura perpetuouse na vida dos seus fillos.
Os seus derradeiros anos, dende o peitoril que percorre a fronte da vila o carón do mar e xunto cos seus vellos compañeiros, lembraba as súas andanzas. Rememoraban aqueles días en que mozos "comían" as ondas, logo de apurar a súa potiña de auga de caldo.
E así , desta maneira percorreu Felipe a súa ultima singradura.
Un día de febreiro o vento de Oeste volveu a bruar baixo a fiestra de Felipe , para rematar a cantiga que comezase 84 anos antes.
Vente con nos picariño
mais aló da ultima praia.
Onde non se vexa a terra
será a nosa morada.
Ondas de marfil e prata
abalarán túa cama.
E ei cantarche quediño
o teu carón unha nana.
-Cantiga de branca escuma
-Cantiga de areas brancas
- Cantar das mareas cheas
- Cantar das ondas mais bravas.
-Cantar para ti Felipe
Home da sangue salgada.
Foi soterrado na atalaia que sobre a vila de Muros domina a entrada da súa ría. Dende onde poderá ollar mais aló da súa morte o mar que foi a súa vida.
Boa singradura na túa viaxe na procura da eternidade FELIPE DE CHUVASCO.
Me ha gustado mucho, y leer en gallego me impacta. Siento esa melodía interior, triste pero dulce, fría pero arropa y da calor al alma.
Un abrazo
Si,Manuel. Felipe fue un gran maestro del mar y arte de pesca, un maestro creado en aquellos tiempos donde no existían mas instrumentos de navegación que un compás y un trozo de plomo untado con grasa de cerdo amarrado a un cabo.
Felipe también fue un Padre muy orgulloso de sus hijos Manuel, aunque no siempre supiese demostrarlo.
Estoy casi seguro de que Felipe desde a Atalaya esta viendo entrar los barcos por la ría y murmurando aquellas típicas frases
Un abrazo Manuel.
Juanhe,
Andan o mar a xujar as casiñas.
Padrón-dueñas
Como siempre es muy bien recibida en esta casa tu visita y tu comentario .
Un abrazo
Hermoso homenaje. Un abrazo, Andrea
gracias por esas palabras tan fermosas pra un gran home de mar, recordo esperando no petril a veiriña do mar a que o seu fillo Manuel atracara no porto ,preguntaba como lle fora o dia , e logo volvia tranquilo pra casa
RECORDAMOSCHE FELIPE E QUEREMOSCHE
Gracias Andrea por tu visita.
Homenajear a nuestros ancestros es una manera de afirmar nuestros propios origenes .
Es bueno recordar de donde procede uno mismo.
Un abrazo
UNHA
As palabras non sei se son fermosas , pero o que podo asegurar e que si son moi merecidas.
Lembrar a Felipe e lembrar unha parte da historia da nosa vila e do noso mar.
Mentras haxa lembranzas en parte vivirá en nos, e faremos que os nosos fillos sepan de onde proceden.
Un bico mariñeiro
Temos en Muros a estatua,para min fermosa,dunha vella ollando cara o mar rezando e esperando por todos os seus seres queridos que deixaban o pelexo, en e moitos casos a vida,neste duro traballo.
Felipe de Chubasco daballe unha visita todos os dias,e xa nos seus ultimos anos sentabase e choraba con ela.
O mar era a sua vida asi como o e para homedepedra,amaba o mar e sabia moi ben o duro que era.
Por eso,sentado o lado da vella esperaba e rezaba a que ese fillo que saia a navegar todos os dias regresara.VOTOCHE DE MENOS FELIPE e o mar tamen.Gorriona.
Aquela velliña sempre agardando por quen nunca vai vir. Nin a choiva nin o vento rompen a ferrea vontade da Vella.
E unha escultura moi entrañable e representativa esa, a que todos os mariñeiros queremos pois e a representacion de algun modo das nosas nais e das nosas mulleres que agardan impacientes a que regresen do mas os fillos e os homes.
Como non emocionarse ante a figura dunha nai?
Moitos bicos dende esta veira do mar Gorriona.
COm este homenaxe,fasnos recordar atodos os Muradanos o que sentimos por ese mar,que desde que nacemos contemplamos ,moitas gracias .manuel
Carmen:
O sentir dos muradanos polo mar pódese definir con estas verbas que escribin xa fai algun tempo.
"Nós, os de Muros, estamos feitos, dende o cumio da testa ate os dedos dos pés, de escuma, de barcos, de remos, de redes, de velas, de sal e de area; ata de naufraxios.Se nos abrisen o peito, atoparían alá dentro un bote de vela, unha boia ou un remo, ou quen sabe? quizais a imaxe da Nosa Señora dos Navegantes !".
Eu dentro do meu peito levo tamén a lembranza de Felipe que me fixo que son.
Unha aperta Carmen e grazas polo teu comentario.
me emociono mucho el omenje a tu padre , es como si hablse de todos los marineros y al mismo tiempo rendir ese omenaje a sus mujeres . un abrazo romona
Ramona:
Aqui falo do meu pai, pero con tan so cambiar o nome polo de Xosé, Luis ,Manuel, Ramón ou PEDRO, valeria para calquera dos nosos maiores, os nosos vellos mariñeiros muradanos que naceron e criaronse no mar e pasaron tantas penurias para poder traer unha perras gordas para a casa.
Unha aperta
Manolo, xa o entendin asi ,estba leendo e estba vendo un reflejo da vida do meu pai . dos que estades vivindo os mismos pasos que eles e dos que xa non estan unha aperta
Precioso homenaje a tu padre. Donde esté se lo estará enseñando,orgulloso, a sus compañeros y les dirá " VAIA FILLO QUE TEÑO, MIRADE O QUE DI DE MIN " y alguna gota salada - que él disimulara- correrá por su rostro curtido por ese mar que era su vida.
Seguro que en la Atalaya ya se formó un gran grupo ,que cuenta sus aventuras y miran el tiempo que va a hacer. Mi padre ya se unió a ellos y les contará también lo que pasaba por esos mares tan lejanos. ¿ No crees que algo se inventarán para que los demás crean que su historia es la mejor ?,
Se juntarán los viejos marineros y hasta le echarán la partida de dominó.